[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 12 DE NOVEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2004
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2004 

Ordenanza reguladora da taxa polos servicios que se prestan ou actividades realizadas na Cidade Infantil "Príncipe Felipe"

ARTIGO 1. NATUREZA E FUNDAMENTO

    O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e os artigos 20 e 122 da Lei 39/88, de 28 de decembro, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, de 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da taxa polos servicios que se prestan ou as actividades que se realizan na Cidade Infantil "Príncipe Felipe".

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

    Constitúen o feito impoñible da taxa a prestación dos servicios ou a realización das actividades que se detallan na tarifa desta taxa.
    Non están suxeitos a esta taxa os servicios que se presten en virtude dos convenios con outras administracións públicas.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

    Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas (se se trata dun menor, familiar ou representante legal) ou xurídicas e as entidades referidas no artigo 33 da Lei xeral tributaria que o soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servicios ou actividades que se prestan ou realizan na Cidade Infantil "Príncipe Felipe".

ARTIGO 4. COTA TRIBUTARIA

    A cota desta taxa será a que figura no anexo a esta ordenanza.

ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS

    Só se admitirán os que veñan establecidos en normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

ARTIGO 6. DEVENGO

    Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír:
    1. Nos servicios de devengo puntual, cando se presente a solicitude da prestación do servicio ou realización da actividade.
    2. Nos servicios de devengo periódico, devengarase a taxa o día primeiro de cada período de liquidación que se marque na tarifa desta taxa.

ARTIGO 7. LIQUIDACIÓN

  1. Cando se trate de servicios puntuais liquidarase e esixirase a taxa correspondente en calidade de depósito previo.
  2. Cando se trate de servicios de devengo periódico liquidarase a taxa unha vez finalizado o período de liquidación fixado na tarifa desta taxa.
  3. Se se realiza o aproveitamento dos servicios ou actividades sen mediar solicitude previa liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento xeral de recadación para as liquidacións de contraído previo, sen prexuízo de abrir o oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

ARTIGO 8. INGRESO

    O pagamento desta taxa realizarase:
    1. Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería provincial ou nas entidades financeiras que se sinalen na notificación.
    2. Nas liquidacións periódicas, na Tesourería provincial ou nas entidades financeiras que se sinalen na notificación.

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e na normativa de desenvolvemento.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo inicial de aprobación destas modificacións adquiriu carácter definitivo o día 12 de decembro de 2003.

    Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOP.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/03/2004 12:06
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/