[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 19 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 [2] 3 4
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

BASES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, CURSO 2004-2005, CON DESTINO A FAMILIAS CON PROBLEMÁTICA SOCIO-ECONÓMICA

A Deputación de Pontevedra, co obxecto de apoiar ás familias que se atopan nunha situación carencial a nivel socioeconómico, convoca axudas para a adquisición de Libros de Texto, curso 2004-2005, colaborando cos Concellos da Provincia.

BASES DA CONVOCATORIA

1.— PRESUPOSTO
A cantidade consignada para este fin na Partida 04/313.313.462.05 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 96.100,00 euros.

2.— DESTINATARIOS
Os Concellos da Provincia que acorden acepta-las Bases da presente convocatoria.

3.— REQUISITOS

  1. Dos Concellos

    Os Concellos interesados deberán participar cunha cantidade equivalente á porcentaxe establecida sobre a achega inicial máxima da Deputación, segundo os seguintes criterios:

    CONCELLOS/
    Nº HABITANTES
    ACHEGA INICIAL
    MÁXIMA DA DEPUTACIÓN
    ACHEGA CONCELLO
    De menos de 5.0001.255,00 euros30% = 376,50 euros
    De 5.001 a 10.0001.405,00 euros40% = 562,00 euros
    De 10.001 a 20.0001.555,00 euros50% = 777,50 euros
    De 20.001 a 50.0002.455,00 euros70% = 1.718,50 euros
    De máis de 50.0013.055,00 euros100% = 3.055,00 euros

    Resolveranse as solicitudes tendo en conta a achega inicial máxima fixada pola Deputación, e no caso de que non se esgotase o presuposto total da convocatoria, o sobrante distribuirase entre os Concellos que quixeran facer unha maior achega (sempre segundo a porcentaxe establecida anteriormente segundo o número de habitantes do Concello sobre a achega que faga a Deputación) e así o fixeran constar no acordo correspondente, seleccionándose aquelas solicitudes con independencia do Concello que as presente, que obtiveran unha maior puntuación segundo baremo Anexo 2. A contía das axudas que se aproben nos Concellos serán a suma de ámbalas dúas achegas.

  2. Dos beneficiarios das axudas

    Poderán ser beneficiarias das axudas aquelas familias que estean empadroadas ou teñan residencia efectiva en calquera dos Concellos da Provincia e teñan fillos en centros sostidos con fondos públicos, e que realicen algún dos seguintes estudios:

    • Educación Infantil: Nivel A.
    • Ensinanza Primaria: Nivel B.
    • ESO: Nivel C.

    Non poderán acceder a estas axudas aqueles rapaces que cursen 6º de Educación Primaria ou aqueles cursos nos que se implante o acceso ós libros gratuitamente a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no curso 2004/05.

  3. Dos Ingresos da Unidade Familiar

    Para poder optar ás axudas é requisito indispensable que os ingresos económicos da unidade familiar se axusten ó seguinte baremo, tendo en conta os ingresos da unidade familiar no ano 2003 seguindo as indicacións do Anexo 2, apartado I/, punto 2, para avaliala e desestimándose as que o superen:

    Nº DE MEMBROS
    DA FAMILIA
    INGRESOS NETOS ANUAISINGRESOS NETOS
    MEDIOS MENSUAIS
    Familias de 2 membrosata 6.316,80526,40 euros/mes
    Familias de 3 membrosata 7.396,80616,40 euros/mes
    Familias de 4 membrosata 8.476,80706,40 euros/mes
    Familias de 5 membrosata 9.556,80796,40 euros/mes
    Familias de 6 membrosata 10.636,80886,40 euros/mes
    Familias de 7 membrosata 11.716,80976,40 euros/mes
    Familias de 8 membrosata 12.796,801.066,40 euros/mes
    Familias de 9 membrosata 13.876,801.156,40 euros/mes

    Considérase unidade familiar a formada polo pai, nai, titor ou persoa encargada da garda e protección do menor e os fillos solteiros do solicitante menores de 26 anos que convivisen no domicilio familiar ata a data da publicación da presente convocatoria, e por ingresos netos da unidade familiar os ingresos globais da unidade familiar descontando o aluguer da vivenda ou amortización da mesma, sen que estes superen 247 euros mensuais e os gastos fixos de calquera membro da mesma en razón de enfermidade ou problemática social con repercusións económicas que se deberán de xustificar e que serán estudiadas en cada caso concreto.

    Considérase unidade de convivencia a formada por tódolos membros, incluída a unidade familiar, que convive no mesmo domicilio.

    A efectos de valoración teranse en conta os ingresos de calquera procedencia: salarios, pensións contributivas e non contributivas, prestacións, rendas, rendementos por actividades profesionais, industriais, agrarias, deportivas e artísticas, tanto de carácter fixo como eventual e outras.

  4. Valoración das solicitudes

    Tendo en conta que as axudas están destinadas a familias con grave problemática socioeconómica, (non se atenderán aquelas solicitudes que só presenten problemática económica) valorándose os seguintes aspectos: ingresos da unidade familar, ingresos da unidade de convivencia, número de fillos en idade escolar e a problemática social, puntuándose cada unha delas segundo baremo que figura no Anexo 2.

4.— CONTÍA DAS AXUDAS
En función do nivel de estudios a contía das axudas será a seguinte:

Nivel A: Educación Infantil52 euros
Nivel B: Ensinanza Primaria85 euros
Nivel C: ESO120 euros

5.— TRAMITACIÓN DE EXPEDIENTES E PRAZOS

  1. Os Concellos interesados en participar nesta convocatoria remitirán á Deputación ata o 15 de xuño inclusive os seguintes documentos:
    1. Certificación do acordo do Pleno, Xunta de Goberno ou Decreto da Alcaldía no que se faga constar expresamente:
      1. A aceptación das presentes bases especificando ademais a cantidade que está disposto a aportar (a sinalada na base 3ª, apartado A ou por encima dela concretando a mesma), cantidade que sempre será a porcentaxe establecida no mesmo sobre a que aporte a Deputación.
      2. Proposta de resolución de axudas.
      3. Compromiso de exposición pública da proposta do Concello. Ó mesmo tempo do envío da certificación do acordo á Deputación, o Concello procederá a:
        1. A expoñer publicamente as axudas concedidas nas que se recollerán os seguintes datos: Nome do solicitante, DNI, nome dos nenos ós que se lle aproba a axuda, estudios que realizan e puntuación global obtida.
        2. A abrir un prazo de 10 días para reclamacións, e no caso de que houbera algunha, deberá ser remitida á Deputación para o seu estudio e resolución. De aceptarse, o Concello afectado deberá facer fronte ó pagamento da mesma.
    2. Proxecto segundo Anexo 1.
      A certificación do acordo remitida polo Concello á Deputación deberá ir acompañada exclusivamente dos seguintes documentos:
      1. Fotocopia da solicitude.
      2. Estadillo completo das solicitudes, segundo modelo Anexo 4, na que deberán quedar reflexadas por orde de prioridade en canto á puntuación obtida.
      3. Informe social individual (Anexo 3) emitido pola Traballadora Social dos Servicios Sociais de Atención Primaria, no que faga constar con amplitude no apartado da proposta os motivos que xustifican a concesión da axuda.
      4. Recibos relativos ó aluguer da vivenda ou de pago de créditos hipotecarios ou no seu caso os gastos fixos derivados de enfermidade ou problemática social dalgún membro da familia con repercusión económica que se deberán xustificar e que serán estudiados en cada caso.
  2. As solicitudes das familias presentaranse no Rexistro dos Concellos correspondentes que se adhiran ás Bases da presente convocatoria no prazo fixado por cada un deles e acompañadas dos documentos que cada Concello estime necesarios para cumprimenta-lo expediente.
  3. As propostas dos Concellos serán resoltas pola Xunta de Goberno previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.

6.— PUBLICIDADE
En toda publicidade que elabore o Concello sobre a presente convocatoria deberá facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social.

7.— PAGAMENTO
Unha vez resoltas as propostas presentadas á Deputación polos Concellos e que os seus Secretarios destes certifiquen como data máxima ata o 15 de decembro que: 1. As axudas (especificando o importe global das mesmas —achega da Deputación máis a achega do Concello—) lle foron concedidas ós rapaces nas condicións que figuran nos expedientes remitidos á Deputación e que, 2. Tódolos rapaces teñen adquirido o material escolar, a Deputación procederá a transferir a aqueles a cantidade aprobada. No caso de que se produxese algunha baixa nas axudas, esta repercutirá respectando as porcentaxes establecidas tanto na Deputación coma no Concello.

Contra esta Resolución que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes perante a Xunta de Goberno ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses no Xulgado de Pontevedra segundo dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/92 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo e o artigo 46 da Lei 29/88 de 23 de xullo do contencioso-administrativo.

8.— REINTEGRO
No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases da presente convocatoria, o beneficiario reintegrará a contía concedida, sempre que non transcorran catro anos dende a súa concesión.

Os catro Anexos ós que se fai referencia nestas Bases remitiranse ós Servicios Sociais de Atención Primaria de tódolos Concellos.



Pontevedra, 4 de marzo de 2004.



O PRESIDENTE O SECRETARIO





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 10/03/04, número 48, páxina 5, anuncio 2004001953.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/03/2004 07:29
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/