[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2004
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

Páxina [1] 2
ORDENANZAS 2004 

Ordenanza reguladora da taxa pola inserción de anuncios e textos de todo tipo no Boletín Oficial da Provincia

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA

    No uso das súas facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, e os artigos 121 e 122 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 daquela, esta Deputación establece a taxa pola inserción de anuncios e de textos de todo tipo no Boletín Oficial da Provincia, que se rexerá pola presente ordenanza.

ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

    Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade administrativa e técnica necesaria para inserir no Boletín Oficial da Provincia (BOP) toda clase de escritos, anuncios, requirimentos e textos.

ARTIGO 3. SUXEITO PASIVO

    Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou que no seu interese redunde a realización do feito impoñible.

ARTIGO 4. RESPONSABLES

  1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
  2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 5. COTA TRIBUTARIA

ARTIGO 6. PERCEPCIÓN

    Percíbese esta taxa e nace a obriga de contribuír cando se presenta a solicitude de inserir os anuncios ou edictos no Boletín Oficial da Provincia. A inserción no BOP dos anuncios ou edictos non se realizará sen o previo pagamento da cota resultante.

ARTIGO 7. NORMAS DE XESTIÓN

  1. As cotas desta taxa liquidaranse e esixiranse, con carácter xeral, no momento de presentarse o escrito ou oficio polo que se solicita a inserción no Boletín Oficial da Provincia. Este ingreso será froito dunha liquidación que efectuará o/a interesado/a no seu domicilio ou na sección de Recursos Económicos; interésase en persoa a publicación.
  2. Os interesados deberán remitir xunto co oficio ou escrito un xustificante de ter efectuado o ingreso mediante unha transferencia á conta restrinxida. Anuncios Boletín Oficial ou ben un xustificante ou carta de pagamento de ter efectuado o ingreso na Tesourería provincial. Sen o ingreso previo non se realizarán os traballos administrativos e técnicos, nin tampouco a inserción no Boletín Oficial da Provincia.

    No caso de estaren exentas, deberán pedir este beneficio indicando o precepto legal e os feitos habilitantes.
  3. Excepcionalmente e só cando existan fundadas razóns debidamente acreditadas se realizarán os traballos administrativos e técnicos, así como a inserción no BOP sen pagamento previo.

    A modo de exemplo podemos citar:
    1. Os relativos ós asuntos xudiciais nos que os interesados están declarados legalmente pobres para litigar, ou satisfacer no seu día as partes interesadas, que, como pendentes, resultan obrigadas a esto, segundo a finalidade do litixio.
    2. Os procedentes de ab intestato tramitados de oficio, que deberán satisfacer no seu día os que resulten beneficiarios.
    3. Os procedementos de asuntos criminais, se houbese condena de custos e se fixesen efectivas por parte do xulgado correspondente.
    4. Calquera outro anuncio non incluído expresamente entre os gratuítos ou de pagamento previo, cando o acrediten os solicitantes da publicación, a concreta exención de pagamento en virtude do precepto con rango de lei, tratado ou acordo internacional.
  4. Os oficios, escritos, etc. para inserir no BOP ó ter entrada no pazo provincial transladaranse á sección Recursos Económicos para comprobar se a autoliquidación é correcta ou non. No caso de non ser correcta practicarase a liquidación complementaria, que será notificada e ingresada nos prazos previstos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación.
  5. As cotas que non sexan autoliquidables por darse os supostos previstos no apartado 3 deste artigo liquidaraas a sección de Recursos Económicos. Unha vez liquidadas serán notificadas e ingresadas de conformidade co previsto no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación.
    1. Todo anuncio ou edicto que se remita para publicalo no Boletín Oficial da Provincia deberá cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:
      1. Ser perfectamente lexible, sen borróns, riscaduras, indicacións, anotacións, nin correccións.
      2. Estar mecanografados ou impresos por medios informáticos, con tamaño de letra normal a un espacio interliñado e cun mínimo de claridade e limpeza respectando as normas, as regras e os signos ortográficos.
    2. Non se admitirá ningún anuncio ou edicto remitido por FAX.
    3. Os orixinais dos anuncios, edictos e escritos que non cumpran os requisitos anteriormente reseñados serán devoltos ás súas respectivas orixes.

ARTIGO 8. BENEFICIOS FISCAIS

  1. Nesta taxa só se admitirán as exencións e as bonificacións que veñan recollidas nos tratados ou acordos internacionais ou nas normas con rango de lei.
  2. Estarán exentos desta taxa a inserción de edictos e anuncios que teñan carácter preceptivo na tramitación das ordenanzas e regulamentos que non teñan carácter fiscal ou un claro e evidente contido económico.
  3. As persoas ou as entidades que pidan a aplicación dalgún beneficio fiscal deberán solicitalo expresando os preceptos xurídicos e os elementos de feito autorizantes. O prazo de solicitude será o mesmo có de interposición dos recursos de reposición.

ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

    En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como das sancións que a estas lles correspondan en cada caso estarase ó disposto no artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

    PRIMEIRA. Cando, por calquera motivo non imputable á administración do boletín non se produza a inserción do anuncio ou calquera outro texto no Boletín Oficial da Provincia os interesados poderán solicitar a devolución do depósito previo nas porcentaxes seguintes:
    1. 75% se se paraliza a tramitación antes de iniciarse a actividade técnica previa á inserción no Boletín
    2. 50% se xa se iniciou a actividade técnica
    3. 25% se finalizou a actividade técnica e só falta a inserción

    SEGUNDA. Os anuncios, edictos e textos de todas as clases que teñan que publicarse no BOP remitiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.

    Canto á correspondencia relativa ás inscricións e reclamacións de carácter administrativo e tributario dirixirase á oficina de Recursos Económicos da Excma. Deputación Provincial.

    TERCEIRA. Se o anuncio remitido para a súa inserción se publicase con algún erro que o altere ou modifique de modo importante ou o invalide, por causas non imputables á administración do Boletín Oficial, será por conta da persoa ou da entidade interesada. No caso contrario a rectificación será gratuíta.

    CUARTA. As persoas ou entidades que non estean ó corrente nos seus pagamentos coa Deputación Provincial por débedas liquidadas con anterioridade suspenderáselles a publicidade que soliciten mentres non satisfagan ás súas débedas.

    QUINTA. Non se admitirá a publicación de ningún edicto, escrito etc. que sexa de pagamento sen que os interesados nomeen a unha persoa que responda polo seu importe.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo de aprobación inicial de modificación desta ordenanza adquiriu carácter definitivo o día 12 de decembro de 2003.

    As modificacións desta ordenanza fiscal entrarán en vigor e aplicaranse a partir do día 1 de xaneiro de 2004, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresas.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/09/2006 12:38
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/