[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 17 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2013
Contratacións
Ano 2012
Contratacións
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Plan emprego 2012
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2012
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

CONVOCATORIA DE CATRO BOLSAS DE INVESTIGACIÓN PARA O SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO, DESTINADAS A LICENCIADOS EN HISTORIA OU GRADUADOS EN INFORMACIÓN/DOCUMENTACIÓN, EN RÉXIME DE CONCURRENCIA COMPETITIVA

Bases | Formulario de solicitude
Declaración xurada (acreditación de non estar incapacitado)
Declaración xurada (renuncia a actividade remunerada)
Lista admitidos y excluidos
Lista valoración de méritos
Resultado da entrevista

Bases

De conformidade coa proposta do Director do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e o artigo 105 da lei 5/1997 da Administración Local de Galicia, RESOLVO convocar catro bolsas de Licenciado en Historia ou Graduado en Información/Documentación con destino ao referido Servizo, consonte as seguintes

PRIMEIRA. OBXECTO

Estas bases regulan o procedemento que hai que seguir para a concesión de CATRO BOLSAS DE LICENCIADO EN HISTORIA OU GRADUADO EN INFORMACIÓN/DOCUMENTACIÓN, co fin de realizar tarefas relacionadas coa arquivística, inventariado e catalogación, especialmente de arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampación e tarxeta postal.

SEGUNDA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES

Poderán ser beneficiarios destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

  1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Estar en posesión do título de licenciado en Historia ou graduado en Información/Documentación, ou estar en condicións de o obter na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 35 anos na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa na Deputación de Pontevedra nin nos seus organismos autónomos.

TERCEIRA. DOTACIÓN ECONÓMICA

Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.000 €/mes por beneficiario, cantidade que se imputará á aplicación 12/332.330.481.01 do orzamento provincial. O pagamento das bolsas realizarase a partir da incorporación dos bolseiros, por mensualidades completas ou por fraccións, proporcional ó tempo que dure a bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data que non coincida co mes natural. A remuneración por estas bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir do momento que sexan concedidas.

CUARTA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As instancias dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Coa instancia achegarase:

  1. Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa.
  2. Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data na que finalice o prazo para presentar as solicitudes.
  3. Currículo e documentación acreditativa deste. Para estes efectos valorarase a realización de cursos relacionados coa arquivística, inventariado, catalogación, especialmente de arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampación e tarxeta postal.
  4. Declaración xurada na que o interesado se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa.
  5. Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme cumpre este requisito.

QUINTA. COMISIÓN DE SELECCIÓN

Para poder valorar os méritos dos candidatos constituirase unha comisión de selección, integrada por:

  • Presidente: o da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue.
  • Vogais: un deputado provincial, o xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e un funcionario técnico superior pertenencente á Deputación de Pontevedra.
  • Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue.

Todos os membros terán voz e voto.

A comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

SEXTA. SELECCIÓN DOS BOLSEIROS

A selección dos bolseiros efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados e unha entrevista persoal:

- BAREMO DE MÉRITOS:

  1. Expediente académico: ata un máximo de 2,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R. d. 1497/87, modificado polo R. d. 1267/94 ou o R. d. 1125/03, valorarase con 0,00 puntos.
  2. Por ter realizado un máster ou cursos de especialización cunha duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa, 0,40 puntos/máster ou curso de especialización, ata un máximo de 0,80 puntos.
  3. Por ter asistido a xornadas, congresos, simposios, seminarios ou cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidade Autónoma e Administración local, universidades, colexios oficiais ou escolas da Administración pública directamente relacionados coa bolsa á que se opta (incluídos os organizados por sindicatos no marco do Acordo Nacional de Formación Continua), ata un máximo de un con vinte (1,20) puntos, computándose:
    1. De 100 ou máis horas de duración 0,20 puntos/curso
    2. De entre 60 e 99 horas de duración 0,15 puntos/curso
    3. De entre 30 e 59 horas de duración 0,10 puntos/curso
    4. De entre 10 e 29 horas de duración 0,05 puntos/curso
    1. De 10 ou máis créditos 0,20 puntos/curso
    2. De entre 6 e 9 créditos 0,15 puntos/curso
    3. De entre 3 e 5 créditos 0,10 puntos/curso
    4. De 1 ou 2 créditos 0,05 puntos/curso

Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración da xornada, congreso, simposio, seminario ou curso en créditos ou número de horas. Así mesmo, non se computarán os de duración inferior a un crédito ou dez horas.

- ENTREVISTA PERSOAL: a comisión manterá con cada un dos aspirantes que se presenten unha entrevista persoal relacionada co obxecto da bolsa, na que poderá formular cantas preguntas considere oportunas sobre o traballo que se vai desenvolver; valorarase de cero a tres (0,00 a 3,00) puntos.

Unha vez que remate o prazo para presentar as instancias os aspirantes serán convocados para unha entrevista segundo a publicación da relación de admitidos na páxina web, no lugar, día e hora indicados.

Despois de rematar as entrevistas, no prazo máximo de dez (10) días, a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e a proposta de adxudicación.

SÉTIMA. RESOLUCIÓN

A comisión seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno da Deputación a adxudicación destas bolsas ós aspirantes que considere máis idóneos e que acadasen a máxima puntuación, de acordo co especificado na cláusula sexta das bases.

OITAVA. CONDICIÓNS XERAIS

Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración de seis meses, contados desde a data na que o adxudicatario comece o seu labor no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, unha vez emitido o informe favorable do responsable do Servizo e o acordo da Xunta de Goberno.
  2. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza.
  3. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique ningunha relación de traballo laboral remunerado.
  4. Aceptar e facer uso destas bolsas non establece ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra, polo que non implica, en consecuencia, ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación do dito bolseiro a este organismo.
  5. A decisión da comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

NOVENA. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN

Os candidatos que non obteñan as bolsas ofertadas poderán retirar a documentación que presentaron para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ó da comunicación da adxudicación das bolsas. Despois deste prazo a Deputación resérvase o dereito a destruír esa documentación.

DÉCIMA. INTERPRETACIÓN DAS BASES

A comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten, tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nestas bases.

UNDÉCIMA. DEREITOS SUPLETORIOS

A convocatoria das bolsas, a selección dos bolseiros e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 18 de outubro de 2012
A XEFA SO SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN

Boletín Oficial da Provincia, data 23/10/2012, número 204, páxina 15, anuncio 2012009812.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/11/2012 14:44
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/