[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 19 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 2 3 [4]
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

BASES DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO QUE REPRESENTEN A COLECTIVOS QUE ESTEAN INCLUÍDOS NO ÁMBITO DOS SERVICIOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS. ANO 2004

A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, consciente dos problemas de tipo socioeducativo e formativo da poboación en xeral e especialmente daquela máis desfavorecida, convoca para o ano 2004 axudas destinadas a subvencionar actividades desenvoltas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos que estean incluídos no ámbito dos Servicios Sociais Especializados (Lei 4/1993 de 14 de abril) e que vaian dirixidas basicamente á formación de cara á súa integración social/e ou laboral, segundo as seguintes

B A S E S

1.— PRESUPOSTO
A contía consignada para este fin na Partida 04/313.313.480.02 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial ascende a 198.000,00 euros.

2.— ACTIVIDADES A SUBVENCIONAR
Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes soamente poderán ser financiadas as actividades que se desenvolvan no ano 2004 e que estean promovidas por Asociacións sen fins de lucro que representen a colectivos incluídos no ámbito dos servicios sociais especializados e que estean comprendidas nalgún dos apartados seguintes:

  1. De carácter socioeducativo e formativo.
    1. Organización de cursos para os afectados que forman a Asociación.
    2. Organización de congresos específicos para os colectivos afectados.
    3. Organización de Xornadas informativas ou divulgativas.
  2. Para a posta en marcha de fórmulas de emprego, como cooperativas ou outras formas de integración no mercado laboral.
  3. Estudios de investigación a calquera nivel sobre temas específicos dos colectivos afectados.
  4. Para Federacións de Asociacións as actividades a subvencionar serán:
    1. Organización de xornadas informativas ou divulgativas.
    2. Congresos.
    3. Estudios de investigación.
    4. Cursos de carácter supramunicipal.

Para a realización das actividades a Deputación subvencionará, a maiores, ó 100% das instalacións do Centro de A Lanzada, incluída a pernocta, en datas que estean libres. Na contía da axuda farase constar a parte correspondente á actividade e a destinada ó pago das instalacións, contía esta que a Deputación transferirá directamente ó Centro de A Lanzada. O importe da manutención sería a cargo dos interesados. Para que se poida utilizar esta fórmula as actividades han de ser intensivas (mínimo de 7,30 horas por xornada completa) e os cursos ter unha duración mínima de 30 horas e máxima de 45. Ás Federacións de Asociacións, no caso de elixir esta fórmula para a realización de cursos, poderán aprobárxelles axudas para catro cursos simultáneos dirixidos a catro grupos de persoas, sempre as mesmas por grupo e curso.

Quedan excluídas aquelas solicitudes dirixidas ó pagamento dos locais e gastos de mantemento destes cando sexan a sede habitual da Asociación, así como tamén aquelas actividades socioeducativas ou formativas que forman parte da actividade xeral da Asociación ó longo do ano.

3.— REQUISITOS E CONDICIÓNS PARA TER DEREITO ÁS AXUDAS

  1. As Asociacións desenvolverán a súa actividade na provincia de Pontevedra, e deberán estar debidamente legalizadas na Xunta.
  2. Cada Asociación só poderá presentar un proxecto que ha de conter cada un dos apartados que se sinalan no “Anexo 1". En caso da realización de cursos dirixido a un só grupo de persoas.
  3. No caso das Federacións ver a Base 2 o punto 4.
  4. Consideraranse cursos aquelas actividades formativas dirixidas a un grupo estable de persoas, como norma xeral non superior a 15, que realizarán as horas que a Asociación fai constar no proxecto.
  5. Só se subvencionarán cursos:
    1. Cun mínimo de 30 horas de duración.
    2. Que non teñan como fin actividades de desenvolvemento persoal, ou técnicas que formen na busca de emprego.
  6. No caso da posta en marcha de fórmulas de emprego teranse en conta o número de traballadoras que se contraten, grao de dificultade na súa inserción laboral e demanda do recurso.
  7. Cando se trate de estudios de investigación unha copia quedará nos arquivos da Deputación, podendo ser utilizados os datos recollidos no mesmo.
  8. En toda publicidade que se elabore deberase facer consta-la colaboración da Deputación, Área de Acción Social.
  9. Na realización dos cursos, a partir de 200 horas a contía da axuda non se verá incrementada.

4.— CONCESIÓNS

  1. Non se concederán axudas a aquelas asociacións que non tiveran a 31 de marzo xustificada ou rexeitada por escrito a actividade (ou actividades) subvencionada en anos anteriores.
  2. A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrucción ó Servicio de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  3. O prazo máximo para resolver e notifica-la resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, podendo ampliarse por tres meses máis, se as circunstancias o aconsellan e non se causa prexuízo a terceiros, segundo dispón o artigo 49 da Lei 30/92 de 26 de novembro de Procedemento Administrativo. Contra a Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de reposición no prazo dun mes perante a Xunta de Goberno, ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado correspondente de Pontevedra, segundo dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/92 de 26 de novembro e artigo 46 da Lei 29/98 de 23 de xullo do Contencioso Administrativo. Transcorrido o prazo citado sen notificarse a resolución da solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo.

5.— DOCUMENTACIÓN
As solicitudes, no modelo oficial adxunto, presentaranse no Rexistro da Deputación Provincial debidamente cumprimentadas e acompañadas dos seguintes documentos:

  1. Proxecto da actividade no que consten os epígrafes do “Anexo 1”.
  2. Se a peticionaria é unha Asociación:
    1. Fotocopia do DNI do seu representante legal e acreditación do seu cargo a través dunha certificación do secretario da entidade ou fotocopia compulsada da acta onde se recolla a composición do órgano de dirección.
    2. CIF da Asociación.
  3. As Asociacións que soliciten axudas para por en marcha algunha fórmula de emprego deberán presentar memoria explicativa da viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto empresarial feito polo/a Técnico/a Local de Emprego. No caso de non conta-lo concello con este poderá ser presentado polas Técnicas da Deputación.

De non cumprirse ditos requisitos, poderán ser rectificados segundo o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Procedemento Administrativo.

6.— PRAZOS
O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles a partires do día seguinte ó da súa publicación no BOP.

7.— CONTÍA

  1. A contía das axudas fixarase tendo en conta os seguintes criterios:
    1. O importe da subvención na realización dos cursos estará en función do número de horas e das características dos mesmos. No caso de que unha vez realizada a actividade non se cumprisen os obxectivos do curso en canto ó número de horas e características do mesmo, a contía da axuda será reducida segundo baremo establecido.
    2. As contías a subvencionar serán fixadas mediante baremo.
  2. As contías máximas a subvencionar serán:
    • Para proxectos de carácter preventivo: 2.100,00 euros.
    • Para proxectos de carácter conducente á integración social e/ou laboral dos colectivos afectados: 4.200,00 euros. Excepcionalmente e dentro desta contía, poderán atenderse actividades de carácter asistencial, ata 600,00 euros, sempre e cando estas sexan complementarias para o desenvolvemento do proxecto de formación.
    • Para a celebración de congresos: 3.000,00 euros.
    • Para a posta en marcha dalgunha fórmula de emprego: 7.200,00 euros. A axuda terá como fin a adquisición de material específico non inventariable para o desenvolvemento práctico da actividade empresarial, a formación que posibilite a autoxestión da fórmula e os gastos do persoal (non superiores ó SMI do ano 2004/persoa).
    • Para estudios de investigación: 4.200,00 euros.
    • Para Federacións de Asociacións: 4.200,00 euros.

En ningún caso a contía de axudas recibidas por tódolos conceptos poderá supera-lo custe total da actividade.

8.— PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS
As Asociacións ás que se lles conceda unha subvención quedan obrigadas a xustifica-la actividade nos tres meses seguintes á súa realización, e en todo caso, por motivos xustificados, antes do 15 de decembro de 2004, salvo situacións excepcionais de prórroga, tendo que presenta-los seguintes documentos:

  1. Facturas orixinais ou compulsadas xustificativas do gasto da actividade.
  2. Memoria da mesma ou estudio realizado debidamente asinado e selado no que consten os epígrafes recollidos no “Anexo 2".
  3. Relación de axudas públicas e/ou privadas solicitadas, concedidas ou pendentes de resolución para desenvolvemento do proxecto que se presenta, facendo consta-lo custo total da actividade realizada.

Cando a actividade consista na celebración de Cursos ou Congresos os conferenciantes ou monitores que pertenzan á Xunta Directiva da propia Asociación, non poderán percibir ningunha remuneración con cargo á subvención que se outorga.

9.— REINTEGRO DAS SUBVENCIÓNS
No caso de non cumprir total ou parcialmente o obxectivo, modifica-la finalidade para a que foi concedida a subvención sen ter recibida autorización expresa para iso ou incumprir algunha das Bases fixadas na presente convocatoria, o beneficiario deberá reintegrar a cantidade percibida á Deputación.



Pontevedra, 4 de marzo de 2004.



O PRESIDENTE O SECRETARIO





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 10/03/04, número 48, páxina 9, anuncio 2004001953.

Páxina 1 2 3 [4]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/03/2004 07:48
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/