[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Plan emprego 2012
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2012
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

BASES DAS BOLSAS DE ESTUDO PARA OS ALUMNOS DA ESCOLA DE CANTEIROS
ANO 2012

Bases

Bases

1.- Obxecto

O obxecto das bases é regular a concesión de 20 bolsas de estudo para alumnos de Escola de Canteiros de Pontevedra para o ano 2012.

2.- Requisitos dos beneficiarios

Sen prexuízo do establecido no art. 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, quen opten a condición de beneficiarios das bolsas deberán cumprir os seguintes requisitos: estar matriculados na Escola de Canteiros no curso 2012/2013 e ter aprobado o curso completo entre as convocatorias de xuño e setembro.

Terán prioridade os nacidos na provincia de Pontevedra ou con residencia mínima de cinco anos en calquera dos seus Municipios, o que se acreditará mediante a certificación correspondente.

3.- Criterios obxectivos de outorgamento das bolsas

As cualificacións obtidas polo alumno no curso anterior.

4.- Contía

As bolsas teñen unha dotación económica de 1.000,00 € cada unha, cuxo importe total ascende á cantidade de 20.000,00 €, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 2012/832-323-481.00, non podendo superarse dito importe, a non ser que se aumente o crédito existente.

5.- Procedemento de concesión

A concesión das bolsas realizarase mediante o procedemento de concorrencia competitiva, conforme ós principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

6.- Forma e prazo de presentación de solicitudes

Os aspirantes presentarán no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, solicitude dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente, no prazo comprendido dende a publicación desta convocatoria no BOP ata o 20 de novembro do presente ano, acompañada dos seguintes documentos:

  1. Certificación de cualificacións obtidas nos últimos estudos, tanto os efectuados na propia Escola de Canteiros como en calquera outro Centro de Ensinanza.
  2. Fotocopia da última declaración da Renda da unidade familiar ou certificación de haberes dos pais expedida polo Centro ou empresa na que presten servizos se non fixesen declaración da Renda, que poderá substituírse por declaración xurada se traballan por conta propia e non efectuaron declaración da Renda.
  3. Fotocopia do Libro de Familia para acreditar o número de membros que a compoñen.

Se a solicitude non reunira os requisitos esixidos na convocatoria, a Comisión de Valoración requirirá ó interesado para que os subsane no prazo de 10 días hábiles, indicándolle que se non o fixera teráselle por desistido da súa solicitude.

7.- Comisión de valoración

Co fin de discernir os méritos dos aspirantes e propor á Corporación os que resulten seleccionados, constituirase unha Comisión integrado polos seguintes membros:

  • Presidente: O titular da Deputación ou Deputado no que delegue.
  • Vogais: A Deputada Presidenta da Comisión de Cultura.
    A Directora da Escola de Canteiros.
  • Secretario: O titular da Corporación ou funcionario no que delegue.

A Comisión examinará a documentación presentada, avaliará os méritos dos solicitantes e proporá a adxudicación das bolsas, de acordo cos criterios de valoración establecidos na convocatoria.

No seu funcionamento a Comisión axustarase ó réxime dos órganos colexiados establecido no Capítulo II do Título II da Lei 30/1992, de 26 de novembro, e os seus membros estarán suxeitos ó réxime de incompatibilidades previsto no art. 28 de dita lei.

8.- Resolución

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, reunirase a Comisión e, á vista dos méritos e medios económicos dos solicitantes, formulará proposta á Presidencia dos que consideren acredores das Bolsas de estudos por orde de preferencia.

A resolución que se dite, concedendo ou denegando a bolsa, será notificada ó beneficiario no prazo de dez días dende a súa adopción e nos termos establecidos no art. 58 e 59 de Lei 30/92, de 26 de decembro.

9.- Obrigas dos beneficiarios

Os bolseiros asumen as obrigas establecidas de modo xeral no art. 14 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, e en particular unha vez rematado cada curso, os bolseiros presentarán na Escola de Canteiros, certificación académica das cualificacións obtidas.

10.- Natureza xurídica

A cantidade que se aboe ós bolseiros en ningún caso terá a consideración de salario ou remuneración senón de axuda económica para a formación.

11.- Interpretación das Bases

A interpretación e aplicación das presentes Bases queda reservada á Comisión de Valoración, quen resolverá igualmente aqueles extremos non previstos nas mesmas.

12.- Réxime xurídico

No non previsto nestas Bases estarase o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e a cantas normas resulten de aplicación.

Pontevedra, 16 de outubro de 2012
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 30/10/2012, número 209, páxina 28, anuncio 2012010064.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 30/10/2012 12:08
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/