[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

Páxina [1] 2
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

CONVOCATORIA DUN POSTO DE TRABALLO DE PROfESOR DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENfERMERÍA

Bases | Anexo I
Anexo II | Anexo III

Convocatoria

A Presidencia, no uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, ditou a seguinte resolución:

“De conformidade co disposto no artigo 34.g) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, resolvo aprobar a presente convocatoria para cubrir un posto de traballo de PROFESOR con destino á Escola Universitaria de Enfermería, dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, que se desenvolverá de acordo coas seguintes bases:

PRIMEIRA.—OBXECTO DA CONVOCATORIA

1.1. Esta convocatoria ten por obxecto cubrir un posto de traballo de profesor, vacante no cadro de persoal laboral da Escola Universitaria de Enfermería para o curso académico 2011/2012, e mediante o sistema de concurso.

O concurso levaráse a cabo mediante valoración de méritos e entrevista persoal.

SEGUNDA.—NORMAS XERAIS.

2.1. Este concurso rexerase pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 7/2007, de 12 de abril pola que se aproba o estatuto básico do empregado público e Real decreto lexislativo 1/2008, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da función pública de Galicia, tendo en conta a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios.

TERCEIRA.—REQUISITOS DOS CANDIDATOS.

3.1. Para seren admitido neste proceso selectivo os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a súa contratación:

  1. Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
  2. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
  3. Estar en posesión da titulación académica de Diplomado Universitario de Enfermería. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegar credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como profesor de universidade.
  4. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións docentes e asistenciais. Os aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar non estaren inhabilitados ou en situación equivalente nin ter sido sometidos a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
  5. Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais do posto ao que aspira, e non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible.
  6. Ter ingresado na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria de novacaixagalicia nº 2080 0401 68 0040106618 a cantidade fixada como dereitos de exame.
  7. Proxecto docente

CUARTA.—SOLICITUDES.

4.1. As solicitudes para participar neste proceso selectivo axustaranse ao modelo que figura como anexo II desta convocatoria e dirixiranse ao Ilmo. Sr. Presidente da Escola de Enfermería no prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

4.2. A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas, de forma que as solicitudes que non leven o selo de correos serán excluidas. No estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

4.3. Será requisito necesario para participar neste proceso selectivo aboar, dentro do prazo de presentación de instancias, a cantidade de 35,00 € en concepto de dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesouraría da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á conta nº 2080 0401 68 0040106618 da Deputación de Pontevedra en Novacaixagalicia; de non realizarse o pagamento directamente na Tesouraría provincial o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo. En ningún caso a simple presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporán a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude perante o órgano expresado na base 3.1.

Os dereitos de exame reintegraránselle de oficio aos aspirantes excluídos, sempre que cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.

4.4. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:

  1. Fotocopia do documento nacional de identidade; os aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade.
  2. Fotocopia do título académico esixido.
  3. Xustificante de pagamento das taxas de exame dentro do prazo de presentación de instancias. Estarán exentas de pagamento as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que acompañando a súa solicitude presenten os certificados que a acrediten.
  4. Curriculum vitae detallado conforme ao modelo que figura como anexo III.
  5. Xutificantes de todos os méritos alegados.
  6. Proxecto docente.

QUINTA.—ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

5.1. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes o presidente da Escola ditará resolución aprobando a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro de anuncios da Escola Universitaria de Enfermería e da Deputación Provincial, o que servirá de notificación aos interesados para todos os efectos.

5.2. Contra a devandita resolución os interesados poderán presentar reclamacións perante o presidente, no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as devanditas reclamacións publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

SEXTA.—TRIBUNAL DE SELECCIÓN.

6.1. Os membros do tribunal cualificador serán designados polo presidente segundo o disposto no art. 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/91, do 7 de xuño, así como artigo 60 da citada Lei 7/2007, do 12 de abril, tendo en conta á paridade entre homes e mulleres. O tribunal cualificador estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes, sendo a súa composición a seguinte: presidente, secretario e tres vogais. A pertenza a este órgano será sempre a título individual, non podendo ostentarse en representación nin por conta de ninguén.

6.2. A composición do tribunal axustarase aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, que deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ao posto convocado. Non poderán formar parte do tribunal as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.

6.3. O tribunal poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias así o aconsellen, limitándose os mencionados asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.

6.4. A Presidencia, antes de que teña lugar a entrevista e xuntamente coa lista de admitidos, publicará no taboleiro de anuncios da escola e da corporación a resolución pola que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.

6.5. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándolle ó presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.

6.6. O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva do tribunal adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo e as súas actuacións axustaránse en todo momento ao disposto na Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria. En caso de ausencia do presidente titular e do presidente suplente actuará no seu lugar o vocal designado en primeira orde.

6.7. Os membros do tribunal e os seus asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida.

SÉTIMA.—VALORACIÓN DE MÉRITOS

7.1. O tribunal comprobará e cualificará os méritos alegados polos aspirantes, que deberán xustificarse fidedignamente con documentos orixinais ou unha copia autenticada acreditativa daqueles, de acordo co baremo que figura no Anexo I, e que recolle as seguintes puntuacións:

  • Experiencia investigadora, ata un máximo de 5 puntos
  • Experiencia docente, ata un máximo de 15 puntos
  • Experiencia profesional, ata un máximo de 10 puntos
  • Outros méritos, ata un máximo de 5 puntos

7.2. O tribunal non valorará os méritos que sendo alegados polos/as aspirantes no curriculum vitae non estean debidamente xustificados e sempre referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

OITAVA.—ENTREVISTA

8.1. A entrevista persoal consistirá na exposición oral do seu curriculum vitae e proxecto docente adecuado ao perfil do posto, que será valorada de 0 a 15 puntos

NOVENA.—DESENVOLVEMENTO DO PROCESO SELECTIVO

9.1. A data e máis a hora na que deberá constituírse o tribunal para valorar os méritos, así como o día e a hora en que terá lugar a entrevista será determinado polo presidente mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do tribunal, que se publicará mediante anuncio no taboleiro de anuncios da Deputación e da Escola de Enfermería, polo menos con tres días hábiles de antelación.

9.2. O curriculum vitae deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo III.

9.3. Os aspirantes convocaranse para a realización da entrevista nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os que non comparezan, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.

DÉCIMA.—PROPOSTA, PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS E CONTRATACIÓN.

10.1. Sumadas as puntuacións totais do baremo de méritos e da entrevista, o tribunal fará pública a proposta de contratación a favor do candidato que obteña maior puntuación total final, que será publicada no taboleiro de anuncios da Deputación e da Escola Universitaria de Enfermería, a fin de que os posibles interesados poidan formular alegacións perante o tribunal no prazo de cinco días hábiles contados a partires do seguinte á dita publicación.

O tempo transcorrido entre a publicación da convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder de catro meses.

10.2. O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou este proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de postos convocados. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.

10.3. No suposto de empate nas puntuacións totais finais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no apartado de experiencia docente e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida no apartado de experiencia profesional. De persistir o empate este resolverase por sorteo.

10.4. Así mesmo, o tribunal poderá propor a non provisión do posto xustificando esta decisión. Este acordo publicarase no centro e servirá de notificación aos interesados para todos os efectos. 10.5. O candidato proposto para a provisión do posto de traballo convocado deberá presentar na secretaría da Escola Universitaria de Enfermería no prazo de cinco días naturais seguintes ao de finalizar a actuación do tribunal, os seguintes documentos:

  1. Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos, en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.
    Os que non ostenten a nacionalidade española deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).
  2. Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que lle incapacite para o desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de profesor da escola.
  3. Declaración de non estar afectado de incompatibilidade.

10.6. O presidente efectuará o nomeamento como profesor da Escola do candidato proposto polo tribunal seleccionador, unha vez que acredite en prazo a documentación requirida; de non facelo, o presidente procederá, se é o caso, ao nomeamento do seguinte candidato na orde proposta.

10.7. O nomeamento remitirase para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, debendo formalizarse nun prazo máximo de un mes o preceptivo contrato laboral temporal con cargo a vacante existente no cadro de postos de traballo de persoal laboral da Escola Universitaria de Enfermería.

10.8. A duración do contrato establécese para o curso académico 2011/2012, podendo prorrogarse por curso académico en tanto non se regularice a situación do persoal da Escola de Enfermería.

10.9. A xornada laboral será a tempo completo. A duración do período de proba será de 6 meses, considerándose superado sempre que non conste obxección expresa contraria dentro dese prazo.

10.10. A retribución prevista no orzamento provincial para o segundo semestre do ano 2011 ascende a un total de 12.649,43 €.

DÉCIMO PRIMEIRA.—DEVOLUCIÓN E DOCUMENTACIÓN

11.1. A documentación presentada ao concurso deberá ser retirada polos interesados unha vez transcorrido o prazo de tres meses, a contar desde a publicación da resolución do concurso no taboleiro de anuncios, sempre e cando non se presentase ningún recurso contra dita resolución. Transcorrido un mes despois de dito prazo, procederase á destrución da documentación que non fose retirada.

DÉCIMO SEGUNDA.—NORMA DERRADEIRA.

12.1. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición perante o presidente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común”.

O que lle comunico para o seu coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 4 de xullo de 2011


Boletín Oficial da Provincia, data 12/07/2011, número 133, páxina 29, anuncio 2011006983.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/07/2011 11:12
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/