[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2004
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2004 

Prezo público pola prestación de servicios
de análise na "Finca de Mouriscade"

PRIMEIRO. NATUREZA E CONTIDO

    Este prezo público esixirase polos servicios de análise que se prestan na "Finca de Mouriscade". Quedan excluídos os servicios de análise que se presten mediante convenio.

SEGUNDO. OBRIGA DE PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas naturais ou xurídicas e mais as entidades (cooperativas, asociacións de gandeiros, etc.) que soliciten os servicios de análise que se prestan na "Finca de Mouriscade".

TERCEIRO. CONTÍA

    A estructura e a contía deste prezo público figuran no ANEXO I.

CUARTO. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As persoas ou entidades interesadas nos servicios de análise que se prestan na "Finca de Mouriscade" han de solicitarse ante os servicios administrativos da Finca, debendo acreditar a constitución do depósito previo. O importe do depósito determinarase de acordo coas contías sinaladas no ANEXO I deste acordo.
  2. O pagamento do depósito acreditarase coa factura ou documento análogo que expedirán os servicios da "Finca de Mouriscade".
  3. A xestión do IVE realizaraa o Servicio de Agricultura.

QUINTO. OBRIGA DE PAGAMENTO

  1. A obriga de pagamento deste prezo público nace ó iniciarse a prestación do servicio. Non obstante, o servicio considerarase iniciado no momento de presentar a solicitude.
  2. O pagamento do prezo público esixirase con anterioridade á prestación do servicio, no momento de solicitalo.

SEXTO. ENTRADA EN VIGOR

    O presente acordo entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
    A modificación destas tarifas aprobouna a Comisión de Goberno o día 31 de outubro de 2003. Estas tarifas entrarán en vigor o día 1 de xaneiro de 2004.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/03/2004 08:11
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/