[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Saúdo do Presidente
Datos biográficos
Atribucións do Presidente
Artigos, discursos, ...
Axenda do Presidente
Álbum fotográfico
Entrevistas co presidente
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Atención ó cidadán

ARTIGOS, DISCURSOS, ... 

Investiura do Presidente da Deputación

DISCURSO DE INVESTIDURA

Afronto este novo mandato como Presidente da Deputación de Pontevedra moi agradecido a tódolos cidadáns que nos deron o seu apoio, ó meu partido, ós alcaldes e, por suposto, ós deputados que me votaron.

Asumo esta nova etapa con ilusión renovada e con máis responsabilidade, se cabe, que en anteriores ocasións, sobre todo por dúas razóns:

Unha _menos importante e de tipo persoal_ porque é a primeira vez que un presidente da Deputación de Pontevedra, que este ano cumpre o seu 175 aniversario, repite mandato por terceira vez consecutiva.

Esta circunstancia supón aumentar as miñas obrigas e os meus compromisos con todos e cada un dos cidadáns da provincia de Pontevedra, que respaldaron a miña formación política ata niveis non acadados anteriormente.

A outra causa _esta sí verdadeiramente trascendente_ que motiva o aumento do meu sentido do deber, é a situación de crise na que vivimos e que sofren, con especial gravidade, as familias.

Estamos no medio dela. É dicir, entre algo que morre e algo que nace. En pleno debate dun modelo social que agoniza e doutro que xurde, diferente, e no que nada voltará a ser igual.

Dicía Quevedo, en ocasión similar, que “ayer ha muerto, mañana aún no ha llegado”. Eu teño plena conciencia deste tránsito.

É de dominio público que esta recesión é a máis grande, complexa e profunda, dende a Gran Depresión de principios do século pasado, que está a golpear con particular virulencia ó noso país.

As medidas de estímulo fiscal adoptadas, unidas á quiebra do modelo produtivo, provocaron un ensanchamento do déficit público. A isto hai que unirlle outros factores como o crecemento negativo, as lentas expectativas de recuperación, os índices de paro, a situación das entidades financieiras, o derroche, ou a falta dun rumbo claro….

Todo isto esixe unha serie de reformas imprescindibles para saír desta difícil situación e para recobrar a confianza da sociedade e dos organismos internacionais.

A gravidade dos problemas económicos estalles a afectar ós concellos, de maneira directa. Polo cal, nos vindeiros anos, a caída dos seus ingresos será aínda máis ampla e máis dolorosa.

Porque, ademais reduciranse as transferencias e subvencións que recibirán do Estado, da Comunidade Autónoma e tamén da Deputación. Se, a todo isto, lle sumamos as fortes limitacións do gasto e a súa débil fiscalidade, o resultado pode ser demoledor.

Para os concellos e as deputacións, este mandato que agora comenza, no período 2011-2015, estará cheo de dificultades. Nada volverá a ser como antes, e todos nos preguntamos, con moita inquietude e incertidume, cómo será ese ano 2015?

Convén, polo tanto, que sexamos conscientes de todo isto canto antes, pois as medidas de axuste e reforma dos nosos concellos nin se poden, nin se deben aprazar por moito tempo.

Hoxe, os cidadáns demandan, con gran clamor, un novo xeito de gobernar e de facer política. E a eles nos debemos, e a eles temos que escoitar.

¿Qué facer, pois, ante este grave panorama que se nos ofrece?.

Dende un punto de vista xeral, que afecta a instancias superiores, mesmo ás entidades locais, considero que son precisos cambios urxentes e substanciais. Medidas que requiren dun gran acordo político e social que lles otorgue a estabilidade e credibilidade necesarias para que sexan efectivas e duradeiras.

Este é o momento do “consenso”. O intre do acordo en temas económicos, financieiros, sociais, territoriais e organizativos.

  • É preciso analizar e modificar o actual ordeamento territorial do Estado.
  • Clarificar as competencias das distintas Administracións.
  • Elaborar un pacto local en Galicia que defina as funcións de cada institución, o seu custo e as súas fontes de financiación.

Dende o punto de vista da Administración Local, pola súa banda, é necesario, sen máis dilacións: renovar sistemas organizativos, camiñar pola senda da austeridade e do axuste no gasto, para sobrevivir e para poder saír da crise fortalecidos.

Porque unha crise é unha ameaza pero tamén un punto de partida. É unha boa oportunidade para poñer en marcha iniciativas novedosas, “cando non hai recursos, é máis preciso que nunca agudizar o inxenio, a creatividade e a innovación".

Por iso, tódalas medidas dos concellos e das deputacións deben ter como norte, e como obxectivo número un, as reformas internas pertinentes e, sobre todo, as encamiñadas a impulsar a economía para crear emprego.

Medidas que, en moitos casos, xa viñan sendo aplicadas pola Deputación de Pontevedra, pero que agora se potenciarán, aínda máis, executándose con firmeza e rotundidade.

1º.- Establecer unha política de prioridades na que os diferentes concellos deberán decidir cáles son as súas preferencias.

2º.- Fixar a austeridade como principio reitor de tódalas nosas accións. Isto suporá, entre outras cousas, fixar un teito de gasto, disminuír entes e organismos autónomos, aminorar o número de vicepresidencias e altos cargos, postos de libre designación e personal eventual.

Nun momento no que algunhas institucións incrementan eses capítulos, na Deputación de Pontevedra, a aplicación desas normas será unha pauta de actuación incuestionable e innegociable.

3º.- Aprobar un plan de racionalización do gasto corrente.

Un plan xa iniciado que posibilitará rebaixar gastos de representación. Acurtar e desenvolver o uso compartido do parque móvil. Desenvolver o plan de aforro enerxético. Revisar axudas e subvencións de concesión directa. Fomentar a cooperación intermunicipal para que os concellos poidan ofrecer determinados servizos de xeito conxunto, con menos custos e máis eficiencia.

“Un plan, en definitiva, que evite duplicidades competenciais entre as distintas administracións”.

4º.- Potenciar a transparencia da información e as Novas Tecnoloxías. De tal xeito que lles permita ós cidadáns un acceso permanente e sinxelo a todos os nosos procedementos.

A renovación das webs dos nosos concellos é unha prioridade para nós. Para posibilitar a realización de trámites telemáticos e implantar definitivamente a Administración Electrónica.

Esta iniciativa entronca co Proxecto, Red Pontevedra de Banda Larga Rural, chamado REPOBLAR, xa operativo, que levou o acceso á Banda Larga de Internet a cada rincón da nosa provincia.

5º.- Tamén apoiar medidas tendentes a dinamizar os distintos sectores produtivos para posibilitar a ocupación laboral e o desenvolvemento da Economía.

  • Potenciación do noso Plan de Emprego.
  • Normas de estímulo fiscal para os concellos na búsqueda do seu maior saneamento económico.
  • Mellorar a financiación de emprendedores con avales e microcréditos.
  • Asi como, reducir o prazo de pago a tódolos proveedores e empresas a 30 días, nin un só día máis……

6º.- Impulsar decididamente a cooperación e coordinación territorial.

Neste sentido, convocaremos ós concellos da provincia a periódicas Sesións de Concertación de Políticas Públicas Locais, para coñecer as súas necesidades e resolvelas eficazmente.

“Os concellos son os principais motores do desenvolvemento económico e da innovación”

A Deputación de Pontevedra contribuirá a garantizar que todolos servizos locais se presten cada día con maiores niveis de calidade.

Nesta tarefa, estaremos de xeito inequívoco, ó lado dos gobernos locais que opten por procesos de reforma, modernización e innovación.

Debo dicir que, á sombra do proceso de recorte do gasto público que se debe afrontar, algúns poñen no punto de mira a propia razón de ser das deputacións.

Esas atropelladas e artificias polémicas son un debate recurrente para tapar determinadas ineficacias de xestión e, de paso, desviar a atención dos temas que verdadeiramente importan á cidadanía.

Pero, en ningún caso, xeneran un debate perdurable, nin serio, nin riguroso, senón, máis ben, unha polvareda oportunista e de escasa consistencia.

A presencia das deputacións nun Estado das nosas características resulta obrigada e imprescindible, como o acredita a existencia de experiencias semellantes nos países do noso entorno.

O nivel territorial equiparable ás provincias españolas no seo da Unión Europea son os chamados Gobernos Locais Intermedios.

A miña formación política aposta por modernizar o papel das deputacións e por actualizar os seus cometidos. Especialmente na función de asistencia e cooperación ós pequenos concellos, para axudarlles a gastar menos e dispoñer de maiores recursos para darlle resposta inmediata ás necesidades dos seus cidadáns.

Non se debe olvidar que, en España, 16 millóns de persoas viven no ámbito rural, e que en Galicia, a maiores dos residentes nesas zonas, existe unha dispersión xeográfica moi superior ó resto do Estado. Isto, por sí só, fai imprescindible os organismos provinciais.

Cousa moi distinta á desaparición das deputacións é a necesidade dunha definición clara das funcións e cometidos, para dotalas dun modelo financierio máis xusto, equilibrado e solvente. Creo que o novo Estatuto do Goberno Local debe plantexar e fixar unha rexeneración das deputacións que inclúa o impulso de consorcios, áreas metropolitanas e mancomunidades, sempre que non se creen novas unidades administrativas e, pola contra, se prime a xestión conxunta e eficiente dos servizos.

Sei que non todas as deputacións asumen o mesmo número de funcións e de compromisos.

A nosa, a de Pontevedra, ten o seu propio modelo, que consiste en adaptarse a 62 realidades da provincia, traballando sobre un territorio con tres características moi diferenciadas:

  • As áreas urbanas de Pontevedra e Vigo, na que en breve operará unha Área Metropolitana moi poblada e urbanizada.
  • Os concellos costeiros e atlánticos, de elevado interese socioeconómico e turístico.
  • E os concellos do interior, moitos deles menores de 5.000 habitantes e con escasos recursos.

Por iso, a Deputación de Pontevedra vén desenvolvendo un sistema de traballo mediante o cal se equilibra, cohesiona e garantiza, que a acción dos concellos se realice ó mesmo nivel en toda a provincia.

Queremos que o noso organismo provincial incremente o seu valor de proximidade, que achegue calidade de servizos e benestar á nosa cidadanía.

Nesta dura, pero ilusionante tarefa para o mandato 2011-2015, espero a colaboración de todos e cada un de vós: dos magníficos profesionais da institución provincial; do novo equipo de goberno; dos grupos da oposición, que espero sexa leal e constructiva; dos alcaldes e gobernos locais ós que nos debemos; da Xunta de Galicia, á que dende xa, ofrezo a miña franca e sinceira colaboración; das institucións do Estado; de todos os sectores sociais; dos medios de comunicación, imprescindibles para transmitir o noso traballo; e de todos os cidadáns da provincia, destinatarios últimos da nosa acción de goberno.

E remato xa cunha mensaxe de confianza e esperanza porque, estou convencido que, co esforzo de todos, cidadáns e institucións, saberemos saír desta crise tan profunda que agora nos embarga.

Sexan as miñas últimas palabras de agarimosa lembranza ós deputados da anterior Corporación e ós meus conveciños de Ribadumia, así como co meu máis grande afecto e cariño para todo o equipo de colaboradores e, por suposto, para a miña familia.


Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación de Pontevedra

Pontevedra, 24 de xuño de 2011

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 28/06/2011 11:44
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/