[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 18 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2 3
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

Deputación de Pontevedra

convocatoria e bases dunha bolsa de licenciado en Ciencias Biolóxicas, Enxeñeiro de Montes ou Enxeñeiro Agrónomo con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro

Bases | Formulario de solicitude | Corrección de erros
Corrección de erros | Lista de admitidos e data da entrevista
Orde da entrevista | Aspirante seleccionado

Bases

A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 3 de febreiro de 2012, acorda aprobar a convocatoria e bases dunha bolsa de licenciado en Ciencias Biolóxicas, Enxeñeiro Técnico Superior de Montes ou Enxeñeiro Técnico Superior Agrónomo con destino á Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Ditas bases son como seguen:

CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE INVESTIGACIÓN PARA A SECCIÓN DE BIOLOXÍA MOLECULAR DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO, DESTINADA A LICENCIADOS/AS UNIVERSITARIOS/AS EN CIENCIAS BIOLÓXICAS, ENXEÑEIRO TÉCNICO SUPERIOR DE MONTES OU ENXEÑEIRO TÉCNICO SUPERIOR AGRÓNOMO, EN REXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA.

De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigo 105 da Lei 5/1997 da Administración Local de Galicia, RESOLVO convocar unha bolsa de Licenciado con destino a Sección de Bioloxía Molecular do referido Centro, consonte as seguintes

B A S E S

PRIMEIRA.—OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que se ha de seguir para a concesión en réxime de concurrencia competitiva e por concurso de méritos dunha bolsa, que ten por obxecto a realización de tarefas de diagnóstico fitopatolóxico, mediante técnicas de bioloxía molecular, na Sección de Bioloxía Molecular da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

SEGUNDA.—CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderá ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de Licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, Enxeñeiro Técnico Superior de Montes ou Enxeñeiro Técnico Superior Agrónomo ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa.

TERCEIRA.—DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200 €/mes por beneficiario/a, que se imputará á aplicación orzamentaria 413.413.481.01. O pagamento da bolsa ó beneficiarios realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da mesma para os casos nos que o bolseiro/a inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce da bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión.

CUARTA.—PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • 4.1.—As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ao IlmoSr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Á instancia achegarase a seguinte documentación:
    1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
    2. Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
    3. Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa deste.
    4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa.
    5. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre.
  • 4.2.—En canto á presentación das solicitudes, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula, os/as solicitantes estarán ao disposto no artigo 23, apartados 3,4 e 5 da Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, en todo aquilo que lles sexa de aplicación.

QUINTA.—COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais:
    • Un deputado provincial, ou persoa en quen delegue.
    • O Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica ou persoa en quen delegue.
    • Un funcionario Técnico Superior pertencente a Deputación de Pontevedra.
  • Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

SEXTA.—SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A
A selección do bolseiro efectuarase conforme o seguinte:

B A R E M O

  1. Expediente académico: Ata un máximo de 2 puntos. No caso de que no expediente académico non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.D. 1497/1987, modificado polo R.D. 1267/1994, será valorado con 0,00 (cero puntos).
  2. Entrevista: Ata un máximo de 3 puntos. Manterase, con cada un dos aspirantes, unha Entrevista Persoal, relacionada co obxecto da bolsa.

SÉTIMA.—RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporalle á Comisión de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ao aspirante que considere máis idóneo e que acadara a máxima puntuación de acordo có baremo especificado na cláusula sexta das presentes Bases.O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial.

OITAVA.—CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. A bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o/a adxudicatario/a comezara o seu desempeño na Estación Fitopatolóxica do Areeiro e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro (4) anos de existir dotación orzamentaria, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e acordo da Xunta de Goberno.
  2. A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. O beneficiario/a da bolsa comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo.
  5. A Comisión poderá convocar aos solicitantes para aclaracións que teñan relación cos seus currículums. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

NOVENA.—DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ao da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación.

DÉCIMA.—INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases.

UNDÉCIMA.—RÉXIME XURÍDICO
A convocatoria da bolsa e a selección do bolseiro/a así como a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitarase ao previsto nas presentes Bases, e ademais, ao disposto na Lei Xeral de Subvencións ( Lei 38/2003 de 17 de novembro) e na Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999.



Boletín Oficial da Provincia, data 17/02/12, número 34, páxina 9, anuncio 2012001617.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/04/2012 14:52
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/