[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2013
Contratacións
Ano 2012
Contratacións
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Plan emprego 2012
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2012
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

CONVOCATORIA DE TRES BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA AS SECCIÓNS DE FITOPATOLOXÍA, FRUTICULTURA E ORNAMENTAIS DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO, DESTINADAS A LICENCIADOS/AS UNIVERSITARIOS

Bases | Formulario de solicitude
Declaración xurada (acreditación de non estar incapacitado)
Declaración xurada (renuncia a actividade remunerada)
Lista de aspirantes admitidos e exlcuídos
Resultado da entrevista

De conformidade coa proposta do xefe do Servizo de Estación Fitopatolóxica do Areeiro e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e o artigo 105 da lei 5/1997 da Administración Local de Galicia, RESOLVO convocar tres bolsas de Licenciado/a ou Graduado/a en Ciencias Biolóxicas, Enxeñería de Montes ou Enxeñería Agraria con destino ás Seccións de Fitopatoloxía, Fruticultura e Ornamentais do referido Centro, consonte as seguintes

BASES

PRIMEIRA. OBXECTO
Estas bases regulan o procedemento que hai que seguir para a concesión DE TRES BOLSAS DE LICENCIADO/A UNIVERSITARIO/A OU GRADUADO/A EN CIENCIAS BIOLÓXICAS, ENXEÑERÍA DE MONTES OU ENXEÑERÍA AGRARIA, co fin de realizar traballos de diagnose, análise e asesoramento nas Seccións de Fitopatoloxía, Fruticultura e Ornamentais da Estación Fitopatolóxica do Areeiro da Deputación de Pontevedra.

SEGUNDA. CONDICIÓNS DOS/AS ASPIRANTES
Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de licenciado/a ou graduado/a en Bioloxía, Enxeñería de Montes ou Enxeñería Agraria, ou estar en condicións de o obter na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado/a fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non ter sido beneficiario/a dunha bolsa na Deputación de Pontevedra nin nos seus organismos autónomos.

TERCEIRA. DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.000 €/mes por beneficiario/a, cantidade que se imputará á aplicación 413.413.481.01 do orzamento provincial. O pagamento das bolsas realizarase a partir da incorporación dos/as bolseiros/as, por mensualidades completas ou por fraccións, proporcional ó tempo que dure a bolsa para os casos nos que o/a bolseiro/a inicie ou finalice a súa relación nunha data que non coincida co mes natural. A remuneración por estas bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir do momento que sexan concedidas.

CUARTA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Coa instancia achegarase:

  1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data na que finalice o prazo para presentar as solicitudes.
  3. Certificado do expediente académico no que conste a nota media para a súa valoración na fase de concurso.
  4. Declaración xurada na que o/a interesado/a se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa.
  5. Certificado que acredite non estar incapacitado/a fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do/a solicitante conforme cumpre este requisito.
Para presentar as instancias os/as solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula.

QUINTA. COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos dos/as candidatos/as constituirase unha comisión de selección, integrada por:

  • Presidente: o da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais: un deputado/a provincial ou persoa en quen delegue, o xefe do Servizo de Estación Fitopatolóxica do Areeiro ou persoa en quen delegue e un/ha funcionario/a técnico superior pertencente á Deputación de Pontevedra.
  • Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario/a de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

SEXTA. SELECCIÓN DOS/AS BOLSEIROS/AS
A selección dos/as bolseiros/as efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos/as interesados/as e unha entrevista persoal:

  • BAREMO DE MÉRITOS:
    1. Expediente académico: ata un máximo de 2,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R. d. 1497/87, modificado polo R. d. 1267/94 ou o R. d. 1125/03, valorarase con 0,00 puntos.
    2. Por ter realizado un máster ou cursos de especialización cunha duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa 0,40 puntos/máster ou curso de especialización, ata un máximo de 0,80 puntos.
    3. Por ter asistido a xornadas ou cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidade Autónoma e Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados coa bolsa á que se opta (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo Nacional de Formación Continua), ata un máximo de 1,20 puntos, computándose:
      1. De 100 ou máis horas de duración, 0,20 puntos/curso
      2. De entre 60 e 99 horas de duración, 0,15 puntos/curso
      3. De entre 30 e 59 horas de duración, 0,10 puntos/curso
      4. De entre 10 e 29 horas de duración, 0,05 puntos/curso
      1. De 10 ou máis créditos, 0,20 puntos/curso
      2. De entre 6 e 9 créditos, 0,15 puntos/curso
      3. De entre 3 e 5 créditos, 0,10 puntos/curso
      4. De 1 ou 2 créditos, 0,05 puntos/curso

    Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración da xornada, congreso, simposio, seminario ou curso en créditos ou número de horas. Así mesmo, non se computarán os de duración inferior a un crédito ou dez horas.

  • ENTREVISTA PERSOAL: a comisión manterá con cada un dos/as aspirantes que se presenten unha entrevista persoal relacionada co obxecto da bolsa, na que poderá formular cantas preguntas considere oportunas sobre o traballo que se vai desenvolver; valorarase de cero a tres (0,00 a 3,00) puntos.

Unha vez que remate o prazo para presentar as instancias os/as aspirantes serán convocados/as para unha entrevista segundo a publicación da relación de admitidos/as na páxina web, no lugar, día e hora indicados.

Finalmente a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e a proposta de adxudicación.

SÉTIMA. RESOLUCIÓN
A comisión seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno da Deputación a adxudicación destas bolsas ós/ás aspirantes que consideren máis idóneos/as e que acadasen a máxima puntuación, de acordo co especificado na cláusula sexta das bases. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do pazo provincial e na páxina web da institución.

OITAVA. CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración de un ano, contados desde a data na que o adxudicatario/a comece o seu labor no Servizo de Estación Fitopatolóxica do Areeiro, e poderán ser prorrogadas, anualmente, ata un máximo de catro anos, unha vez emitido o informe favorable do responsable do Servizo e o acordo da Xunta de Goberno.
  2. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza.
  3. Os/as beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do Servizo de Estación Fitopatolóxica do Areeiro co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique ningunha relación de traballo laboral remunerado.
  4. Aceptar e facer uso destas bolsas non establece ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra, polo que non implica en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación do dito/a bolseiro/a a este organismo.

NOVENA. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN
Os/as candidatos/as que non obteñan as bolsas ofertadas poderán retirar a documentación que presentaron para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ó da comunicación da adxudicación das bolsas. Despois deste prazo a Deputación resérvase o dereito a destruír esa documentación.

DÉCIMA. INTERPRETACIÓN DAS BASES
A comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten, tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nestas bases.

UNDÉCIMA. DEREITOS SUPLETORIOS
A convocatoria das bolsas, a selección dos/as bolseiros/as e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.



Boletín Oficial da Provincia, data 09/10/12, número 195, páxina 2, anuncio 2012009286.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 16/11/2012 14:36
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/