[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Acción Social
Páxina Principal
Servizos
Acción Social
Áreas de traballo
Xuventude, infancia e familia
Muller
Persoas maiores
Servizos Sociais especializados
Impresos
Guía do Servizo de Acción Social
Ligazóns
Teléfonos de contacto

Páxina Seguinte
ACCIÓN SOCIAL 

Deputación de Pontevedra

PROGRAMA ACTÍVATE 2012, DIRIXIDO ÓS XÓVENES DOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE MENOS DE 50.000 HABITANTES

Bases | Catálogo cursos | Datos das accións formativas
Concellos e cursos | Formulario adhesión concellos
Formulario listado participantes | Formulario solicitude participación
Enlaces de interese

Bases

Adhesións dos concellos ata o 22 de agosto
Presentación de instancias dos beneficiarios/as do 1 ó 20 de setembro
Presentación documentación concellos antes do 1 de outubro

O obxectivo principal da Deputación de Pontevedra cas presentes Bases, é desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e o tempo libre, que sexan de interese xuvenil e que respondan ás demandas dos mozos da nosa provincia.

CLÁUSULAS

PRIMEIRA. DESTINATARIOS
Poderán participar todos os mozos e mozas de 16 a 35 anos (ambos inclusive), residentes en calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que se adhira ó Programa.

SEGUNDA. CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA
O Programa consiste en ofertar un catálogo de accións formativas baseadas nos intereses e inquietudes que amosan os xóvenes na sociedade actual, ditas accións céntranse nas novas tecnoloxías, agricultura, artesanía en papel, cristal e outros materiais, actividades artísticas, reparacións domésticas e bricolaxe no fogar, bricolaxe ecolóxico, cociña e elaboracións artesanais, servizos ás persoas, etc.

TERCEIRA. ADHESIÓNS DOS CONCELLOS
Todos os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que o desexen poderán sumarse mediante acordo de adhesión (achégase modelo, ou poderase descargar da páxina web), ata o 22 de agosto (inclusive).

CUARTA. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DOS BENEFICIARIOS/AS
As solicitudes faranse do 1 ó 20 de setembro(inclusive), a través do modelo oficial de inscrición que se poderá descargar da páxina web, e presentarase no Rexistro do concello no que desexa cursar a actividade. Si se desexa participar en máis dun curso deberase cubrir un modelo de solicitude por cada curso.

No caso de que o número de solicitantes excedese as prazas ofertadas para cada curso, relacionaranse do seguinte xeito:

  1. Persoas desempregadas que non participasen na edición do Actívate ano 2011 (segundo o rexistro de entrada)
  2. Persoas en activo que non participasen na edición do Actívate ano 2011 (segundo o rexistro de entrada)
  3. Persoas desempregadas e en activo que participasen na edición pasada
  4. Persoas da lista de agarda (persoas doutros concellos ou de idades diferentes a 16-35 anos)

QUINTA. ORZAMENTO E FINANCIAMENTO
A contía consignada para este Programa ascende no ano 2012 a 102.200 €, con cargo á aplicación orzamentaria 12/232.230-227.07, do orzamento ordinario da Deputación, sen perxuizo de que o mencionado crédito sexa ampliado.

SEXTA. DOCUMENTACIÓN DOS CONCELLOS E PRAZOS DE PRESENTACIÓN
Os concellos adheridos, deberán remitir á Deputación a seguinte documentación antes do 1 de outubro:

  • Modelo de listado de participantes de cada curso, deberán relacionarse segundo a orde de rexistro de entrada
  • Fichas de inscrición orixinais, ou no seu defecto notificación do concello no que se declare posuír dita documentación, non sendo preciso envialas.

Todos os modelos da documentación, inclusive as fichas de inscrición, poderanse descargar da páxina web da Deputación (www.depo.es)

SÉTIMA. PUBLICIDADE
En todos os carteis, dípticos, trípticos, etc. que se elaboren, deberase facer constar a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, segundo establece o art. 31 do Rlxs.

OITAVA. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN
A subvención consiste en impartir os cursos nos concellos adheridos ó programa, a través dunha empresa especializada na materia.

NOVENA. PRAZO DE VIXENCIA
Estas Bases terán unha vixencia correspondente ó exercicio 2012.

DÉCIMA. LEXISLACIÓN APLICABLE

  • Lei 38/2.003 de 17 de novembro xeral de subvencións
  • Real decreto 887/2.006 de 21 de xullo, aprobando no Regulamento da Lei xeral de subvencións
  • Lei 4/1.993 de 14 de abril de servizos sociais de Galicia
  • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local
  • R.d. Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora de Facenda Local
  • Lei 30 /1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
  • Bases de execución do vixente orzamento provincial
  • E demais lexislación aplicable

Pontevedra, 30 de xullo de 2012
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 07/08/12, número 151, páxina 8, anuncio 2012007582.

Páxina Seguinte

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 14/01/2013 14:42
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/