[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 19 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 [2] 3 4
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

BASES PARA FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES 2004

Esta Deputación Provincial de Pontevedra, no seu afán de fomenta-lo deporte popular aberto a tódolos cidadáns que o desexen, vén celebrando, en colaboración cos Concellos, actividades deportivas que, polo éxito acadado en anos anteriores, considera conveniente conservar.

A súa programación rexerase polas seguintes:

B A S E S

1.— MARCHAS POPULARES:
Consisten na realización de carreiras pedestres por tramos urbanos ou rurais nos Concellos, de conformidade cos seguintes requisitos:

  1. Poderán participar tódalas persoas maiores de 8 anos en categorías masculina e feminina.
  2. O Concello sinalará a data idónea e o percorrido, encargándose igualmente de mante-la orde coa Policía Municipal, Cruz Vermella, Protección Civil, etc.

2.— FESTAS DA BICICLETA:
Teñen por obxecto realizar marchas ciclistas populares de percorrido non superior a 10 km., podendo participar quen o desexe sen límite de idade e conforme ós seguintes requisitos:

  1. O Concello sinalará a data para a súa celebración e o percorrido a efectuar (indicando o lugar de concentración para a saída e a chegada, encargándose da orde coa Policía Municipal, servicios da Cruz Vermella, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.
  2. A concesión da proba obriga ós Concellos a informar e da-la adecuada difusión pública do evento deportivo, así como anuncia-lo patrocinio deste Organismo Provincial.

3.— Os Concellos interesados solicitarán soamente unha das probas fixadas anteriormente, mediante un escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación, ata o 30 de xuño de 2004, achegando o compromiso formal de que no suposto de ser favorecidos con algunha delas, cumprirán e garantirán o sinalado nestas bases.

4.— A concesión das probas ós peticionarios, encoméndaselle á Xunta de Goberno, tralo informe previo da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, ata esgota-la consignación presupostaria.

5.— Para a organización e control das marchas populares e festas da bicicleta procederase á correspondente adxudicación do contrato de prestación de servicios, asumindo a empresa adxudicataria os gastos de montaxe de vallas e demais requisitos necesarios para salvagarda-la seguridade dos participantes; colocación dos carteis anunciadores e publicitarios das probas, debendo ademais subscribir a correspondente póliza de seguros para evitar calquera percance que poidan sofri-los participantes.

A empresa adxudicataria organizará probas nos Concellos da provincia tal e como se establece no apartado 3) destas bases, aportando a Deputación a cantidade de setecentos cincuenta euros (750,00 €) por proba celebrada, ata un máximo de trinta mil euros (30.000,00 €).

O custo deste contrato financiarase con cargo á partida orzamentaria 04/451.452.227.06, por importe sinalado de trinta mil euros (30.000,00 €).

6.— A Deputación Provincial de Pontevedra sufragará os gastos de adquisición de carteis anunciadores, bicicletas, camisetas, cascos e outros premios necesarios con destino ós participantes.

A adquisición realizarase de acordo co procedemento de contratación oportuno que se fará con cargo á partida 04/451.452.226.14, por importe máximo de corenta e dous mil euros (42.000,00 €).

Pontevedra, 4 de marzo de 2004.



O PRESIDENTE O SECRETARIO





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 10/03/04, número 48, páxina 12, anuncio 2004001953.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/03/2004 08:25
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/