[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 21 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Símbolos da Deputación: escudo e bandeira
Ordenanzas
Ordenanzas 2003
Ordenanzas 2004
Ordenanzas 2005
Ordenanzas 2006
Ordenanzas 2007
Ordenanzas 2008
Ordenanzas 2009
Ordenanzas 2010
Ordenanzas 2011
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Partidos xudiciais
Teléfono de contacto

ORDENANZAS 2009 

Prezo público polos servizos que se prestan na gardería da Cidade Infantil
“Príncipe Felipe”

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 24 de outubro de 2007, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 41 a 47 e 148 e concordantes do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do acordo de delegación do Pleno na Xunta de Goberno para fixar e modificar os prezos públicos, e de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acordou por unanimidade establecer e regular o prezo público polos servizos que se prestan na gardería da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, quedando este co seguinte contido literal:

PRIMEIRO. NATUREZA E CONTIDO

De conformidade co disposto no artigo 148 e en relación co 41, ambos os dous do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, esta Deputación establece o prezo público pola prestación de servizos na gardería da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, cuxo detalle figura nos pregos de cláusulas e no regulamento de réxime interno e que se rexerá polo presente acordo regulador.

SEGUNDO. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

Están obrigados a pagaren este prezo público, os pais ou quen exerza a patria potestade sobre os nenos ós que se lles prestan os servizos na gardería da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”.

TERCEIRO. CONTÍA

A estrutura e a contía deste prezo público serán as que figuran no Anexo I.

CUARTO. OBRIGA E MODO DE PAGAMENTO

  1. A liquidación e o cobramento das contías, deste prezo público, efectuaraas a empresa concesionaria e materializaranse nos lugares e seguindo os procedementos que esta sinale. Ditos procedementos deberán ser o máis sinxelos para os obrigados ó pagamento.
  2. A obriga de pagamento do prezo público regulado neste acordo nace dende o momento no que se produza a alta na gardería.
  3. O pagamento da cota realizarase mensualmente nos primeiros dez días naturais do mes ó que correspondan.
  4. Se o ingreso no centro se produce con posterioridade ó primeiro día do mes, a cota correspondente a dito mes ingresarase nos dez días naturais seguintes á data de ingreso.
  5. No caso de que se utilicen outros servizos, coma o de comedor por días soltos, realizarase o pagamento deste/s servizo/s ben no mesmo día ou ben coa cota da mensualidade seguinte.
  6. No caso de baixa no centro en día distinto o derradeiro do mes, deberanse pagar as cotas pendentes polos servizos complementarios utilizados o derradeiro día de permanenza no centro.
  7. No caso de que se produza a baixa pola vía de feito quedando pendente de pagamento algunha débeda, esta poderase esixir pola vía de prema a través dos servizos de recadación da Deputación (ORAL).

QUINTO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As altas e as baixas decidiraas a Comisión de Baremos do centro, de conformidade cos criterios que establece o Decreto 70/2002, de 28 de febreiro, ou a normativa que no futuro o substitúa.
  2. As altas e as baixas que autorice a Comisión de Baremos comunicaranse á empresa concesionaria para que proceda, entre outras accións, a confeccionar as listas de cobramento mensuais.
  3. A falta de pagamento de dúas mensualidades consecutivas ou tres alternas orixinará abaixa automática no centro, sendo suficiente que a dirección da empresa concesionario llo comunique á Comisión de Baremos.
  4. A empresa concesionaria deberá remitir información á administración da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, nos primeiros cinco días de cada mes, da lista de cobramentos mensuais mais das cotas recadas ou pendentes de recadar por altas ou por baixas.
  5. Os obrigados ó pagamento, ós que se refire o artigo 2, non terán a obriga de aboar a cota durante os períodos seguintes:
    1. Durante o mes de vacacións.
    2. Cando a gardería peche por calquera outro motivo por un período superior a 15 días.
    3. Cando por causa debidamente xustificada o/a neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro. Neste caso, as cotas correspondentes a partir do primeiro día do segundo mes natural seguinte á data de ausenza do centro ata o día no que se produza a reincorporación a este non estarán suxeitas a pagamento. No prazo dos dez días seguintes ó do reingreso deberase aboar a cota correspondente a ese mes en función dos días de permanenza neste.

    A solicitude de suspensión da cota mensual, xunto coa xustificación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante a Comisión de Baremos para que resolva sobre a procedenza da suspensión. No suposto de denegación da suspensión, o suxeito obrigado ó pagamento deberá ingresar as cotas atrasadas no prazo dos dez días seguintes á data de recepción da notificación da resolución denegatoria.

  6. As baixas dos usuarios deberán notificarse á dirección da gardería cun prazo de quince días de antelación como mínimo.

DISPOSICIÓN FINAL

O establecemento e a regulación deste prezo público aprobounos a Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 24 de outubro de 2007, e entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 15/02/2008 12:38
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/