[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 18 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Deportes
Páxina Principal
Servizos
Deportes
Subvencións
Convenios
Festa do Deporte Provincial
Festa da Bicicleta
Escolas deportivas
2009/2010
2010/2011
Trofeos Deputación de Pontevedra

DEPORTES 

Deputación de Pontevedra

PROGRAMA DEPORTIVO ÚNETE Á VOLTA

O Presidente desta Deputación Provincial, mediante resolución Presidencial número 2545, data 5 de marzo de 2012 aprobou as seguintes directrices:

“PROGRAMA DEPORTIVO “ÚNETE Á VOLTA”

A Deputación Provincial de Pontevedra, no seu afán de fomentar o deporte popular aberto a todos os cidadáns que o desexen, con motivo do percorrido da volta a España pola nosa provincia, vai a celebrar, en colaboración cos concellos, un amplio programa de actividades deportivas para a maior promoción e difusión do deporte do ciclismo.

A programación de ditas actividades, rexerase polas seguintes

DIRECTRICES

O programa “Únete a volta” ten por obxecto realizar marchas ciclistas populares en todos aqueles concellos que desexen adherirse, os cales deberán cumprir ós seguintes requisitos:

  1. A sinalización do percorrido.
  2. A idade mínima de participación será de 8 anos.
  3. O Concello sinalará a data para a súa celebración, que deberá ser durante a fin de semana (sábado: xornada de mañán ou tarde; domingo: xornada de mañán) e o percorrido a efectuar (indicando o lugar de concentración para a saída e a chegada, encargándose da orde coa Policía Municipal, servizos da Cruz Vermella, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico).
  4. A Diputación resérvase o dereito de modificar as datas propostas polos concellos, en función das necesidades organizativas do evento.
  5. Primaránse aquelas propostas dos concellos para a realización conxunta de marchas ciclistas.
  6. A realización destas marchas ciclistas celebraránse nos períodos comprendidos entre o 20 de abril ao 30 xuño, e do 1 de setembro ao 31 de outubro.
  7. Os concellos realizarán as solicitudes de acordo co establecido no art. 2 no anexo II do R.d. 1428/2003, de 21 de novembro (BOE núm. 306, de 23/12/03), polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación, en particular o referente a “probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos”.
  8. A concesión da proba obriga ós concellos a informar e dar a adecuada difusión pública do evento deportivo, así como anunciar o patrocinio deste organismo provincial.

Os concellos interesados solicitarán a proba mediante un escrito presentado no rexistro xeral desta Deputación ata o 15 abril de 2012, achegando o compromiso formal de que, no suposto de seren aprobada, cumprirán e garantirán o sinalado nestas bases.”

Pontevedra, 6 de marzo de 2012


Boletín Oficial da Provincia, data 09/03/12, número 49, páxina 4, anuncio 2012002329.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/03/2012 10:46
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/