[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2004
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2004 

Taxa polos servicios de ensinanza que
se imparten na Escola de Canteiros de Pontevedra

ARTIGO 1. NATUREZA E FUNDAMENTO

    O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e os artigos 20 e 122 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, así como o disposto no artigo 23.5 dos estatutos do organismo autónomo, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, acorda a imposición e ordenación da taxa polos cursos de ensinanza que se imparten na Escola de Canteiros de Pontevedra.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

    Constitúen o feito impoñible da taxa a prestación dos servicios de ensinanza que se imparten na Escola de Canteiros de Pontevedra con carácter oficial e permanente, orientados á obtención dos títulos de canteiro ou de mestre canteiro.

    Non están suxeitos a esta taxa os cursos ocasionais que poida organizar a Escola.

    Nestes cursos poderanse cobrar dereitos de inscrición, que se determinarán na propia convocatoria de cada curso, previa aprobación polo órgano competente.

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS

    Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas que soliciten a matriculación en calquera dos cursos oficiais da Escola.

ARTIGO 4. RESPONSABLES

    Responderán solidariamente das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA

    A cota desta taxa será a que figura no anexo desta ordenanza.

ARTIGO 6. BENEFICIOS FISCAIS

    Só se admitirán os beneficios que veñan establecidos en normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais.

ARTIGO 7. DEVENGO

    Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a prestación dos servicios ou a realización das actividades, aínda que se poderá esixir en calidade de depósito previo.

ARTIGO 8. LIQUIDACIÓN

    No momento de realizar o ingreso na entidade financeira correspondente, seguindo o sistema de autoliquidación.

ARTIGO 9. INGRESO

    O pagamento desta taxa realizarase durante o período establecido pola Escola para a matriculación nos cursos oficiais, en todo caso, antes de iniciarse o curso.

    O ingreso efectuarase na cota da entidade financeira que a Escola indique.

ARTIGO 10. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    Nesta materia estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e na normativa de desenvolvemento.

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

    Cando existan os convenios de colaboración ós que fai referencia o artigo 27.2 da Lei 39/88, de 28 de decembro, os procedementos de liquidación e recadación regulados nos artigos 8 e 9 desta ordenanza, cederán ante a regulación prevista nos convenios.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

    A xestión e a recadación desta taxa realizaraa o organismo autónomo. Así mesmo, os ingresos que se obteñan coa aplicación desta taxa aplicaranse a financiar o orzamento do organismo autónomo.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo inicial de aprobación destas modificacións adquiriu carácter definitivo o día 12 de decembro de 2003.

    Estas modificacións entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2004.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/03/2004 11:10
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/