[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2004
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2004 

Acordo regulador do prezo público
pola venda de mapas

A Comisión de Goberno da Deputación de Pontevedra, en virtude das facultades que lle confiren os artigos 48, 121, 129 e concordantes da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, da autorización prevista nos artigos 4 e 8 da Ordenanza xeral reguladora dos prezos públicos, e do Acordo de delegación do Pleno na Comisión de Goberno para establecer e modificar os prezos públicos, e co obxecto de fixar a estructura e contía e demais aspectos necesarios para axilizar a xestión e recadación deste prezo público, acorda:

PRIMEIRO. CONTIDO

    Este prezo público esixirase pola venda de mapas propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra.

SEGUNDO. OBRIGADOS Ó PAGAMENTO

    Están obrigadas a pagaren este prezo público as persoas ou entidades que compren mapas propiedade da Deputación.

TERCEIRO. CONTÍA

    A estructura e importes deste prezo público figuran no anexo a este acordo regulador.

CUARTO. NACEMENTO DA OBRIGA DE PAGAMENTO

    A obriga de pagamento deste prezo público nace no momento de entregarlle os mapas á persoa ou entidade que os solicite. Non obstante, esixirase o pagamento do prezo con carácter previo á entrega dos mapas, en calidade de depósito.

QUINTO. NORMAS DE XESTIÓN

    As persoas ou entidades interesadas na compra de mapas dirixiranse ó Negociado de Rendas co obxecto de que se lle practique a liquidación do prezo público, para inmediatamente despois realizar o seu ingreso en Tesourería, onde recibirá a correspondente carta de pagamento. Con esta dirixirase ó Servicio de Vías e Obras, no que se lle entregará o material correspondente á cantidade ingresada.

SEXTO. CONTROL E CUSTODIA DO MATERIAL

    Os mapas serán obxecto dunha adecuada contabilización; este material valorarase ó prezo do custo de producción ou adquisición.

    Estes mapas estarán depositados e custodiados baixo a responsabilidade do xefe do Servicio de Vías e Obras.

    As entregas gratuítas deste material requiren autorización da Presidencia.

    O xefe do Servicio de Vías e Obras remitiralle cada mes a Intervención/Ingresos unha relación dos mapas entregados gratuitamente coa correspondente autorización da Presidencia, indicando así mesmo os mapas que había a finais do mes anterior, os entregados e os que permanecen en depósito. Ó rematar cada exercicio Intervención comprobará a existencia de mapas.

SÉTIMO. ENTRADA EN VIGOR

    Este prezo público entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/03/2004 11:27
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/