[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 23 DE NOVEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Webs temáticas » O Castelo de Soutomaior
Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8
O CASTELO DE SOUTOMAIOR 







XARDÍNS

A “finca” do castelo de Soutomaior comprende 25 hectáreas de terreo que ó longo da súa historia se foron destinando a distintos usos. A orixe do parque e dos xardíns arranca de finais do século XIX, cando os seus propietarios, os marqueses de la Vega y Armijo, deciden transformar o castelo nunha casa de veraneo.

En 1982, a Deputación Provincial de Pontevedra adquire a propiedade e en cinco anos leva a cabo a rehabilitación das edificacións e do parque. Desde o momento que empeza a rehabilitación o predio convértese nun xardín aberto ó público.

[Prema (click) para ampliar a imaxe]
[Prema (click) para ampliar a imaxe]

A institución provincial, desde hai tempo implicada no desenvolvemento e cultivo da camelia, quixo crear a súa propia colección, que se pode apreciar nos arredores do castelo, unha das máis representativas e coñecidas especies e variedades que se foi formando en tres etapas. Unha primeira fase inicial, á que corresponde a compra do castelo, época na que o xardín contaba con 19 exemplares de camelia japonica, das máis antigas de Galicia; a segunda empeza en 1986, data na que se incorporan novos exemplares, adquiridos en viveiros galegos e estranxeiros de Francia, Inglaterra, California e Nova Zelanda ou procedentes de diversas doazóns feitas por particulares; na terceira engádense cultivos de especial interese pola súa singularidade pero aumentando cada ano un número reducido de camelias.

Os labores emprendidos durante estes tres períodos deron como resultado a colección da Deputación con 500 camelias, das cales 230 están no predio do castelo.

Préstaselles unha atención continuada ás plantas, concretamente unha vez por semana en épocas de especial interese e cada quince días o resto do ano para que así manteñan un perfecto estado fisiolóxico e sanitario.



Fotografía: Anxo Rial / ArteXphoto

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 [5] 6 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/05/2011 22:18
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/