[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 23 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de Pontevedra

BASES PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS DIRIXIDAS ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NO ANO 2012

Bases | Solicitude

Bases

1. FINALIDADE E OBXECTO
A finalidade desta convocatoria é apoiar as confrarías de pescadores da provincia no sostemento dos gastos derivados do desenvolvemento de determinados programas de fomento do sector pesqueiro, cos cales se contribúe a que acaden os obxectivos que lles son propios, segundo o disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local, no Regulamento de servizos das corporacións locais e na Lei 5/1997, de administración local de Galicia, e con cargo ó orzamento da Deputación para 2012. Convócanse os programas de subvencións que a continuación se detallan:

Programa Aplicación orzamentaria Importe
Subvención para actividade xeral 12/410.419.489.01 100.000 €
Subvención para infraestrutura e equipamento 12/410.415.789.02 150.000 €

As axudas poderanse referir, entre outras, ás seguintes materias:

Subvencións para infraestruturas e equipamento:

  • Aplicación de novas técnicas e modernización do proceso produtivo e comercialización dos produtos do mar.
  • Equipamento das lonxas nos aspectos técnico-sanitarios do persoal manipulador, instalación e utensilios de manexo e para equipamentos de oficina das confrarías.
  • Equipamento e explotación do frío industrial das confrarías e lonxas.
  • Vixilancia.

Subvencións para actividades:

  • Realización de cursos sobre traballos relacionados co sector pesqueiro, marisqueiro e de cultivos mariños.
  • Pagamento do persoal das confrarías.

Estas axudas serán compatibles con outras que teñan os mesmos obxectivos, de tal maneira que o importe da subvención concedida en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario.

2. SOLICITANTES

Poderán optar a estas axudas as confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra e as federacións provinciais de confrarías de Pontevedra que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar legalmente constituídas.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia.
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
  • Estar ó día nas súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e coa Deputación

3. CONDICIÓNS

  • As entidades só poderán presentar unha única solicitude, ben para actividade xeral ou ben para infraestrutura e equipamento.
  • A Deputación poderá conceder ata un máximo de 20.000,00 € no caso das subvencións para infraestruturas e equipamento, e de 15.000 € no caso das subvencións para actividades.
  • O importe da subvención solicitada será como máximo o 80% do orzamento de gastos.

4. DOCUMENTACIÓN
As solicitudes presentaranse nos modelos normalizados, que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación ou no Servizo de Medio Ambiente. Así mesmo, o modelo está na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es.

Achegarase tamén a seguinte documentación:

  • Fotocopia compulsada da tarxeta do CIF da entidade e do NIF do representante.
  • Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade.
  • Declaración de estar ó corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
  • Declaración orixinal do representante de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións da administración pública, de que acepta as bases da convocatoria e de que os datos e os documentos achegados coa solicitude se axustan á realidade.
  • Memoria explicativa da actividade ou investimento que se vai realizar, con mención expresa das persoas beneficiadas directa ou indirectamente. No caso de presentar unha memoria anexa, deberá estar asinada.
  • Orzamento de gastos.
  • Xuntarase, así mesmo, o compromiso da entidade respecto do seguinte: solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 50.000,00 € para realizar obras, ou superior a 18.000,00 € para a adquisición de equipamento ou prestación de servizos, nos termos do artigo 31.3 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
  • Importe da subvención solicitada, que non poderá superar o 80% do orzamento calculado de gastos.

A documentación que se entregue en fotocopia terá que vir compulsada.

O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base deberase solucionar no prazo de dez días dende o seguinte ó da recepción do requirimento.

5. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación, en Pontevedra, ou na súa sede de Vigo e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación será de 30 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

6. RESOLUCIÓN DAS AXUDAS
A concesión destas axudas será competencia da Xunta de Goberno, co ditame previo da Comisión Informativa de Pesca e Asuntos Mariños.

Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario, as solicitudes que, por circunstancias imprevisibles e excepcionais, non se presentasen no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito destinado a estas axudas para a súa concesión directa, tal e como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial.

  • 6.1 Valoración das solicitudes

    A selección das peticións e a contía das subvencións determinaranse unha vez consideradas as actividades e investimentos que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias:

    • Número de beneficiados directa ou indirectamente polas actividades ou investimentos: ata 20 puntos.
    • Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: ata 35 puntos.
    • Adecuación das actividades ou investimentos que se van realizar ó interese provincial: ata 30 puntos.
    • Emprego da lingua galega na realización das actividades: ata 5 puntos.
  • 6.2 Notificación e publicidade da resolución

A resolución de concesión deberase notificar expresamente a todos os solicitantes de forma fidedigna.

Contra o rexeitamento expreso ou presunto das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan.

7. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

  • 7.1 Prazo de xustificación

    As actividades obxecto de subvención deberán estar executadas antes do 30 de abril de 2013 e xustificadas antes do 31 de xullo dese ano.

    Este prazo poderá prorrogarse ata un máximo de 3 meses logo da solicitude e do acordo de prórroga expresos.

    Se non se presenta a xustificación dentro de prazo (inicial ou prorrogado) requirirase ó beneficiario para a súa presentación (art. 70 do Regulamento de subvencións). Non presentala, no prazo de 15 días desde o requirimento, dará lugar a que por resolución da Presidencia se inicie o expediente de anulación do correspondente compromiso. A resolución final notificaráselles á entidade e á Intervención provincial para a súa anotación contable.

  • 7.2 Documentación xustificativa
    1. Conta xustificativa dos gastos, asinada polo representante legal da entidade, na que se determine o custo ou gasto total da finalidade subvencionada.
    2. Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida.
    3. Certificación do técnico da confraría conforme as accións obxecto do proxecto se realizaron cumprindo as condicións impostas na concesión da axuda.
    4. Acreditación da debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado (declaración responsable do representante).
    5. Relación detallada das axudas económicas concedidas por outras administracións públicas, con este mesmo fin, para cumprir o establecido no artigo 72.1 do regulamento da Lei xeral de subvencións.
    6. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra; isto determinarao de oficio a propia Deputación a través do Servizo provincial de Intervención. Así mesmo, esixirase non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración Pública da Comunidade Autónoma, tal e como prevé a Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
  • 7.3 Tramitación da xustificación

    Unha vez vista a documentación xustificativa o órgano competente valorará o cumprimento das actividades ou investimentos subvencionados e, se a documentación é correcta, procederase a pagar a subvención.

    No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente darase un prazo de 10 días para a súa corrección.

    Para valorar que se cumpre a finalidade básica da subvención e para o seu pagamento terase en conta o seguinte:

    • No caso de que se xustifique o gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.
    • No caso de que se xustifique o gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención, mediante a aplicación do coeficiente de financiamento ó importe total dos gastos acreditados.

O aboamento da subvención materializarase mediante o ingreso na conta sinalada pola entidade.

8. RÉXIME SANCIONADOR
Será de aplicación o réxime sancionador previsto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, coas especificacións indicadas na súa disposición adicional décimo cuarta e demais lexislación de desenvolvemento.

9. DEREITO SUPLETORIO
Para o non previsto nestas bases aplicaranse as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.

Pontevedra, 26 de setembro de 2012
Xefa do Servizo de medio Ambiente
Concepción López Paz

Boletín Oficial da Provincia, data 01-10-2012, número 189, páxina 12, anuncio 2012008997.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 01/10/2012 12:56
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/