[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 2 [3] 4
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS - ANO 2004

A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promocionar e fomentar actividades culturais, segundo os principios de obxectividade, concorrencia, publicidade e transparencia, e que son do seguinte teor:

1.— OBXECTO
A Deputación Provincial de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial, e excepcionalmente fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual, e que se financiarán con cargo á partida 2004/451.451.489.05 do seu orzamento, co límite de 300.000,00 euros, fixado nela, que poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades.

A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria.

Entenderanse como tales, os concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, intercambios culturais, seminarios, certames, conferencias, etc., desestimándose as que poidan referirse a obras, adquisición de materiais inventariables ou reparación de centros e locais.

2.— BENEFICIARIOS
Poderán solicitar estas axudas, as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro.
  2. Desenvolve-las súas actividades no ámbito territorial da provincia ou sobre temas de interese para a provincia.

3.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse no modelo de instancia que se facilitará no Servicio de Cultura, e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación no prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, achegando ademais a seguinte documentación:

  • Memoria explicativa da actividade asinada polo representante.
  • Orzamento asinado polo representante.
  • Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da entidade.
  • Fotocopia do DNI do representante legal.
  • Certificación da conta bancaria ó seu nome.

Atenderanse así mesmo as peticións que non se presentaron dentro do prazo establecido por causas debidamente xustificadas.

Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/92 de 26/11 de Procedemento Administrativo, requerirase ó interesado para que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non o facer, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites.

4.— VALORACIÓN E CONCESIÓN
Para adxudica-las axudas, teranse en conta os criterios de:

  1. Difusión da actividade: de ámbito local, provincial, nacional, internacional.
  2. Número de persoas que participan e se benefician da actividade.
  3. Número de socios da asociación.
  4. Orzamento total da actividade e porcentaxe solicitada.
  5. Orzamento anual da asociación.
  6. Edición ou antigüidade da actividade.
  7. Conservación dos valores culturais, artísticos, folclóricos, pictóricos...

As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Cultura. Non obstante, o órgano competente poderá resolver aquelas solicitudes de carácter urxente e excepcional.

Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte do remate do prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá supera-lo 100% do custo da actividade que vaia desenvolve-lo beneficiario.

5.— XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO
Os beneficiarios deberán xustifica-la realización da actividade con facturas, recibos e demais documentos fidedignos, que reunan os requisitos legais segundo o RD 2402/85 de 18 de decembro sobre confección de facturas e recibos, no prazo de tres meses a partir do momento en que teña lugar a actividade e, en todo caso antes do 31 de marzo do 2005, quedando anulada a subvención unha vez transcorrido o prazo.

Non se pagará máis có importe xustificado co límite da subvención concedida.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.

Os gastos de aloxamento, gastronómicos e desprazamentos admitiranse soamente cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para esta. Os gastos gastronómicos non superarán o 50% da subvención concedida, obrigándose os beneficiarios a explicalos detalladamente.

6.— DEVOLUCIÓN E REINTEGRO
As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos:

  1. Por obtelas falseando as condicións requeridas.
  2. Por non aplica-los fins para os que foi concedida.
  3. Por incumpri-lo beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases.


Pontevedra, 4 de marzo de 2004.



O PRESIDENTE O SECRETARIO





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 10/03/04, número 48, páxina 13, anuncio 2004001953.

Páxina Seguinte Páxina 1 2 [3] 4

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 10/03/2004 08:25
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/