[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 16 DE DECEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2004
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2004 

Ordenanza reguladora da taxa polos
servicios do CPAM de asesoramento
con desprazamento ós entes locais

ARTIGO 1. NATUREZA E FUNDAMENTO

    A Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades concedidas polos artigos 20 e 122 da Lei 39/88, de 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da taxa polos servicios do CPAM de asesoramento con desprazamento ós entes locais.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

    Constitúen o feito impoñible da taxa os servicios de asesoramento con desprazamento ós Entes locais que presta o CPAM.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

    Serán suxeitos pasivos desta taxa os concellos e demais entidades locais da provincia de Pontevedra que soliciten os servicios de asesoramento do CPAM con desprazamento.

ARTIGO 4. COTA TRIBUTARIA

    A cota desta taxa será a que figura no anexo desta Ordenanza.

ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS

    Só se admitirán os que veñan establecidos en normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

ARTIGO 6. DEVENGO

    Devéngase esta taxa cando se presente a solicitude de prestación do servicio ou realización da actividade.

ARTIGO 7. LIQUIDACIÓN

    Esta taxa liquidarase unha vez finalizada a prestación do servicio de asesoramento con desprazamento.

ARTIGO 8. INGRESO

    O pagamento desta taxa realizarase nos prazos e nas entidades financeiras que se sinalen na notificación da liquidación.

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e na normativa de desenvolvemento.

ARTIGO 10. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As visitas realizaranse por petición das entidades locais interesadas mediante un modelo que facilitará o CPAM subscrito polo alcalde ou presidente, tan pronto como o permitan as posibilidades do servicio, na data e á hora previamente convidas.
  2. Realizada a visita de asesoramento, o alcalde ou presidente subscribirá un documento no que consten os seus datos obxectivos , segundo o modelo que lles facilitará o funcionario que a realice.
  3. O importe de cada visita será o que resulte do tempo efectivamente empregado; a fracción temporal mínima será de media hora, máis a indemnización por desprazamento do ou dos funcionarios.
  4. No caso de que se desprace o funcionario á entidade local e non se puidese realizar o asesoramento por causas imputable á entidade local, liquidarase unha hora, máis os gastos de desprazamento.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo inicial de aprobación destas modificacións adquiriu carácter definitivo o día 12 de decembro de 2003.

    Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2004.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/03/2004 09:07
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/