[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2004
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2004 

Ordenanza reguladora polos servicios que se prestan ou as actividades que se realizan no Castelo de Soutomaior

ARTIGO 1. NATUREZA E FUNDAMENTO

    O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude das facultades condedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, o artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e os artigos 20 e 122 da Lei 39/88, de 28 de decembro, e de coformidade cos artigos 15 ó 19 da Lei 39/88, de 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da taxa polos servicios que se prestan ou as actividades que se realizan no castelo de Soutomaior.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

    Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servicios ou a realización das actividades que se detallan na tarifa desta taxa.

    Non están suxeitos a esta taxa os servicios que se presten en virtude de convenios con outras administracións públicas.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

    Serán suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas ou xurídicas e as entidades referidas no artigo 33 da Lei xeral tributaria que o soliciten ou resulten beneficiados ou afectados polos servicios ou actividades que se prestan ou realizan no castelo de Soutomaior.

ARTIGO 4. COTA TRIBUTARIA

    A cota desta taxa será a que figura no anexo a esta ordenanza.

ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS

    Só se admitirán os que veñan establecidos en normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

ARTIGO 6. DEVENGO

    Esta taxa devéngase cando se presente a solicitude de prestación do servicio ou realización da actividade. A prestación do servicio ou realización da actividade non se iniciará ou autorizará en tanto non se efectúe o pagamento da correspondente liquidación.

ARTIGO 7. LIQUIDACIÓN

  1. Esta taxa liquidarase no momento de presentar a solicitude de prestación do servicio ou realización da actividade.
  2. Se se realiza o aproveitamento dos servicios ou actividades sen mediar unha solicitude previa liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento xeral de recadación para as liquidacións do contraído previo, sen prexuízo da apertura do oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.

ARTIGO 8. INGRESO

    O pagamento desta taxa realizarase no momento en que se presente a solicitude da prestación do servicio ou realización da actividade; en todo caso, o ingreso ten que ser anterior á prestación do servicio ou da realización da actividade.

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e na normativa de desenvolvemento.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo inicial de aprobación destas modificacións adquiriu carácter definitivo o día 12 de decembro de 2003.

    Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2004.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/03/2004 09:03
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/