[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 18 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2 3 4
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

BASES PARA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA PARA O ACONDICIONAMENTO DE VIVENDAS. ANO 2004.

A Deputación de Pontevedra, preocupada polos graves problemas sociais que se dan na nosa sociedade, quere contribuir un ano máis á resolución dos mesmos, convocando con este fin axudas de Emerxencia Social para o acondicionamento de vivendas, arbitrando unha fórmula de colaboración entre a Deputación e os Concellos da Provincia que permita apoiar ás familias afectadas por este problema. Dita fórmula pretende acadar basicamente tres obxectivos:

  1. Detecta-las necesidades en materia de vivenda a nivel da provincia.
  2. Unificar criterios á hora de valora-las solicitudes e
  3. Sumar esforzos a fin de incrementa-las axudas.
BASES DA CONVOCATORIA

1.— PRESUPOSTO
A cantidade consignada para este fin na Partida 04/313.313.780.01 do Presuposto ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 270.000,00 euros.

2.— DESTINATARIOS
Os Concellos da Provincia que acorden asumi-las Bases da presente convocatoria como beneficiarios e entidades colaboradoras. Para os Concellos que teñan menos de 20.000 habitantes, destinaranse inicialmente 212.526,00 euros e para os que teñan de 20.000 en diante 57.474,00 euros. No suposto de existir sobrantes poderá ser destinado ós Concellos que o soliciten con independencia do seu número de habitantes.

3.— REQUISITOS

  1. Dos Concellos

    Os Concellos interesados en beneficiarse das axudas desta convocatoria deberán aportar unha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a achega inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios:

    CONCELLOS/
    Nº HABITANTES
    ACHEGA INICIAL
    MÁXIMA DA DEPUTACIÓN
    ACHEGA CONCELLO
    De menos de 5.0003.725,00 €30% = 1.117,50 €
    De 5.001 a 10.0003.921,00 €40% = 1.568,40 €
    De 10.001 a 20.0004.333,00 €50% = 2.166,50 €
    De 20.001 a 50.0007.000,00 €70% = 4.900,00 €
    De máis de 50.0007.000,00 €100% = 7.000,00 €

    As solicitudes resolveranse a partir da achega inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de que non esgotase o presuposto total da convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior achega (sempre será a porcentaxe establecida anteriormente sobre a achega que faga a Deputación) e así o fixeran constar no acordo remitido á Deputación, seleccionándose aquelas solicitudes que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo Anexo 2.

  2. Dos beneficiarios das axudas

    Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia e que reúnan os seguintes requisitos:

    1. Que a vivenda para a que se solicita a axuda (primeira vivenda) sexa propiedade do solicitante e do seu cónxuxe ou parella, dos pais dos mesmos cando formen unha unidade de convivencia, ou cando exista un contrato de usufructo en favor dos solicitantes
    2. Que a vivenda non reúna condicións de habitabilidade por falta ou deterioro da instalación eléctrica, auga, servicios hixiénicos, fosa séptica, malas condicións da cubertura ou necesidade doutras reformas interiores.
    3. Non ter dereito a outras axudas oficiais establecidas para o mesmo fin, salvo que se acorde establecela como complementaria.
    4. Que os seus ingresos se axusten ó baremo recollido no apartado 3 destas Bases.
    5. Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento de créditos bancarios hipotecarios da vivenda obxecto da axuda
  3. Dos Ingresos da Unidade Familiar

    Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo, tendo en conta os seus ingresos por tódolos conceptos durante o ano 2003. No caso de que a súa situación se encontre incluída no mesmo, haberá que segui-las indicacións dos apartados I/ (ingresos da unidade familiar) e II ( ingresos da unidade de convivencia) do anexo 2 para avalia-la situación económica posteriormente. Se supera este baremo non terá dereito a axuda:

    Nº DE MEMBROS
    DA FAMILIA
    INGRESOS NETOS ANUAISINGRESOS NETOS
    MEDIOS MENSUAIS
    Familias de 2 membrosata 6.316,80526,40 euros/mes
    Familias de 3 membrosata 7.396,80616,40 euros/mes
    Familias de 4 membrosata 8.476,80706,40 euros/mes
    Familias de 5 membrosata 9.556,80796,40 euros/mes
    Familias de 6 membrosata 10.636,80886,40 euros/mes
    Familias de 7 membrosata 11.716,80976,40 euros/mes
    Familias de 8 membrosata 12.796,801.066,40 euros/mes
    Familias de 9 membrosata 13.876,801.156,40 euros/mes

    Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección dos fillos solteiros do solicitante menores de vinteséis anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria.

    Considérase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluída a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio.

    A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestacións, rendas, rendementos por actividades profesionais.

  4. Valoración das solicitudes

    Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, as situacións que se valorarán serán as seguintes: número de membros que compoñen a unidade familiar e características dos mesmos, ingresos da unidade familar, ingresos da unidade de convivencia, características da vivenda e problemática social, puntuándose estes datos segundo baremo establecido que se fará chegar ós Traballadores Sociais dos Servicios Sociais de Atención Primaria

    No caso de que o número das solicitudes que reúnan os requisitos esixidos supere o importe destinado ás mesmas, darase prioridade ás daquelas familias que obteñan unha maior puntuación con independencia do concello ó que pertenzan.

4.— CONTÍA DAS AXUDAS
A contía máxima inicial das axudas (Deputación máis Concello), segundo o tipo da obra e o fin ó que van destinadas, establécense de acordo cos seguintes criterios:

  • Para instalación de fosa séptica ata un máximo de 1.500,00 €.
  • Para reforma de/ou instalación eléctrica ata un máximo de 1.000,00 €.
  • Para cuarto de aseo ata un máximo de 3.000,00 €, incluídas instalacións.
  • Outras reformas interiores ata un máximo de 3.000,00 €.
  • Para melloras de cuberta e para outras obras ata un máximo de 3.725,00 €, por cada un destes conceptos, no caso de que o concello non participe no programa cunha maior achega á establecida inicialmente (base 3, apartado 1), e no caso de que o faga, a contía que lle corresponda (segundo a porcentaxe establecida en función do número de habitantes do Concello), sobre a axuda da Deputación.

A cantidade que recibirá o solicitante será a suma da axuda da Deputación maila que lle corresponde ó Concello (% determinado sobre a axuda da Deputación).

5.— TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS

  1. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrucción ó Servicio de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  2. O prazo máximo para resolver e notifica-la resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, podendo ampliarse por tres meses máis, se as circunstancias o aconsellan e non se causa prexuízo a terceiros, segundo dispón o artigo 49 da Lei 30/92 de 26 de novembro do Procedemento Administrativo. Contra a Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de reposición no prazo dun mes perante a Xunta de Goberno, ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado correspondente de Pontevedra, segundo dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/92 de 26 de novembro e artigo 46 da Lei 29/98 de 23 de xullo do contencioso-administrativo. Transcorrido o prazo citado sen notificarse a resolución da solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo.
  3. Os Concellos interesados en participar nesta convocatoria terán que remitir á Deputación ata o 31 de maio inclusive os seguintes documentos:
    1. Certificación do acordo do Pleno, Xunta de Goberno ou Decreto da Alcaldía facendo constar expresamente:
      1. A aceptación das presentes Bases, especificando ademais a cantidade que está disposto a aportar (a sinalada na Base 3ª, apartado 1, ou por encima dela, concretando neste caso a mesma), cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no mesmo apartado sobre a da Deputación.
      2. Proposta da resolución de axudas especificando os conceptos e as contías totais aprobadas (axuda da Deputación e a do Concello) para cada un deles.
    2. Proxecto económico segundo Anexo 1:
      A certificación do acordo remitida polos Concellos á Deputación deberá ir acompañada exclusivamente dos seguintes documentos:
      1. Fotocopia da solicitude
      2. Informe social individual, Anexo 3, emitido pola Traballadora Social de Atención Primaria, no que se faga constar con amplitude no apartado da proposta os motivos que xustifican a concesión da axuda.
      3. Presuposto das obras.
  4. As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente convocatoria no prazo sinalado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente.
  5. As propostas dos Concellos serán resoltas pola Xunta de Goberno previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.

6.— PUBLICIDADE
En toda publicidade que elabore o Concello sobre a presente convocatoria deberá facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social.

7.— PAGAMENTO
Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos, estes xustificarán a obra nun prazo máximo de tres meses dende o seu remate e como máximo ata o 15 de decembro, cos seguintes documentos:

  1. Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas detallando material, prezo unitario, traballos por administración (man de obra).
  2. Informe do Técnico municipal correspondente.
  3. Declaración de percibir ou non outras axudas para o mesmo fin.

Con carácter excepcional e por resolución motivada, poderá autorizarse un anticipo ata o 50% nos casos que teñan que efectuarse pagos inmediatos.

O pagamento efectuarase por transferencia ó Concello.

8.— REINTEGRO
No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases da presente convocatoria, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión.

Os catro Anexos ós que se fai referencia nestas Bases remitiranse ós Servicios Sociais de Atención Primaria de tódolos Concellos.



Pontevedra, 4 de marzo de 2004.



O PRESIDENTE O SECRETARIO





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 10/03/04, número 48, páxina 2, anuncio 2004001953.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/03/2004 08:09
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/