[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 19 DE FEBREIRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2 3 4
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

BASES DE SUBVENCIÓNS A AGRUPACIÓNS E CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL INVENTARIABLE E MELLORA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Esta Deputación Provincial, consciente da importancia de fomenta-lo deporte en tódalas súas facetas e coñecedora das carencias tanto en material como en instalacións que teñen aqueles que desexan realiza-la súa práctica, establece axudas para paliar ese déficit que se rexerán polas seguintes:

B A S E S

1.— OBXECTO
A Deputación Provincial de Pontevedra concederalles axudas económicas para material deportivo inventariable e mellora de instalacións deportivas ás agrupacións e clubs deportivos sen fin de lucro no seu ámbito territorial, durante o exercicio actual, que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 04/451.452. 789.00, cunha dotación de douscentos mil euros (200.000,00 €), que poderá ser ampliada en función das dispoñibilidades. A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria.

2.— BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas tódalas agrupacións e clubs deportivos legalmente constituídos.

3.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse no modelo de instancia que se facilitará no Servicio de Cultura, Xuventude e Deportes e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación no prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e achegándolle ademais os documentos seguintes:

  1. Memoria explicativa da necesidade do material ou instalacións, asinada polo representante.
  2. Orzamento detallado asinado polo solicitante.
  3. Tarxeta de identificación fiscal.
  4. Fotocopia do DNI do representante legal.
  5. Certificado da conta bancaria ó seu nome.

Atenderanse así mesmo as peticións que non se presentaron dentro do prazo por causas debidamente xustificadas.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no artigo 70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Procedemento Administrativo, requirirase ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou achegue os documentos preceptivos, indicando que, no caso de non o facer, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites.

4.— VALORACIÓN E CONCESIÓN
Para adxudica-las axudas teranse en conta os seguintes criterios:

  1. Categoría da asociación ou club.
  2. Número de licencias federativas.
  3. Antigüidade da asociación ou club.
  4. Número de equipos en categoría base.
  5. Orzamento anual do club.
  6. Orzamento total do investimento e porcentaxe solicitada.
  7. Outras axudas solicitadas.

As propostas da concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión de Xuventude e Deportes. Non obstante, o órgano competente poderá resolver aquelas solicitudes de carácter urxente e excepcional.

Transcorridos seis meses a partir do día seguinte do remate do prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá supera-lo 100% do custo real da adquisición ou mellora.

5.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
Os beneficiarios deberán xustifica-lo investimento con facturas, recibos e demais documentos fidedignos, que reunan os requisitos legais, para efectos do IVE e de carácter xeral, no prazo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2005, quedando anulada a subvención unha vez transcorrido dito prazo.

En calquera caso non se pagará máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.

6.— DEVOLUCIÓN E REINTEGRO
As axudas concedidas deberán devolverse ou reintegrarse nos seguintes casos:

  1. Por obtelas falseando as condicións requiridas.
  2. Por non aplica-los fins para os que foi concedida.
  3. Por incumpri-lo beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases.


Pontevedra, 4 de marzo de 2004.



O PRESIDENTE O SECRETARIO





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 10/03/04, número 48, páxina 11, anuncio 2004001953.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/03/2004 08:25
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/