[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 21 DE NOVEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Plan emprego 2012
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2012
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

Páxina 1 [2] 3 4 5 6
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

deputación de Pontevedra

PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ACCIÓNS FORMATIVAS PARA
SEGUNDO SEMESTRE 2012

inicio

No marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (IV Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas) e con cargo á subvención do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) para o Plan agrupado de formación continua do ano 2012, a Xunta de Goberno desta Deputación, na sesión do 3 de agosto de 2012, acordou aprobar a Convocatoria das accións formativas programadas no Anexo I coa participación dos concellos adheridos e o Instituto Nacional de Administración Pública, que se rexerá polas seguintes:

B A S E S

PRIMEIRA. DESTINATARIOS
Persoal da Deputación Provincial e organismos autónomos e dos concellos que se adheriron ó Plan agrupado de formación: Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz - Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.

SEGUNDA. NORMAS XERAIS DE INSCRICIÓN

  • 2.1. Poderán participar nas accións formativas os destinatarios que figuran na base primeira, que se atopen en servizo activo, ou o persoal que estea gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, por adopción internacional ou en situación de excedencia por coidado de fillos e familiares, segundo se establece nos artigos 57.4 e 76.4 do Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia.
  • 2.2. Non se poderá participar nunha actividade formativa se ó inicio do curso se está en situación de incapacidade temporal, e quedarase automaticamente excluído da relación de aspirantes seleccionados. No caso de modificarse esta circunstancia deberá notificárselle ó Servizo de Recursos Humanos para que o seus datos sexan reincorporados á base de datos.
    Esta circunstancia deberáselle comunicar por escrito ó Servizo de RR. HH. e Formación da Deputación de Pontevedra para poder cubrir a vacante e evitar a penalización, que suporía non ser admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso da actual e da seguinte convocatorias nin se expediría o diploma correspondente.
  • 2.3. Non está permitido realizar cursos que teñan simultaneidade de horarios nas mesmas datas. No caso de que se detecte con posterioridade non se acreditará ningún dos cursos, coa salvidade dos cursos on line, que serán compatibles co resto das modalidades.
  • 2.4. A falsidade ou a ocultación de datos para a xestión dos cursos, desde a data na que se detecte este feito, implicará a exclusión automática no curso ou cursos solicitados, así como a imposibilidade de participar noutro durante a actual e a seguinte convocatorias.
  • 2.5. Os solicitantes deberán presentar, xunto co modelo de solicitude do curso, unha credencial da súa condición de empregado público. No caso dos contratados laborais temporais, un documento acreditativo no que se especifique a data de inicio e de fin de contrato. Non presentar eses documentos será motivo de exclusión. A documentación remitida que non sexa orixinal presentarase debidamente compulsada. O documento entregado non poderá ter ningún tipo de modificación nin manipulación.
  • 2.6. É obrigatorio, unha vez que o interesado reciba a notificación de admisión ó curso, confirmar a asistencia (no teléfono: 986 804 100, no fax: 986 804 141 ou no e-mail: formacion@depo.es); no caso de que o profesional seleccionado decida non asistir deberá comunicarlle a súa renuncia ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, co límite dun (1) día natural de antelación á data de inicio do curso. De non o facer así, salvo causa xustificada debidamente valorada, non se admitirá en ningunha outra actividade formativa no transcurso da actual e da seguinte convocatorias tras coñecer esta circunstancia. Non se considerará confirmada ningunha praza sen o aviso previo da persoa seleccionada no tempo estipulado. As prazas que non sexan confirmadas outorgaránselles ós seguintes admitidos.
    A renuncia fóra de prazo ou o abandono das actividades sen causa xustificada documentalmente levarán unha valoración negativa das solicitudes que se realicen durante a actual e a seguinte convocatorias logo de coñecer o feito, salvo que non se cubra o número mínimo de prazas para levar a cabo a acción formativa solicitada.
  • 2.7. Durante o desenvolvemento da actividade formativa realizarase un control permanente de asistencia mediante os sistemas que se establezan para os efectos. O alumnado que participe no curso terá que asinar a súa asistencia a cada unha das sesións académicas, e é obrigatorio presentar o DNI en cada sesión. As ausencias ocasionais do curso constarán como incidencia dentro de cada sesión para os efectos do cómputo correspondente. Poderán realizar tamén controis de asistencia extraordinarios, en calquera momento do desenvolvemento do curso, tanto o persoal da empresa adxudicataria que o xestiona coma o persoal do Servizo de Recursos Humanos e Formación deste organismo.

TERCEIRA. SOLICITUDES
As persoas que desexen participar nos cursos programados presentarán a súa solicitude no modelo oficial que figura ó final da convocatoria, Anexo II, no rexistro xeral deste organismo a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOP e ata o 18 de setembro de 2012 e dirixiranlla ó presidente da Corporación provincial.

Poderán excluírse automaticamente as solicitudes que non teñan correctamente cubertos os datos necesarios para realizar o proceso de selección de alumnos.

CUARTA. APRAZAMENTO DAS ACCIÓNS FORMATIVAS
Non se tramitará ningún curso se as confirmacións de asistencia non superan o 80% das prazas asignadas. Nese caso a Deputación resérvase o dereito a aprazar ou anular as accións formativas.

QUINTA. SELECCIÓN
Os participantes serán seleccionados segundo os seguintes criterios:

  • Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no anexo para cada curso.
  • De existiren máis solicitudes ca prazas terán preferencia os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e cos obxectivos do curso.
  • Terán prioridade os empregados públicos con vínculo fixo sobre os temporais.
  • Terán prioridade os empregados que acrediten maior antigüidade de servizos prestados.
  • En caso de empate terán preferencia os alumnos que realizaran un número de cursos menor no ano anterior.

SEXTA. MODIFICACIÓNS
A Deputación resérvase a facultade de interpretar e resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización. Esta institución resérvase o dereito a comunicar as modificacións xurdidas en cada acción formativa.

SÉTIMA. CERTIFICADO DE ASISTENCIA
Outorgaráselles un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos, sempre e cando a súa non asistencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 10% das horas lectivas programadas, salvo nos cursos de modalidade on line e semipresencial, cuxa asistencia deberá ser o 100% das horas das clases presenciais programadas e responder ós cuestionarios de avaliación correspondentes. Superar este límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado.

Non se expedirán certificados nin xustificantes de asistencia sen ter superado o curso completo.

O diploma remitiráselle ó centro de traballo. Non se emitirán duplicados de diplomas en ningún caso. Poderase obter unha certificación que acredite a superación da acción formativa.

OITAVA. OUTROS CURSOS
Os cursos programados para o ano 2012, en colaboración co INAP, rexeranse pola súa normativa específica.

Os cursos para a formación dos membros dos corpos da Policía Local e Bombeiros dos concellos da provincia que estean adheridos ó Plan de formación continua da Deputación de Pontevedra rexeranse polo convenio de colaboración entre a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e o ente provincial para o ano 2012.

Pontevedra, 3 de agosto de 2012
O PRESIDENTE
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO
Carlos Cuadrado Romay

Boletín Oficial da Provincia, data 08/08/12, número 152, páxina 9, anuncio 2012007651.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 08/08/2012 11:58
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/