[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
VENRES, 19 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Asociacións culturais
sen ánimo de lucro
Conservatorios e escolas
de música
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

CULTURA 

Deputación de Pontevedra

BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

Bases | Formulario

A Deputación de Pontevedra convoca as Axudas a Escolas de Música dependentes de Asociacións sen ánimo de lucro, e fiscalizadas as bases pola Secretaría así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 50.000,00 €, con cargo á aplicación 12/330.323.489.09 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán as citadas axudas e que son do seguinte teor:

“BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu art. 39.5º establece que os estudos de música se poderán cursar, sen límite de idade, en escolas específicas.

Co fin de potenciar o funcionamento das escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro a Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas a estas escolas de música:

1. OBXECTO.-
Esta convocatoria destínase a subvencionar o funcionamento, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de música dependentes das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que radiquen na provincia de Pontevedra, durante o ano 2012.

O importe total das axudas será de cincuenta mil euros (50.000,00 €) que se financiarán con cargo á aplicación 12/330.323.489.09 do orzamento provincial para o ano 2012.

2. SOLICITANTES.-
Poderán solicitar estas axudas os titulares das escolas de música sinalados no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ó final do prazo establecido para a presentación de solicitudes e que radiquen na provincia de Pontevedra.

3. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.-
As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación:

  • Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
  • Sede Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres)

Ou tal e como establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 30 de setembro de 2012.

4. DOCUMENTACIÓN.-
As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados, que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación:

  1. Fotocopia cotexada do CIF da entidade titular do centro
  2. Fotocopia cotexada do DNI do representante da Entidade
  3. Certificado da conta bancaria a nome do solicitante
  4. Orzamento de gastos da escola, detallado por conceptos, asinado polo representante
  5. Relación de persoal docente e non docente, debidamente asinada
  6. Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, debidamente asinado
  7. Declaración de ter solicitado, ou non, axuda para a mesma finalidade doutras entidades
  8. Declaración de non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria.
  9. Declaración de estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

5. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES .-
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a súa adxudicación, os seguintes criterios:

  1. Número de alumnos matriculados no curso 2011/2012, ata 25 puntos
  2. Número de profesores, ata 15 puntos
  3. Orzamento da escola de música, ata 35 puntos
  4. Grao de desenvolvemento artístico na zona, ata 25 puntos

As propostas de concesión destas axudas someteranse ó ditame da Comisión Informativa de Cultura e á aprobación do órgano de goberno competente.

Transcorridos tres meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. A Deputación poderá requirir do solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos achegados polos solicitantes.

6. PAGAMENTO.-
As subvencións estarán condicionadas ós orzamentos dispoñibles e irán destinadas a financiar operacións correntes (gastos de funcionamento e profesorado).

Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo de Intervención.

O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta bancaria sinalada pola entidade. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación:

  1. Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e máis o custo total de cada unidade.
  2. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8ª. 2.c das de execución do vixente orzamento provincial.
  3. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.
  4. Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada.
  5. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito.

A xustificación deberá presentarse antes do 31 de marzo de 2013.

7. OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.-
Nas comunicacións, escritos e propaganda das escolas de música que obteñan axuda, deberá figurar o logotipo da Deputación de Pontevedra.

8. ÓRGANO COMPETENTE PARA A APROBACIÓN DE BASES.-
De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2012 e para dar cumprimento ó establecido no art. 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é o presidente.

9. DEREITO SUPLETORIO.-
Para o non previsto nas presentes bases serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.”

Pontevedra, a 23 de xullo de 2012
O XEFE DO SERVIZO DE CULTURA
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 31/07/2012, número 146, páxina 10, anuncio 2012007120.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 31/07/2012 12:39
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/