[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 27 DE MAIO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Webs temáticas » O Castelo de Soutomaior
Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8
O CASTELO DE SOUTOMAIOR 







[Prema (click) para ampliar a imaxe]

PREDIO FORESTAL

O predio forestal, cun solo menos fértil có do resto do castelo e pouco profundo, é a zona de maior extensión e a máis montuosa. Na parte máis alta do predio sitúase a capela de San Caetano, pequena edificación relixiosa á que se accede por unha pista, cunha superficie arredor na que se atopan arbustos ornamentais. Entre a capela e o parque localízase unha extensión cunha pendente pronunciada, caracterizada por ter un terreo pedregoso, que acolle unha matogueira con diversas árbores. Outra das zonas desta pista forestal é o souto de castiñeiros, situado na parte superior do predio, cunhas árbores duns 20 anos.

O bosque de carballos, piñeiros e eucaliptos está noutro lado do Regueiro das Afreitas, cun terreo pendente e pobre. Co proceso que se está a levar a cabo para eliminar a vexetación non autóctona conseguirase que os carballos recuperen o seu espacio.

As ripisilvas son os restos do bosque ripario situado entre as marxes dos dous regatos chamados Porta Cadeira e Regueiro das Afreitas, constituídos por bidueiros, salgueiros, loureiros, etc.

A Xunta de Galicia publicou recentemente o libro Árboles Monumentales en el Patrimonio Cultural de Galicia, no que 11 das especies botánicas do castelo de Soutomaior se atopan entre as árbores con esta denominación.

  • Almez
  • Araucaria araucana
  • Araucaria excelsa
  • Camecíparis de Lawson
  • Camelia japonica
  • Castiñeiros
  • Criptomeria
  • Douglasias verdes
  • Eucalipto cinereo
  • Glorieta de plátanos de sombra
  • Secuoya vermella




Fotografía: Anxo Rial / ArteXphoto

Páxina Seguinte Páxina 1 2 3 4 5 [6] 7 8

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/05/2011 22:18
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/