[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2004
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2004 

Prezo público polos servicios que
se prestan na imprenta provincial

PRIMEIRO. CONTIDO

    Este prezo público esixirase polos traballos administrativos e técnicos que as distintas dependencias ou áreas desta Deputación realicen para confeccionar os traballos de imprenta.

SEGUNDO. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren o prezo público regulado neste acordo as persoas ou entidades que soliciten estes servicios ou que se beneficien directamente deles.

TERCEIRO. CONTÍA

    A estructura e a contía deste prezo público será a que se detalla no ANEXO I.

CUARTO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As persoas ou as entidades interesadas na confección de traballos de imprenta presentarán, previamente, no Rexistro Xeral a oportuna solicitude pedindo os traballos, á que lle achegarán o orzamento confeccionado pola imprenta e os demais datos necesarios para a correcta execución dos traballos e a correspondente liquidación do prezo público. Así mesmo, presentarán un xustificante de ter efectuado o ingreso do prezo público, en calidade de depósito previo.
  2. Unha vez realizada a prestación dos distintos servicios, o rexente da imprenta remitirá os datos necesarios para que efectúe a liquidación definitiva do prezo público á oficina de Renda e Exaccións. A dita liquidación notificaráselles ás persoas ou ás entidades obrigadas ó pagamento e o seu ingreso poderá facerse efectivo por vía voluntaria no prazo dun mes, a contar desde a data de notificación.

QUINTO. OBRIGA DE PAGAMENTO

  1. A obriga de pagamento do prezo público regulado neste acordo nace:
    1. Ó iniciarse as tarefas administrativas e técnicas de confección dos traballos de imprenta. Entenderase iniciada cando se presenta a solicitude.
  2. O pagamento do prezo realizarase:
    1. En calidade de depósito previo, ó presentarse a solicitude de prestación dos servicios regulados neste acordo. A liquidación do depósito previo efectuarase segundo o orzamento confeccionado polo responsable da imprenta e que o interesado lle achegará á solicitude.
    2. Ó notificárselle a liquidación definitiva ó obrigado ó pagamento poderá facela efectiva, en vía voluntaria, no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ó da notificación.

SEXTA. ENTRADA EN VIGOR

    A modificación destas tarifas aprobouna a Comisión de Goberno o día 31 de outubro de 2003.

    Estas tarifas modificadas entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2004.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/03/2004 11:23
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/