[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 24 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es
Páxina Principal
Ordenanzas
Ordenanzas 2004
Deputación de Pontevedra
Impostos
Taxas
Prezos Públicos
Padroado de Turismo
Escola de Canteiros
Patrimonio da Deputación
Historia
Organismos Autónomos
Atención ó cidadán

ORDENANZAS 2004 

Ordenanza fiscal da recarga provincial sobre o Imposto de Actividades Económicas

ARTIGO 1

    A Deputación Provincial de Pontevedra, no uso da potestade que lle concede o artigo 124 da Lei 39/88, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, establece unha recarga do 30 por cento, sobre as cotas municipais modificadas polo coeficiente de ponderación, previsto no artigo 87 da mesma norma.

ARTIGO 2

    A xestión da recarga, xunto coa do imposto sobre o que recae, levaraa a cabo a entidade que teña atribuída a súa xestión.

ARTIGO 3

    Cando a xestión a realice unha entidade distinta á Deputación, esta deberá entregarlle á Deputación o recadado, en período voluntario de cobranza da matrícula ou padrón, no prazo de 45 días naturais a contar desde o último do dito período de cobranza. Así mesmo, o recadado en período executivo e mais por altas novas, actas de inspección... entregaráselle á Deputación mensualmente pero o correspondente ó mes anterior.

    A entidade xestora estará obrigada a presentarlle á Deputación:
    • Copia certificada do padrón e da relación de altas
    • Certificación do recadado no período voluntario e executivo
    • Calquera información que poida ser requirida en relación coa xestión da recarga provincial

ARTIGO 4

    O feito de non ingresar a recadación nos prazos indicados autorizará á Deputación a esixir o interese de demora previsto no art. 58-2, c) da Lei xeral tributaria e, en todo caso, a reter calquera cantidade que a Deputación lle deba facer efectiva por calquera motivo, á entidade xestora, podendo practicar as compensacións correspondentes, directamente ou ben solicitala da Dirección Xeral de Coordinación coas facendas territoriais, segundo o Regulamento de recadación, con cargo ás estimacións indirectas das cantidades liquidadas e recadadas en base á contía dos padróns e ás altas do propio exercicio ou exercicios anteriores, estimando a recadación nun 90% do liquidado.

DISPOSICIÓN FINAL

    O acordo de aprobación inicial destas modificacións adquiriu carácter definitivo o día 17 de outubro de 2003. Estas modificacións entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 24/03/2004 08:17
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/