[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 10 DE ABRIL DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Perfil do contratante
Subvencións, axudas, bolsas...
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA REALIZACIÓN DE MATERIAL DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DURANTE O ANO 2012

BASES | Solicitude
Anexo I | Anexo II
Anexo III

Bases

1.—OBXECTO

Constitúe o obxecto das presentes bases definir as condicións e o proceso que se seguirá para aconcesión de subvencións para a confección actualizada de material de información turística en forma de folletos, guías, mapas, carteis, posters, etc., durante o ano 2012.

2.—BENEFICIARIOS

Poderán solicitar estas subvencións aqueles concellos, Organismos Autónomos Locais, mancomunidades de municipios e entidades sen ánimo de lucro da provincia Pontevedra que realicen actividades relacionadas co turismo, debendo estas últimas estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) e estar ó corrente das obrigas coa Deputación de Pontevedra e o O.A.L. Turismo Rías Baixas.
Non poderá adquirir a condición de beneficiario quen se atope incurso nalgunha das circunstancias ás que se refiren os apartados 2 e 3 do artigo 13 da lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

3.—ORZAMENTO

O crédito dispoñible para a adxudicación das axudas indicadas na presente convocatoria será con cargo á aplicación 843.432.462.02 do orzamento do O.A.L. Turismo Rías Baixas para o ano 2012, por importe total de 100.000 euros. En todo caso, a concesión das axudas quedará suxeita á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas da concesión durante o ano 2012.

4.—CONDICIÓNS DO MATERIAL SUBVENCIONABLE

O material subvencionable deberá cumprir cos requisitos contemplados no anexo II da presente convocatoria, co fin de favorecer unha harmonización dos deseños.
Os solicitantes que o desexen poderán remitir ó O.A.L. Turismo Rías Baixas a maqueta ou boceto do material a publicar para recibi-lo visto e prace, previo a súa edición.
O material subvencionado deberá utilizar a toponimia oficial, e no caso de empregar a lingua galega, debe ser normativa.
En todo o material a subvencionar figurarán inescusablemente, nun lugar visible na parte inferior da contraportada, a imaxe de marca (logotipos) de “Turismo Rías Baixas”, “Deputación de Pontevedra” e do dominio www.riasbaixas.org e www.depo.es.
Quedan excluídos desta convocatoria:

  1. Libros de Historia, Xeografía, Patrimonio, programas de festas e/ou libros de programas de festas, material divulgador de eventos deportivos, culturais ou calquera outro que non sexa especificamente turístico.
  2. Material propagandístico (merchandising) que non presente información sobre o destino ou recursos turísticos da zona, como bolígrafos, chisqueiros, adhesivos, prendas de vestir, gorros, paraugas, cinceiros, material de oficina, pins, carpetas, bolsas, etc.
  3. Promoción e propaganda de empresas privadas con ánimo de lucro.
  4. Material turístico con erros, ou con información ou imaxes non actualizadas, impresión ou gravación de baixa calidade ou con contidos que non sexan estritamente de promoción turística.
  5. Material turístico distinto do solicitado, nin tampouco aquelas reedicións do material que non se actualizaran no ano 2012.
  6. Material turístico que faga referencia a establecementos turísticos, hoteis, restaurantes, cámpings, bares e/ou calquera outra empresa que non estea debidamente legalizada.

5.—CONTÍA MÁXIMA DAS SUBVENCIÓNS

A contía da subvención determinarase en función dos criterios de adxudicación, non pudendo superalas seguintes porcentaxes dos orzamentos presentados polas entidades:

  1. 40% de subvención do orzamento presentado para o material que se realice seguindo tódolos criterios de deseño que establece Turismo Rías Baixas (Anexo II), que deben ser supervisados previamente polos técnicos deste organismo.
  2. 35% de subvención do orzamento presentado para o material que editen os Concellos declarados Concellos Turísticos Galegos pola Xunta de Galicia.
  3. 25% de subvención do orzamento presentado para o material promocional do resto de entidades da cláusula segunda.

Os gastos xustificados deberán axustarse ó orzamento presentado inicialmente, non aboándose máis que a proporción que lle corresponda ó importe xustificado co límite da subvención concedida.
No caso de que a contía das peticións recibidas excedan da aplicación orzamentaria prevista, os técnicos de Turismo farán unha proposta razoada do importe da concesión da subvención en función dos criterios de valoración e cumprimento das obrigas das entidades con este organismo en anos anteriores.
No caso de que unha vez recibidas as solicitudes de subvención quedase crédito dispoñible, o Consello Reitor do O.A.L. Turismo Rías Baixas, a proposta dos técnicos de turismo, poderá aumentar os porcentaxes de subvención previstos anteriormente.
A subvención non excederá de cinco mil euros (5.000,00 €) por entidade solicitante.
As axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para a mesma finalidade, pero en ningún caso o volume das mesmas poderá superar o 100% do custo real da mesma. A tal efecto, comunicarase ó O.A.L. Turismo Rías Baixas a obtención ou solicitude doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, u outros entes públicos ou privados, nacionais ou extranxeiros.

6.—SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

As solicitudes formalizaranse no modelo normalizado desta convocatoria, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e nas páxinas web do O.A.L. Turismo Rías Baixas www.riasbaixas.depo.es, e da Deputación de Pontevedra: www.depontevedra.es.
As solicitudes dirixiranse ao Ilmo. Sr. Presidente do O.A.L. Turismo Rías Baixas, achegando a seguinte documentación:

  1. Orzamento de gastos e ingresos asinado e detallado do material a realizar.
  2. Maqueta do material a subvencionar para a súa valoración polos técnicos de Turismo.
  3. Memoria explicativa e detallada do material a subvencionar.
  4. Fotocopia cotexada do NIF da entidade solicitante.
  5. Fotocopia cotexada conforme a entidade se atopa inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, nos casos que correspondan.
  6. Certificado do Secretario ou declaración responsable de non estar incurso en causas de prohibición previsto no artigo 13 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención (Anexo 1)
  7. No caso de entidades sen ánimo de lucro, certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias (Estado e Comunidade Autónoma) e coa Seguridade Social e non ter débedas coa Deputación de Pontevedra, así como autorización ao O.A.L. Turismo rías Baixas, de obter, de forma directa, a acreditación do cumprimento das obrigas antes referidas, podendo, o solicitante, denegar expresamente o consentimento (Anexo 1)
  8. Declaración responsable, na que conste se a entidade obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien dito material promocional e compromiso de comunicarlle ó Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas as que se obteñan nun futuro (Anexo 1)

7.—PRAZO DE PRESENTACIÓN

As solicitudes presentaranse no Rexistro do O.A.L. Turismo Rías Baixas, de luns a venres en horario de 09:00 a 13:00 horas, durante 30 días naturais á contar dende o día seguinte a data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, pudendo presentarse por calquera dos procedementos establecidos polo artigo 38.4º da lei 30/92 do 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, deberá xustificarse a data e hora do envío antes de que finalice o prazo de presentación das solicitudes, mediante comunicación por Fax ó numero 986 868 750 do O.A.L.Turismo Rías Baixas ou mediante correo electrónico dirixido a: administracion.riasbaixas@depo.es. Transcorridos 10 días dende a finalización do prazo de admisión, non se admitirá ningunha solicitude que chegue por estes outros medios.
Se o último día de finalización do prazo coincidira en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado o mesmo ata ó seguinte día hábil.

8.—SUBSANACIÓN DE DEFECTOS NAS SOLICITUDES

Cando a solicitude non reúna os requisitos solicitados ou non se acompañe da documentación que resulte esixible conforme ás presentes Bases, requirirase ó interesado para que no prazo máximo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.

9.—RESOLUCIÓN

A resolución e notificación desta convocatoria terá lugar no prazo máximo de seis meses a partires do día seguinte ó da finalización de presentación das solicitudes. Esgotado este prazo sen resolución expresa, poderá entenderse desestimada a petición correspondente.
Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6 b) da lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a notificación individual poderá ser substituída pola publicación no B.O.P. ou na páxina web da Deputación de Pontevedra.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, conforme dispoñen os artigos 8, 44 e 46 da lei 29/1998 reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

10.—CRITERIOS DE VALORACIÓN

Os proxectos serán valorados polos técnicos de Turismo, unha vez examinadas as solicitudes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración:
Harmonización co material de Turismo Rías Baixas (Anexo II) 40 puntos
Calidade e innovación da edición de material promocional para o que se solicita subvención 25 puntos
Integración no material promocional da oferta turística da provincia á oferta municipal ou zona que desexen promocionar 25 puntos
Edición de material promocional dirixido a potenciar novos produtos turísticos que incrementen a diversificación e competitividade do sector 10 puntos

11.—ÓRGANO COMPETENTE PARA A XESTIÓN DA SUBVENCIÓN E PARA DITAR RESOLUCIÓN

A ordenación e instrución do procedemento de concesión das axudas corresponderá o servizo técnico de turismo do O.A.L. Turismo Rías Baixas, que elevará a proposta de resolución, conforme todo o actuado, ó Consello Reitor do Organismo, quen adoptará a resolución en virtude da cal se outorgarán ou denegarán as subvencións solicitadas, en exercicio das competencias previstas no artigo 9 dos Estatutos do O.A.L. Turismo Rías Baixas e das bases de execución do orzamento do organismo para o ano 2012.
Con carácter previo, someterase a informe de fiscalización do servizo de Intervención.

12.—XUSTIFICACIÓN ECONÓMICA

O importe a aboar a cada entidade beneficiaria será satisfeito unha vez presentada a correspondente xustificación da subvención, tendo en conta os criterios establecidos no artigo 30 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
A xustificación da inversión deberá efectuarse inescusablemente antes do día 31 de decembro de 2012, achegando a seguinte documentación:

  1. Conta xustificativa firmada polo Secretario ou Interventor dos gastos e ingresos, na que se determinará o gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio (ANEXO III)
  2. Xustificación con facturas ou documentos compulsados con valor probatorio dos gastos da actividade polo importe da subvención, incluídas na conta xustificativa do anexo III, indicando que o resto de xustificantes e documentación correspondentes a actividade subvencionada se atopan no domicilio do beneficiario a disposición de Turismo Rías Baixas para o seu exame
  3. Certificado firmado polo Secretario ou Interventor de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron a finalidade subvencionada (ANEXO III)
  4. Certificado firmado polo Secretario ou Interventor do financiamento obtido para a finalidade subvencionada (indicando os importes, entidades, organismo, particulares, etc..) (ANEXO III)
  5. Certificado firmado polo Secretario ou Interventor de que os ingresos ou recursos alleos obtidos non superan o custe ou gasto da finalidade subvencionada (Anexo III)
  6. Tres exemplares do material, copia dixital en Freehand, Corel, Indesing ou Illustrator e PDF para a súa descarga en páxinas web onde se poida apreciar a publicidade de Turismo Rías Baixas.
  7. Certificado de domiciliación bancaria co número de conta da que é titular a entidade.

No caso de que a entidade beneficiaria non presente a xustificación no prazo establecido, darase por perdida dita subvención.

13.—INCUMPRIMENTO DAS OBRIGAS, REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS E RÉXIME SANCIONADOR

O incumprimento das obrigas impostas como consecuencia da concesión das subvencións reguladas nas presentes bases, na resolución da concesión ou das establecidas con carácter xeral no artigo 14 da lei 38/2003 de 17 de Novembro, Xeral de Subvencións, dará lugar á perda total ou parcial das axudas concedidas, sen prexuízo doutras responsabilidades nas que puidera incorrerse. En consecuencia, procederase a deixar sen efecto a resolución de concesión da subvención, previo trámite de audiencia e, no seu caso, ó reintegro das cantidades percibidas máis o interese de demora previsto legalmente en cada momento, conforme o disposto no artigo 37 da lei Xeral de Subvencións.
Os importes a reintegrar serán proporcionais ó grado de incumprimento no desenvolvemento da finalidade para a que foi concedida inicialmente a subvención e determinarase conforme aos seguintes criterios:

  1. O incumprimento total da finalidade para a que se concedeu a subvención, da elaboración do material ou da obriga da xustificación, dará lugar á perda do dereito de cobro ou ao reintegro do 100% da subvención concedida. Considerarase que existe incumprimento total da finalidade, especialmente, no caso de elaborar material promocional distinto do presentado para a concesión da subvención.
  2. O incumprimento parcial da finalidade para a que se concedeu a subvención, da elaboración do material anunciado ou da obriga da xustificación, dará lugar á perda do dereito de cobro ou reintegro parcial da subvención concedida no porcentaxe correspondente a actuación non efectuada ou non xustificada coas seguintes penalizacións:
    • Penalización do 5% da subvención concedida por cada un dos incumprimentos en materia de deseño.
    • Penalización do 10% da subvención concedida por non presentar tres exemplares do material realizado ou a copia dixital.
    • Penalización do 25% da subvención concedida por diferenzas notables no material promocional realizado con respecto ao presentado para a concesión.

Ás subvencións reguladas nestas bases, no referido a infraccións e sancións, seralles de aplicación o previsto nos artigos 52 a 69 da lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

14.—RÉXIME XURÍDICO

Para o non previsto nestas bases, rexerá o disposto nas bases de execución do orzamento do O.A.L. Turismo Rías Baixas e da Deputación de Pontevedra para o ano 2012, na lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e na lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, así como, a demais normativa de pertinente aplicación.

Pontevedra, 5 de setembro de 2011
O PRESIDENTE
José Manuel Figueroa Vila
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 25/10/2011, número 205, páxina 18, anuncio 2011010201.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/10/2011 12:26
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/