[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 11 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Convocatoria dunha bolsa de técnico superior en saúde ambiental ou técnico superior de laboratorio en diagnóstico clínico, con destino á estación fitopatolóxica do Areeiro

Bases |Solicitude
Relación de admitidos
Seleccionados

BASES

De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo da Estación fitopatolóxica do Areeiro, e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, esta Deputación Provincial convoca unha Bolsa, consonte ás seguintes

PRIMEIRA.—OBXECTO

Estas bases regulan o procedemento de adxudicación dunha bolsa de TÉCNICO SUPERIOR EN SAÚDE AMBIENTAL OU TÉCNICO SUPERIOR DE LABORATORIO EN DIAFNÓSTICO CLÍNICO, para a realización de tarefas de colaboración na área fitopatolóxica do Areeiro, consistentes na recollida de mostras en campo, preparación para análise no Laboratorio e ensaios de control, así como detección e diagnóstico de axentes fitopatolóxicos.

SEGUNDA.—CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES

Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de TÉCNICO SUPERIOR EN SAÚDE AMBIENTAL OU TÉCNICO SUPERIOR DE LABORATORIO EN DIAGNÓSTICO CLÍNICO, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non haber sido beneficiario/a de bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra.

TERCEIRA.—DOTACIÓN ECONÓMICA

Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.000 €/mes, que se imputará á aplicación 413.413.481.01 do orzamento provincial.
O pagamento da bolsa ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural.
O goce da bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión.

CUARTA.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ao Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da corporación Provincial no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia achegarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa deste, así coma méritos relacionados cos traballos que se vaian a desenvolver, debidamente xustificados.
  4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
  5. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.

Sen prexuízo do indicado anteriormente, os interesados estarán ao disposto no art. 23. 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo aquilo que lles sexa de aplicación.

QUINTA.—COMISIÓN DE SELECCIÓN

Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:
Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue.
Vogais: un Deputado provincial, o Xefe do Servizo da Estación fitopatolóxica do Areeiro e un funcionario técnico superior pertencente a Deputación Provincial de Pontevedra.
Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.
Todos os membros terán voz e voto.
A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

SEXTA.—SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A

A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a valoración dos méritos académicos acreditados polos interesados e unha entrevista persoal.

  • BAREMO DE MÉRITOS:
    1.Expediente Académico: ata un máximo de (2,00 puntos). No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.D. 1497/1987, odificado polo R.D. 1267/1994, valorarase con 0,00 puntos.
  • ENTREVISTA PERSOAL
    A comisión celebrará unha entrevista persoal con cada un dos aspirantes presentados relacioada co obxecto da bolsa e na que poderá formular cantas preguntas considere oportunas sobre o traballo a desenvolver, que será valorada de (0,00 á 3:00 ) cero a tres puntos.
    Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, os aspirantes serán convocados para a realización da entrevista mediante a publicación da relación de admitidos na páxina web, na que se indicará a o lugar, día, e hora en que terá lugar. Concluída esta fase, a comisión publicará no aboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado da selección.

SÉTIMA.—RESOLUCIÓN

A comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de goberno desta Deputación Provincial a adxudicación da bolsa ao aspirante que consideren máis idóneo e que acadara a máxima puntuación de acordo co especificado na cláusula sexta das presentes Bases.

OITAVA.—CONDICIÓNS XERAIS

Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración de un ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comece o seu desenvolvemento e poderá prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de goberno.
  2. A bolsa será incompatible co desenvolvemento de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O beneficiario da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. O beneficiario da bolsa deberá subscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar cuberto pola Seguridade Social ou por outro Seguro Privado.
  6. A decisión da comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

NOVENA.—DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN

No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no plazo de tres (3) meses, contados desde o día eguinte ao da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Excma. Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación.

DÉCIMA.—INTERPRETACIÓN DAS BASES

A comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes ases.

UNDÉCIMA.—DEREITOS SUPLETORIOS

A convocatoria das bolsa, a selección do bolseiro e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxetaranse ao previsto nas presentes Bases, e ademais, ao previsto na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 19 de agosto de 2011
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 02/09/2011, número 169, páxina 25, anuncio 2011008531.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 29/09/2011 09:58
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/