[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 18 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

Bases xerais e convocatoria pública de catro bolsas de colaboración para a realización de prácticas nas oficinas de turismo do Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas

BASES | Solicitude
Relación de aspirantes
Resultado proba escrita

Bases

De conformidade coa proposta do Técnico do O.A.L. de Turismo Rías Baixas, a Presidencia deste organismo convoca catro bolsas de colaboración para Diplomados en Turismo, Grado en Turismo ou Ciclo superior en Comercialización e Información Turística e a creación dunha lista de reserva por se fose necesaria, en virtude das facultades que lle confire a base 15-3, a) das aprobadas para a execución do orzamento deste organismo e segundo as seguintes bases:

PRIMEIRA.—OBXECTO

Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de catro (4) bolsas de colaboración para a realización de prácticas en oficinas de información e servizos turísticos do O.A.L. Turismo Rías Baixas por un período de 6 meses con posibilidade de prórroga ata completar o ano.

SEGUNDA.—CONDICIÓN DOS ASPIRANTES

Poderán ser beneficiarios destas bolsas de colaboración aquelas persoas físicas que, tendo capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requirimentos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de Diplomado en Turismo, Grado en Turismo ou Ciclo Superior en Comercialización e Información turística, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2006 ou con posterioridade a esta data no momento de inicio de presentación de solicitudes. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán atoparse homologadas polo Ministerio competente en España.
  3. Non ter sido beneficiario dunha bolsa neste organismo por duración superior a un ano.
  4. Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
  5. Non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario sinaladas no apartado 2 do artigo 13 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

TERCEIRA.—DOTACIÓN ECONÓMICA E CRÉDITO ORZAMENTARIO

Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200,00 €/mes, importe bruto por beneficiario, estimándose o gasto total en cincuenta e sete mil seiscentos euros (57.600,00 €) gasto que será imputado á aplicación 843-432-481.01 do orzamento do O.A.L. Turismo Rías Baixas – Deputación de Pontevedra do ano 2012. A concesión das bolsas quedará sometida á condición suspensiva derivada da existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento de Turismo Rías Baixas para o ano 2012.
O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partires da data de incorporación do bolseiro de colaboración, por mensualidades completas vencidas ou por fracción proporcional ó tempo disfrutado dende o inicio da mesma, ou en todo caso á data de renuncia voluntaria do bolseiro de colaboración.
Cando, por razón do servizo os bolseiros realicen desprazamentos fóra do centro habitual no que realizan a súa formación, poderán solicitar a indemnización correspondente aos gastos, cos límites previstos no Real Decreto 462/2002 de 24 de maio, sobre Indemnizacións por razón do servizo.

CUARTA.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Presidente do O.A.L. Turismo Rías Baixas e presentaranse no rexistro deste organismo de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 horas, sito na praza Santa María, s/n, Pontevedra, no prazo de dez días naturais dende a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos na lei 30/92 do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Nestes casos, o solicitante deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ao O.A.L. Turismo Rías Baixas a remisión da solicitude. Poderá facelo mediante fax (986868750), telegrama ou correo electrónico (administracion.riasbaixas@depo.es) no mesmo día.
Xunto a solicitude, achegarase a seguinte documentación orixinal ou debidamente compulsada:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión do título esixido para dita bolsa, ou en condicións de obtelo na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
  3. Certificado do expediente académico.
  4. Curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
  5. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera outro tipo de actividade remunerada durante o tempo de disfrute da bolsa.

Os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en todo aquilo que lle sexa de aplicación.

QUINTA.—ORDENACIÓN, INSTRUCCIÓN E RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO

O departamento de turismo do O.A.L. Turismo Rías Baixas será o órgano encargado da instrución do procedemento de concesión das bolsas. A avaliación das mesmas realizarase pola comisión de valoración á que se refire a base sexta.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicarase no taboleiro de anuncios do O.A.L. Turismo Rías Baixas e na páxina web (www.riasbaixas.depo.es) a relación de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión, neste último caso, dos motivos de exclusión. Os solicitantes excluídos ou omitidos poderán presentar alegacións no prazo de dez días, a contar dende o seguinte á publicación.
A comisión de valoración puntuará os méritos alegados polos candidatos conforme ao baremo previsto nas bases.
A comisión de valoración formulará proposta de concesión das subvencións ao Presidente Executivo, segundo a avaliación realizada. A proposta de resolución conterá unha prelación coa puntuación obtida por cada aspirante admitido, indicando, tanto os aspirantes que acadaron a maior puntuación e, polo tanto se propoñen como beneficiarios das bolsas, como a prelación dos restantes admitidos, que conformarán unha lista de espera aos efectos das renuncias e baixas que se poidan producir, ou ante a necesidade de novas incorporacións.
O prazo de resolución do expediente será de tres meses, como máximo, contados dende o último día de prazo de presentación das solicitudes. O órgano competente para conceder ou denegar as bolsas será o Presidente Executivo. Transcorrido o prazo de tres meses sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a petición.
A resolución publicarase no prazo de dez días dende a súa data, de acordo co previsto no artigo 59.6 b) da lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
A resolución esgota a vía administrativa e, contra a mesma, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o Presidente do O.A.L. Turismo Rías Baixas no prazo dun mes a contar dende o día seguinte á notificación ou ben, recurso contencioso - administrativo ante o Xulgado do Contencioso -Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses dende o día seguinte á notificación, de acordo cos artigos 116 da lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 8.1 e 46 da lei 29/1998 de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
Os beneficiarios das bolsas deberán comunicar ao O.A.L. Turismo Rías Baixas a aceptación ou renuncia da bolsa no prazo de tres días hábiles. Transcorrido este prazo, se non existe comunicación expresa, entenderase que renuncia á bolsa, que será concedida ao seguinte aspirante por orde de puntuación.
Unha vez aceptada a bolsa, o beneficiario soamente poderá renunciar a ela de forma xustificada e deberá comunicar este feito ao O.A.L. Turismo Rías Baixas cunha antelación mínima de quince días.
No caso de renuncia dalgún beneficiario ou de resultar necesario para o Servizo a incorporación de novos bolseiros, poderán concederse novas bolsas aos aspirantes que formen parte da lista de reserva e segundo a orde de prelación establecida, sen perxuizo da aprobación dunha nova convocatoria pública de bolsas de colaboración.

SEXTA.—COMISIÓN DE VALORACIÓN

Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase una comisión de valoración, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: O Presidente do O.A.L. Turismo Rías Baixas – Deputación de Pontevedra, ou Deputado en quen delegue.
  • Secretario: O Secretario do O.A.L. Turismo Rías Baixas ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.
  • Vogais:
    O Interventor do O.A.L. Turismo Rías Baixas ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.
    O coordinador do O.A.L. Turismo Rías Baixas ou técnico en quen delegue.
    Un Técnico do O.A.L. Turismo Rías Baixas

Todos os membros terán voz e voto.
A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

SÉTIMA.—CRITERIOS DE CONCESIÓN DAS BOLSAS

A selección dos beneficiarios efectuarase en función dos resultados dos criterios de valoración, que se desenvolverán en tres fases:

  1. Avaliación de méritos
  2. Proba escrita sobre o coñecemento da provincia de Pontevedra
  3. Entrevista persoal

Primeiro.—Para a avaliación de méritos, que se publicará na páxina web e no taboleiro de anuncios do O.A.L. Turismo Rías Baixas, e que deberán ser debidamente acreditados polo aspirante, terase en conta o seguinte baremo:

  • Méritos académicos - ata un máximo de 4 puntos
    Os aspirantes ás bolsas deberán presentar un certificado do expediente académico coa nota media obtida.
  • Expediente académico dos Diplomados e Graduados en Turismo, tendo en conta a nota media:
    • Matrícula de honra: 4 puntos
    • Sobresaínte (9,0 -10): 3 puntos
    • Notable (7,0 – 8,9): 2 puntos
    • Aprobado (5,0 – 6,9): 1 punto
  • Expediente académico para os Técnicos Superiores de Información e Comercialización Turística, tendo en conta a nota media:
    • Matrícula de honra: 2 puntos
    • Sobresaínte (9,0 -10): 1,5 puntos
    • Notable (7,0 – 8,9): 1 puntos
    • Aprobado (5,0 – 6,9): 0,5 puntos
  • Cursos de Formación: Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento impartidos en Centros Oficiais, Universidades, Colexios Oficiais ou Escolas de Administración Pública relacionadas coas materias obxecto desta convocatoria – ata un máximo de 3 puntos.
    Master ou Postgrado (relacionado co sector turístico) : 1 punto
    DURACIÓN/HORASPUNTOS
    100 ou máis horas0.25 puntos
    De 60 a 99 horas0.20 puntos
    De 30 a 59 horas0.15 puntos
    De 10 a 29 horas0.10 puntos
    9 ou menos horas0.05 puntos
    DURACIÓN/HORASPUNTOS
    10 ou máis créditos0.25 puntos
    De 6 a 9 créditos0.20 puntos
    De 3 a 5 créditos0.15 puntos
    De 1 a 5 créditos0.10 puntos

No suposto de que non se acredite a duración dos cursos, serán valorados a razón de 0.05 puntos.

  • Coñecemento de idiomas estranxeiros – ata un máximo de 2,50 puntos e serán computables un máximo de dous idiomas, a razón de un máximo de 1,25 puntos cada idioma.
    No caso de que os cursos de idiomas sexan valorados polo número de horas, aplicarase o baremo dos cursos.
    No caso de que os cursos de idiomas sexan dunha Escola Oficial o baremo será o seguinte:
    Nivel BásicoNivel Medio Nivel Avanzado
    0.75 puntos1 punto1,25 puntos
  • Coñecemento acreditado do idioma galego: ata un máximo de 0.50 puntos (no caso de ter varios cursos terase en conta só o de maior puntuación):
    Curso de iniciación ou Celga 30.25 puntos
    Curso de Perfeccionamento ou Celga 40.50 puntos

Segunda.—A proba escrita, cuxo lugar, data e hora de celebración será anunciada na páxina web e no taboleiro de anuncios do O.A.L. Turismo Rías Baixas cunha antelación mínima de dous días, versará sobre o coñecemento da provincia de Pontevedra e os seus recursos turísticos e valorarase cun máximo de cinco puntos. Para superar esta fase os aspirantes deberán acadar unha puntuación mínima de 2,5 puntos.

Terceira.—Na entrevista persoal, cuxo lugar, data e hora de celebración será anunciada na páxina web e no taboleiro de anuncios do O.A.L. Turismo Rías Baixas cunha antelación mínima de dous días, valorarase a motivación, a facilidade de expresión, a iniciativa e o trato persoal e valorarase cun máximo de tres puntos. Para superar esta fase os aspirantes deberán acadar unha puntuación mínima de 1,5 puntos.

OITAVA.—CONDICIÓNS XERAIS

As bolsas terán unha duración de seis meses a contar dende a incorporación dos bolseiros, que poderá prorrogarse por outros seis meses ata completar o ano.
A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada.
O beneficiario da bolsa de colaboración comprometerase á realización das prácticas con plena dispoñibilidade, de acordo coas indicacións e horarios que lle sinale o técnico responsable do O.A.L. Turismo Rías Baixas, cun límite de trinta e cinco horas semanais. Todos os horarios estarán suxeitos a cambios, se as circunstancias o esixen, co límite horario mencionado.
O O.A.L. Turismo Rías Baixas adxudicará os destinos, reservándose a facultade de adscribir bolseiros/as durante o período que abrangue a bolsa a unha oficina diferente da primeira á que inicialmente se lle adscribira, se as circunstancias así o aconsellan. O O.A.L. Turismo Rías Baixas poderá indicar aos bolseiros/as que acudan á feiras de turismo, como parte da súa formación.
A condición de bolseiro/a non xerará ningún tipo de relación de carácter laboral ou contractual co Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas nin coa Deputación de Pontevedra, polo que a concesión da bolsa non dará lugar á inclusión dos beneficiarios no réxime xeral da Seguridade Social. Os beneficiarios disfrutarán unicamente dunha bolsa para a obtención de formación profesional, sen que exista relación de servizos profesionais co O.A.L. Turismo Rías Baixas e sen que a axuda económica poda entenderse como unha contraprestación dos traballos que, como prácticas, poderán realizarse.
O O.A.L. Turismo Rías Baixas subscribirá unha póliza de accidentes para os beneficiarios das bolsas durante o período de colaboración.
O bolseiro xustificará documentalmente o cumprimento de tódolos requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
O bolseiro deberá desenvolver a actividade obxecto de colaboración cuns niveis de rendemento satisfactorios, presentado os traballos e informes que determine o técnico responsable do organismo.
O bolseiro presentará no O.A.L. Turismo Rías Baixas como máximo trinta días antes da finalización da bolsa de colaboración, unha memoria explicativa das labores realizadas neste organismo, quedando supeditado ó abono da última mensualidade a presentación da mesma.
Ademais das obrigas mencionadas nos apartados anteriores, estarán suxeitos ós deberes que, con carácter xeral, se establecen no artigo 14 da lei Xeral de Subvencións. Así mesmo, os bolseiros estarán obrigados a facilitar canta información lles sexa requirida pola Administración.
No caso de renuncia dalgún bolseiro, sempre por causa xustificada, esta deberá ser comunicada por escrito cunha antelación mínima de quince días.

NOVENA.—CESE NAS PRÁCTICAS E REINTEGRO DA BOLSA

Nos casos previstos no artigo 37 da lXS, así como en caso de incumprimento grave das obrigas derivadas da concesión da bolsa, procederá o cese nas prácticas e o reintegro das cantidades totais percibidas máis os xuros de demora devengados dende o momento de pagamento da bolsa ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro.
En particular, considéranse incumprimentos graves os seguintes:

  1. O incumprimento das obrigas do beneficiario derivadas das condicións xerais previstas na base oitava.
  2. A non realización das actividades determinadas polo técnico de turismo responsable cun nivel de adicación satisfactorio.
  3. As fallas de puntualidade ou de asistencia reiteradas e non xustificadas.

DÉCIMA.—INTERPRETACIÓN DAS BASES

Tódalas dúbidas que puideran xurdir sobre a interpretación das bases serán resoltas pola Comisión de Valoración.

DÉCIMA PRIMEIRA.—RÉXIME XURÍDICO

Para o non previsto nestas bases, rexerá o disposto nas Bases de Execución do Orzamento do O.A.L. Turismo Rías Baixas e da Deputación de Pontevedra para o ano 2012, na lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e na lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común, así como, a demais normativa de pertinente aplicación.

Pontevedra, 5 de setembro de 2011
O PRESIDENTE
José Manuel Figueroa
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 25/10/2011, número 205, páxina 27, anuncio 2011010203.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 05/12/2011 10:53
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/