[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

PADROADO PROVINCIAL
DE TURISMO RÍAS BAIXAS

BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE BOLSAS DE ESTUDIOS OU BECAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS EN OFICINAS DE TURISMO DURANTE O ANO 2004.

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
A concesión polo Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas" de bolsas de estudios ou becas para a realización de prácticas nas Oficinas Municipais ou Mancomunadas de Turismo durante o ano 2004, con cargo á consignación de 125.000,00 euros da partida 04/875.751.462.03, sen que esta poida sobrepasarse.

2.— BENEFICIARIOS
Unicamente poderán disfrutar das bolsas de estudios ou becas os diplomados/as ou titulados/as en Turismo ou ben estudiantes de Turismo.

A condición de becario/a ou bolsista non xerará ningunha relación laboral ou administrativa nin a súa inclusión na Seguridade Social.

3.— PETICIONARIOS
Serán tódolos Concellos e Mancomunidades da provincia que teñan Oficina Municipal ou Mancomunada de Turismo aberta ó público.

Excepcionalmente e a petición dos interesados, poderán ser concedidas bolsas ou becas para realizar prácticas en entidades ou corporacións sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades relacionadas co Turismo, durante o período e a contía que acorde a Xunta Rectora do Padroado.

4.— CONTÍA
Cada bolsa ou beca terá unha contía de 750 euros ó mes, a percibir por parte da entidade peticionaria unha vez finalizado o período de prácticas. Sen embargo, o Concello ou mancomunidade deberá facer pagos mensuais o/a becario/a.

5.— PERÍODO
As bolsas ou becas concédense para realizar prácticas nas Oficinas Municipais ou Mancomunadas de Turismo durante un período máximo de seis meses, quedando a elección do Concello ou Mancomunidade o establecemento dese período nos meses que desexe e o número de meses que pretenda contar coa beca ou bolsa.

Este período non terá por que ser continuo decidindo a entidade solicitante se prefire facelo continuo ou ben descontinuo, adaptándollo ás necesidades dos diferentes eventos que teñan lugar nos Concellos. Non obstante, na solicitude das becas deberán indicarse os diferentes períodos de traballo.

A Xunta Rectora do Padroado decidirá o período máximo para o que se concederá a bolsa ou beca.

6.— SOLICITUDES
Os Concellos ou Mancomunidades peticionarias solicitarano mediante escrito dirixido ó Presidente do Padroado Provincial de Turismo "Rías Baixas", indicando se solicitan un ou máis becarios/as e período no que realizarán as prácticas, sen que este poida ser superior a seis meses.

7.— PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de marzo de 2004.

8.— SELECCIÓN DE BECARIOS/AS
Unha vez comunicada polo Padroado a concesión de bolsas ou becas, a selección dos/as becarios/as efectuarase pola entidade peticionaria entre titulados/as ou diplomados/as de Turismo, comunicándose ó Padroado os nomes, titulación ou acreditación de ser profesional ou estudiante de Turismo, requisito sen o cal non será aboada ningunha beca ou bolsa.

9.— ABOO DAS BECAS
O aboo da contía total das becas correspondentes a cada Concello ou Mancomunidade efectuarase unha vez finalizado o período de prácticas e trala remisión ás Oficinas do Padroado do correspondente certificado do Secretario ou Interventor do Concello ou Mancomunidade.

Na devandita certificación deberá indicarse que se realizaron as prácticas correspondentes e fixéronse os pagos mensuais ós/ás becarios/as, e a cuantía dos mesmos, así como a conta bancaria do Concello con número completo (vinte díxitos) para realiza-lo ingreso, o período de prácticas realizado e nome dos/as becarios/as.

10.— OBRIGA DA ENTIDADE PETICIONARIA
A concesión de becas leva aparellada a obriga por parte da entidade peticionaria de custear outras tantas o seu exclusivo cargo, durante igual período.

11.— INFORMACIÓN
Nas oficinas do Padroado Provincial de Turismo “Rías Baixas” na Avda. Montero Ríos, s/n, teléfono 986 84 26 90 ou fax 986 86 87 50.



Pontevedra, 1 de marzo de 2004.—



O SECRETARIO-ADMINISTRADOR





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 05/03/04, número 45, páxina 11, anuncio 2004001812.
Modificacións no Boletín Oficial da Provincia o 15/03/04, número 51, páxina 56, anuncio 2004002088.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/03/2004 08:08
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/