[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 16 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina [1] 2 3
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADOS EN LETRAS CON DESTINO Ó ARQUIVO-BIBLIOTECA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL.

De conformidade coa proposta do xefe do Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacions e, en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, esta Excma. Deputación Provincial convoca dúas bolsas de licenciados en Letras, consonte as seguintes:

B A S E S

1.— OBXECTO
Estas bolsas teñen por obxecto a realización de traballos de colaboración no Arquivo-Biblioteca da Deputación Provincial de Pontevedra.

2.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións:

  1. Ser español.
  2. Estar en posesión dunha licenciatura en letras, ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

3.— DOTACIÓN ECONÓMICA
De acordo co previsto no orzamento provincial, esta bolsa figura cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, contía que se imputará á partida 04/454.451.481.01.

4.— PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia achegarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión dunha licenciatura en Letras de calquera especialidade ou en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa deste.
  4. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que faga uso da bolsa.

5.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou deputado provincial en quen delegue.
  • Vocais: un deputado provincial, o xefe de Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacións ou funcionario técnico superior pertencente á Deputación Provincial de Pontevedra en quen delegue.
  • Secretario: o da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todo os membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

6.— SELECCIÓN
A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración tanto dos méritos acreditados polos interesados coma da entrevista persoal.

7.— RESOLUCIÓN
A Comisión seleccionadora proporalle á Comisión de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas ós aspirantes que considere máis idóneos. Dito acordo publicarase no taboleiro de edictos do pazo provincial.

8.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comezou a beneficiarse desta no Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacións, e poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do xefe do Servicio e o acordo da Comisión de Goberno.
  2. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servicio de Arquivo, Biblioteca e Publicacións co fin de non entorpecer o labor do persoal, e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e disfrute destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de ditos bolseiros ó expresado organismo.

9.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento desta convocatoria.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2004.



O PRESIDENTE,
Asdo. Rafael Louzán Abal





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 26/03/04, número 59, páxina 34, anuncio 2004002453.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/03/2004 01:01
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/