[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes » Escolas deportivas » 2011/2012
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas
2012-2013
2011/2012
2010/2011
2009/2010
Trofeos Deputación de Pontevedra

Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9
DEPORTES 



Escolas deportivas | Modelo de solicitude | Horarios escolas

ESCOLAS DEPORTIVAS PROVINCIAIS

Fútbol, balonmán, judo, patinaxe, fútbol sala, rugby, atletismo (escola de marcha) e natación son as actividades ofertadas gratuitamente para os nenos de toda a provincia desde o 3 de outubro ata o 31 de maio.

A Deputación de Pontevedra segue apostando unha vez máis polo deporte de base na provincia. Por quinto ano consecutivo o organismo provincial, a través do Servizo de Deportes, dálles continuidade ás escolas deportivas, que lles permitirán ós nenos pontevedreses practicar actividades deportivas en diferentes modalidades de maneira totalmente gratuíta e, así, continuar na formación e nos valores deportivos dos máis cativos.

As modalidades deportivas ofertadas son fútbol, balonmán, judo, patinaxe, fútbol sala, rugby, atletismo (escola de marcha) e natación. A Deputación creou, para a ocasión, escolas repartidas por toda a xeografía provincial co fin de que todos os nenos puidesen ter acceso a estas actividades. A organización e o financiamento da iniciativa corren a cargo da institución provincial, ademais da organización técnica das federacións galegas de Fútbol, Balonmán, Patinaxe, Judo, Atletismo, do Coruxo F. C., Vigo Rugby Club e Club de Natación Galaico.

Máis de 7.000 nenos se beneficiaron do desenvolvemento da cuarta edición das escolas deportivas.

As diferentes modalidades deportivas contarán con coordinadores que levarán a cabo o traballo de aprendizaxe que desenvolven os máis de douscentos monitores distribuídos por toda a provincia. Profesionais da talla do vigués Belarmino Alonso Costas, coñecido como Milucho (ex-adestrador de equipos como o Pontevedra C. F.), Covelo (ex-adestrador de porteiros do Real Club Celta de Vigo e ex-porteiro do F. C. Barcelona) e Rodolfo (ex-xogador do Atlético de Madrid) serán os encargados de que os rapaces se inicien ou afonden na práctica do fútbol.

Terán grandes mestres os nenos que escollan patinaxe, modalidade na que Alberto e Mercedes Covelo, considerados uns dos mellores adestradores de patinaxe de España, lles mostrarán ós seus alumnos a calidade artística deste deporte. Antonio Plaza, ex-adestrador da liga Asobal e director técnico da Federación Galega de Balonmán, é o responsable de mover a dous mil nenos que compiten en toda a provincia.

A modalidade de judo tamén contará cos mellores profesionais, con técnicos considerados a nivel internacional, entre os que se atopan Luis Rodríguez Lamas, cinto branco-vermello 7ª dan; Juan Carlos Garabato, seleccionador galego de categorías inferiores, e María Victoria Rodríguez, campioa galega. Outros, coma Ángel Villar González e Andrea Soria Domínguez, coordinan e asesoran tecnicamente estas escolas.

A coordinación de atletismo levarase a cabo dende a Federación Galega de Atletismo e coa colaboración do deportista olímpico Santiago Pérez. A modalidade de rugby estará coordinada polo Vigo Rugby Club, que desenvolve un importante labor de aprendizaxe deste deporte nas instalacións do complexo universitario de Vigo. O Coruxo F. C. é o equipo que ensinará a práctica deportiva do fútbol sala, que nos últimos anos acadou un importante aumento de nenos en diversas zonas da provincia. O Club Natación Galaico, cos seus monitores, está impartindo clases baixo as directrices da dirección técnica.

Inscrición:

As actividades son totalmente gratuítas.

A solicitude (segundo o modelo) poderá presentarse no rexistro da Deputación de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra) ou na oficina da sede de Vigo (r/ Oporto, núm. 3, 36201 Vigo).

Os interesados poderán realizar a súa inscrición a partir do 17 de agosto sen límite de prazo e tamén durante toda a tempada de actividades.

O responsable de cada escola deportiva será o encargado de confirmar a aceptación ou non da solicitude, dependendo do número de prazas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4 5 6 7 8 9

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 17/04/2012 14:44
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/