[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2013
Contratacións
Ano 2012
Contratacións
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Plan emprego 2012
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2012
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

CONVOCATORIA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO DE PROFESOR PARA A ESCOLA DE CANTEIROS

Bases | Formulario de solicitude
Listado provisional de admitidos e excluídos
Listas definitivas, tribunais e determinación das datas dos exercicios
PUNTUACIÓNS DO CONCURSO DE MÉRITOS DA PRAZA DE PROFESOR DE DEBUXO TÉCNICO
PUNTUACIÓNS DO CONCURSO DE MÉRITOS DA PRAZA DE PROFESOR DE MODELADO
Puntuacións 1º exercicio correspondente á praza de profesor de modelado
Puntuacións 1º exercicio correspondente á praza de profesor de debuxo técnico
Puntuacións 2º exercicio correspondente á praza de profesor de modelado

De conformidade co disposto no artigo 34.g) da lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola lei 11/99, do 21 de abril, RESOlVO aprobar a presente convocatoria para a contratación laboral por obra ou servizo determinado, a tempo parcial, de DOUS PROFESORES con destino á Escola de canteiros, dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, e que se desenvolverá de acordo coas seguintes bases:

PRIMEIRA.—OBXECTO DA CONVOCATORIA

  • 1.1. Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral por obra ou servizo determinado de dous PROFESORES para o curso escolar 2012/2013, polo procedemento de urxencia e mediante o sistema de concurso-oposición.
    POSTOS GRUPO HORAS RETRIBUCIÓN BRUTA
    Profesor de debuxo técnico A2 24 horas/mes 293,71 €/mes
    Profesor de modeladoA2 36 horas/mes 440,56 €/mes

SEGUNDA.—REQUISITOS DOS CANDIDATOS

  • 2.1. Para seren admitido neste proceso selectivo os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a súa contratación:
    1. Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
    2. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
    3. Estar en posesión da titulación académica que se detalla a continuación segundo o posto de traballo convocado o día en que remate o prazo de presentación de instancias:
      • Para o posto de traballo de profesor de debuxo técnico o título de arquitecto técnico, licenciado en arquitectura, licenciado en belas artes, enxeñeiro superior e enxeñeiro técnico.
      • Para o posto de traballo de profesor de modelado o título de licenciado en belas artes, ou de diplomado ou grao en conservación e restauración de bens culturais, especialidade escultura. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegarse credencial que acredite a súa homologación.
    4. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións docentes e asistenciais. Os aspirantes cuxa nacionalidade non sexa a española deberán acreditar non estaren inhabilitados ou en situación equivalente nin ter sido sometidos a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
    5. Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais do posto ao que aspira, e non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible.
    6. Ter ingresado na Tesouraría da Deputación ou na conta bancaria de novagaliciabanco nº 2080 5401 57 3110106612 a cantidade fixada como dereitos de exame.

TERCEIRA.—SOLICITUDES

  • 3.1. as solicitudes para participar neste proceso selectivo axustaranse ao modelo que figura como anexo II desta convocatoria e dirixiranse ao Ilmo. Sr. Presidente da Escola de canteiros no prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no boletín Oficial da Provincia.
  • 3.2. a presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de correos antes de seren certificadas, de forma que as solicitudes que non leven o selo de correos serán excluídas. ademais ditas solicitudes deberán enviarse por fax ao servizo de Recursos humanos da Deputación ó nº 986 804141, xunto coa documentación esixida para seren admitido.
  • 3.3. Será requisito necesario para participar neste proceso selectivo aboar, dentro do prazo de presentación de instancias, a cantidade de 15,00 € en concepto de dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesouraría da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á conta nº 2080 5401 57 3110106612 da Deputación de Pontevedra en Novagaliciabanco; de non realizarse o pagamento directamente na Tesouraría provincial o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo. En ningún caso a simple presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporán a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude perante o órgano expresado na base 3.1.
    Os dereitos de exame reintegraránselle de oficio aos aspirantes excluídos, sempre que cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.
  • 3.4. coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:
    1. Fotocopia do documento nacional de identidade; os aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade.
    2. Fotocopia do título académico esixido.
    3. Xustificante de pagamento das taxas de exame dentro do prazo de presentación de instancias. Estarán exentas de pagamento as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que acompañando a súa solicitude presenten os certificados que a acrediten.
    4. curriculum vitae e xustificantes de todos os méritos alegados.
    5. Proxecto docente, podendo entregarse no rexistro xeral ata a data en que teña lugar o primeiro exercicio.

CUARTA.—ADMISIÓN DE ASPIRANTES

  • 4.1. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes o presidente da Escola ditará resolución aprobando a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro de anuncios da Escola de canteiros e da Deputación Provincial, o que servirá de notificación aos interesados para todos os efectos.
  • 4.2. contra a devandita resolución os interesados poderán presentar reclamacións perante o presidente, no prazo de cINcO DÍaS hÁbIlES contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as devanditas reclamacións publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

QUINTA.—TRIBUNAL DE SELECCIÓN

  • 5.1. Os membros do tribunal cualificador serán designados polo presidente segundo o disposto no art. 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/91, do 7 de xuño, así como artigo 60 da citada lei 7/2007, do 12 de abril, tendo en conta á paridade entre homes e mulleres. O tribunal cualificador estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes, sendo a súa composición a seguinte: presidente, secretario e tres vogais. a pertenza a este órgano será sempre a título individual, non podendo ostentarse en representación nin por conta de ninguén.
  • 5.2. a composición do tribunal axustarase aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, que deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ao posto convocado. Non poderán formar parte do tribunal as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.
  • 5.3. O tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias así o aconsellen, limitándose os mencionados asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.
  • 5.4. a Presidencia, antes de que teña lugar a entrevista e xuntamente coa lista de admitidos, publicará no taboleiro de anuncios da escola e da corporación a resolución pola que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.
  • 5.5. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándolle ao presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da lei 30/92.
  • 5.6. O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva do tribunal adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo e as súas actuacións axustaranse en todo momento ao disposto na lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común e ás bases reguladoras desta convocatoria. En caso de ausencia do presidente titular e do presidente suplente actuará no seu lugar o vocal designado en primeira orde.
  • 5.7. Os membros do tribunal e os seus asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida.

SEXTA. SISTEMA DE SELECCIÓN

  • 6.1.—Establécese o sistema de concurso-oposición.
    A cualificación dos méritos na fase de concurso será anterior á fase de oposición e as puntuacións outorgadas publicaranse no taboleiro de anuncios da Escola de canteiros e do Pazo provincial. Os interesados poderán formular alegacións perante o tribunal no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte á publicación das puntuacións outorgadas na fase de concurso no taboleiro de anuncios.
    A puntuación obtida na fase de concurso non terá carácter eliminatorio e non poderá terse en conta para superar os exercicios da fase de oposición.
  • 6.2.—FASE DE CONCURSO. Nesta fase valoraranse os méritos específicos axeitados ás características dos postos de traballo convocados conforme ao seguinte baremo:
    • EXPERIENCIA DOCENTE, ata un máximo de 4 puntos. acreditarase mediante certificado de servizos prestados, contrato e vida laboral, computándose:
      1. Docencia universitaria: 0,50 puntos por ano de docencia en réxime de dedicación a tempo completo e 0,30 puntos/ano en réxime de dedicación a tempo parcial.
      2. Docencia non universitaria: 0,40 puntos por ano de docencia en réxime de dedicación a tempo completo e 0,30 puntos/ano en réxime de dedicación a tempo parcial
    • CURSOS, ata un máximo de 3 puntos. Por ter asistido a xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da administración do Estado, comunidade autónoma e admón. local, universidades, colexios oficiais ou escolas da administración pública relacionados co posto ao que se opta, ata un máximo de dous (2) puntos, computándose:
      1. De 100 ou máis horas de duración ou 10 ou máis créditos, 0,30 puntos/curso
      2. De entre 60 e 99 horas de duración, ou entre 6 e 9 créditos, 0,25 puntos/curso
      3. De entre 30 e 59 horas de duración ou entre 3 e 5 créditos, 0,20 puntos/curso
      4. De entre 10 e 29 horas de duración ou entre 1 e 2 créditos 0,15 puntos/curso
      5. Os masters universitarios 0,80 puntos

      Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración da xornada, congreso, simposio, seminario ou curso en créditos ou número de horas. así mesmo, no se computarán as xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de duración inferior a un crédito ou dez horas.

    • OUTROS MÉRITOS, non valorados nos apartados anteriores, ata un máximo de 3 puntos. cada mérito alegado non poderá ser valorado con máis de 0,50 puntos. Neste apartado terase en conta necesariamente o coñecemento da lingua galega.
      O tribunal non valorará os méritos que sendo alegados polos/as aspirantes no curriculum vitae non estean debidamente xustificados e sempre referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • 6.3.—FASE DE OPOSICIÓN. Nesta fase valorarase a posesión dos coñecementos xerais necesarios para exercer a docencia e dos coñecementos específicos da especialidade á que opta, a aptitude pedagóxica e o dominio das técnicas necesarias para o exercicio docente, así como a corrección na expresión oral e escrita dos aspirantes. constará de dous exercicios:
    • PRIMEIRO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio: consistirá na realización dunha proba práctica, no tempo que determine o tribunal e que terá por obxecto comprobar a formación científica dos aspirantes e o dominio das habilidades técnicas correspondentes o posto ó que opten.
    • SEGUNDO EXERCICIO, de carácter obrigatorio e eliminatorio. consistirá na exposición oral do seu curriculum vitae e da programación didáctica docente adecuada ao perfil do posto de traballo convocado, na que se deberán especificar os obxectivos, contidos, criterios de avaliación e metodoloxía. Dita programación será elaborada de forma individual polo aspirante e terá unha extensión máxima de 20 folios, por unha sola cara, no tipo de letra arial 11 puntos. a programación didáctica poderase entregar no rexistro xeral xunto coa instancia ou ata a data en que teña lugar o primeiro exercicio.
      O tribunal valorará a exposición clara, ordenada e coherente dos coñecementos dos aspirantes, a precisión terminolóxica; a riqueza do léxico e a sintaxe fluída e sen incorreccións. cada un dos exercicios da oposición será cualificado entre cero (0) e dez (10) puntos, necesitándose para aprobar cada un dos exercicios obter unha puntuación mínima de cinco (5) puntos.

    A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso de selección será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do tribunal.

    Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas ambas, a maior e a menor, calculándose a media aritmética coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal.

SÉTIMA.—DESENVOLVEMENTO DO PROCESO SELECTIVO

  • 7.1. a data e máis a hora na que deberá constituírse o tribunal para valorar os méritos, así como o día e a hora en que terá lugar o primeiro exercicio serán determinados polo presidente mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do tribunal, que se publicará mediante anuncio no taboleiro de anuncios da Deputación e da Escola de canteiros, polo menos con TRES DÍaS hÁbIlES de antelación.
  • 7.2. Os aspirantes convocaranse para a realización do primeiro exercicio nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os que non comparezan, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.
  • 7.3. concluído cada un dos exercicios da fase oposición, o tribunal fará pública no taboleiro de anuncios a relación de aspirantes que o superasen, indicando a puntuación obtida. Os opositores non incluídos na lista terán a consideración de “non aptos”.
  • 7.4. a relación de aprobados en cada exercicio deberá publicarse no taboleiro de anuncios, polo menos con 12 horas de antelación á nova reunión do tribunal cando se trate do mesmo exercicio e con 24 horas de antelación cando se trate dun novo exercicio.
  • 7.5. Os exercicios terán lugar a porta pechada sen outra asistencia cos membros do tribunal, os colaboradores designados por estes e os opositores.
  • 7.6. Desde o momento en que remate un exercicio ou proba ata que empece o seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días hábiles.
  • 7.7. contra os acordos do tribunal poderá interpoñerse recurso administrativo de alzada perante o presidente que os nomeou, segundo o previsto no artigo 114.1 da lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola lei 4/99.

OITAVA.—PROPOSTA DE CONTRATACIÓN E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS

  • 8.1. Sumadas as puntuacións totais da fase de concurso e de oposición, o tribunal fará pública a proposta de contratación a favor do candidato que obteña maior puntuación total final, que será publicada no taboleiro de anuncios da Deputación e da Escola de canteiros.
  • 8.2. O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou este proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de postos convocados. calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.
  • 8.3. No suposto de empate nas puntuacións totais finais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no apartado de experiencia docente e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida na proba práctica. De persistir o empate este resolverase por sorteo.
  • 8.4. así mesmo, o tribunal poderá propor a non provisión do posto xustificando esta decisión. Este acordo publicarase no centro e servirá de notificación aos interesados para todos os efectos.
  • 8.5. Os candidatos propostos para estas contratacións deberán presentar no Servizo de Recursos humanos da Deputación os seguintes documentos:
    1. Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado de ningunha administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos, en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións docentes. Os que non ostenten a nacionalidade española deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na lei 17/1993, do 23 de decembro (boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).
    2. certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que lle incapacite para o desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de profesor da escola.
    3. Declaración de non estar afectado de incompatibilidade.
  • 8.6. O presidente contratará como profesores da Escola aos candidatos propostos polos tribunais seleccionadores, unha vez que acrediten en prazo a documentación requirida; de non facelo, o presidente procederá, se é o caso, á contratación do seguinte candidato na orde proposta.
  • 8.7. a duración do contrato establécese para o curso 2012/2013, podendo prorrogarse por curso, á vista do informe favorable do Director do centro e de non cubrise o posto con carácter definitivo polo procedemento regulamentario.
  • 8.8. a xornada laboral será a tempo parcial e polo número de horas mensuais que se determinan na base primeira segundo o posto de traballo convocado.
  • 8.9. a duración do período de proba será de 6 meses, considerándose superado sempre que non conste obxección expresa contraria dentro dese prazo.
  • 8.10. a retribución mensual será a establecida na base primeira en función do número de horas de traballo, segundo o posto de traballo convocado e conforme ao previsto nas bases de aplicación de retribucións do orzamento provincial e I convenio colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial.

NOVENA.—DEVOLUCIÓN E DOCUMENTACIÓN

  • 9.1. A documentación achegada á instancia para participar neste proceso selectivo deberá ser retirada polos interesados unha vez transcorrido o prazo de tres meses, a contar desde a publicación da resolución da convocatoria no taboleiro de anuncios, sempre e cando non se presentase ningún recurso contra dita resolución. Transcorrido un mes despois de dito prazo, procederase á destrución da documentación que non fose retirada.

DÉCIMA.—NORMAS XERAIS

  • 10.1. Estes procesos selectivos regularanse polo disposto nas bases da convocatoria e no non previsto nestas pola lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei da Función Pública de Galicia (arts. 32-103), Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixente en materia de réxime local (arts. 134 -137), o Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, sobre procedemento de selección na administración local, Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que aproba o regulamento de selección de persoal da administración da comunidade autónoma de Galicia e polo Real decreto 364/95, polo que se aprobou o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración do Estado, artigo 2 do Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, e I convenio colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra ao que está adherido o Organismo autónomo Escola de canteiros.

DÉCIMO PRIMEIRA.—NORMA DERRADEIRA

  • 11.1. contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no boletín Oficial da Provincia, de conformidade co disposto na lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición perante o presidente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 2 de setembro de 2012
O PRESIDENTE
ilexible
O SECRETARIO
ilexible

Boletín Oficial da Provincia, data 08/10/12, número 194, páxina 3, anuncio 2012009351.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 19/11/2012 13:00
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/