CONVOCATORIA DO I CURSO DE ESPECIALIZACIÓN PARA CARGOS ELECTOS
A Deputación Provincial de Pontevedra, en colaboración coa Escola para as Administracións Públicas Caixanova, convoca o I curso de especialización para cargos electos, que se desenvolverá segundo as seguintes
B A S E S
1.- OBXECTO Este curso ten por obxecto sensibilizar os responsables municipais da importancia de adoptar novas técnicas de planificación e xestión municipal.
2.- DESTINATARIOS Cargos electos dos municipios de Pontevedra.
3.- CONTIDO E ESTRUCTURA
- Módulo de desenvolvemento de habilidades directivas
- Módulo de xestión da calidade no ámbito público
- Módulo de planificación estratéxica no ámbito local
- Módulo de xestión financeira e orzamentaria
- Módulo de planificación e xestión urbanística
- Módulo de contorno xurídico das corporacións locais
- Módulo de desenvolvemento de habilidades directivas
Obxectivo: dar a coñecer e desenvolver entre os cargos electos as habilidades directivas adecuadas, que permitirán optimizar a relación cos seus colaboradores e ante a cidadanía, mellorando a eficiencia no desempeño das tarefas e a imaxe pública.
Duración: 8 horas.
Contidos básicos: liderado. Comunicación. Traballo en equipo. Dirección de equipos. Negociación e resolución de conflictos. Xestión do tempo. Análise de problemas e toma de decisións.
- Módulo de xestión da calidade no ámbito público
Obxectivo: dar a coñecer a importancia da aplicación da calidade ó ámbito dos servicios públicos, analizando os modelos e ferramentas básicas.
Duración: 8 horas.
Contidos básicos: a calidade como instrumento de xestión pública. A aplicación dos modelos de calidade á xestión pública. Indicadores de xestión dos servicios públicos. A xestión da calidade nas administracións públicas. Implantación da xestión da calidade nun concello. Organización e deseño dun proxecto de mellora de calidade dun servicio. Técnicas de xestión da calidade. Manual da calidade do servicio. Normas internacionais de calidade.
- Módulo de planificación estratéxica no ámbito local
Obxectivo: coñecer e reflexionar sobre a importancia da planificación estratéxica como ferramenta de deseño do futuro das entidades locais e analizar experiencias innovadoras neste ámbito.
Duración: 8 horas
Contidos básicos: a planificación estratéxica. Desenvolvemento de estratexias, obxectivos e plans de actuación. Análises de contorno. Novos instrumentos de planificación. Aplicacións da planificación estratéxica ás entidades locais. Estudio de experiencias e casos.
- Módulo de xestión financeira e orzamentaria
Obxectivos: coñecer as distintas vías de captación de recursos financeiros nas entidades locais, así como unha idónea estratexia de implantación e xestión.
Duración: 20 horas.
Contidos básicos: tipoloxía de recursos nas facendas locais. Recursos financeiros. Recursos tributarios. Recursos impositivos. Xestión de recadación das entidades locais. Elaboración do orzamento municipal. Consecución, xestión e xustificación de proxectos europeos.
- Módulo de planificación e xestión urbanística
Obxectivo: analizar os efectos da ordenación do territorio e o seu impacto nas competencias das administracións locais, así como estudiar a axeitada realización do planeamento urbanístico.
Duración: 8 horas
Contidos básicos: ordenación do territorio e medio ambiente. Planeamento urbanístico. Xestión urbanística. Problemática actual do urbanismo.
- Módulo do contorno xurídico nas corporacións locais
Obxectivo: introducir os temas xurídicos fundamentais sobre os que se basea o funcionamento das corporacións locais.
Duración: 8 horas.
Contidos básicos: o réxime local. Caracteres. O pacto social: a súa incidencia na lexislación do réxime local. Organización municipal e provincial: órganos básicos e complementarios. Competencias dos distintos órganos. Alteracións de competencia. Fiscalización e control político. Moción de censura e cuestión de confianza. Estatuto do concelleiro e deputado. Ideas xerais sobre contratos menores.
4.- METODOLOXÍA DE TRABALLO O curso desenvolverase en xornadas intensivas de oito horas diarias (martes), en horario de mañá e tarde (de 9.30 h a 14 h e de 15.30 h a 19.00 h) e inclúe tanto os coffe-breaks coma as comidas.
Neste curso combinarase a exposición de conceptos co uso de técnicas de traballo en grupo, mediante a utilización de casos, role-playings, etc., que complementarán as exposicións teóricas dos relatores. En todo momento intentarase motivar os asistentes ó debate e á exposición de ideas que permitan enriquecer os contidos da formación.
5.- DURACIÓN DO CURSO Será de 60 horas lectivas.
MÓDULO | DATAS |
Desenvolvemento de habilidades directivas | 23 de marzo |
Planificación e xestión urbanística | 30 de marzo |
Contorno xurídico das corporacións locais | 13 de abril |
Xestión financeira e orzamentaria | 20, 21 e 27 de abril |
Xestión da calidade no ámbito público | 4 de maio |
Planificación estratéxica no ámbito local | 11 de maio |
6.- NÚMERO DE PRAZAS O número de prazas será de 25.
7.- CERTIFICACIÓN Outorgarase un certificado de asistencia.
8.- SOLICITUDES Os interesados en asistir a este curso deberán solicitalo no modelo de instancia que figura no anexo a esta convocatoria e presentalo no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, Avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra, ou en calquera dos lugares sinalados no artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O envío da solicitude debidamente cuberta implica que se aceptan as bases, normas e procedementos que rexen este curso.
9.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 8 de marzo de 2004.
10.- SELECCIÓN O Servicio de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra seleccionará os asistentes por orde de entrada da súa solicitude no rexistro xeral da Deputación Provincial.
11.- LUGAR O curso desenvolverase na Escola de Administracións Públicas Caixanova, na rúa San José, número 1, 36001 Pontevedra.
12.- INFORMACIÓN ADICIONAL Poderase solicitar información adicional chamando á Escola de Administracións Públicas Caixanova ó teléfono 986 100 443, ou na Deputación Provincial no teléfono 986 804 100, extensión 306.
13.- RÉXIME DE ASISTENCIA Os alumnos terán que asistir con regularidade ó curso. Unha inasistencia superior ó 15% no cómputo total de horas lectivas programadas imposibilitará que se expida a certificación establecida e dará lugar á baixa no curso e a perda de todos os dereitos.
Pontevedra, 12 de febreiro de 2004.—
O PRESIDENTE, Fdo. Rafael Louzán Abal |
O SECRETARIO, Fdo. Rogelio Nicieza de la Cerra |
|