[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 18 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Recursos humanos e formación
Páxina Principal
Servizos
Recursos humanos
e formación
Política de Calidade
Oferta de emprego
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Ano 2003
Convocatoria de postos
de traballo
Ano 2013
Contratacións
Ano 2012
Contratacións
Ano 2011
Contratacións
Ano 2010
Contratacións
Ano 2009
Contratacións
Ano 2008
Contratacións
Ano 2007
Ano 2006
Contratacións
Ano 2005
2º semestre 2010
Contratacións
Ano 2004
Ano 2002
Postos de traballo
Ano 2009
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Bolsas
Ano 2011
Ano 2010
Ano 2009
Ano 2008
Ano 2007
Ano 2006
Ano 2005
Ano 2004
Cursos de formación
2º semestre 2012

Páxina [1] 2 3
RECURSOS HUMANOS E FORMACIÓN 

Deputación de Pontevedra

CONVOCATORIA DE PROVISIÓN DE TRES POSTOS DE PROFESOR ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA

Bases | Anexo I
Anexo II | Anexo III | Listas provisionais
Tribunais, listas definitivas e data entrevista | Corrección de erros
Puntuacións méritos e entrevista

Bases

De conformidade co disposto no artigo 34.g) da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola Lei 11/99, do 21 de abril, RESOLVO aprobar a presente convocatoria de provisión de tres postos de PROFESOR para a Escola universitaria de Enfermería, dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, e que se desenvolverá de acordo coas seguintes bases:

PRIMEIRA.—OBXECTO DA CONVOCATORIA

Esta convocatoria ten por obxecto a provisión dos seguintes postos de PROFESOR da Escola universitaria de Enfermería para o curso académico 2012/2013, polo procedemento de urxencia e mediante o sistema de concurso:

  • un posto de profesor de (Clínica Médica) Enfermería Clínica III
  • un posto de profesor de Enfermería Materno Infantil
  • un posto de profesor de farmacoloxía Clínica e Dietética

O concurso levaráse a cabo mediante valoración de méritos e entrevista persoal.

SEGUNDA.—NORMAS XERAIS.

Este concurso rexerase pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 7/2007, de 12 de abril pola que se aproba o Estatuto Básico do Empregado Público e Real decreto lexislativo 1/2008, polo que se aproba o Texto Refundido da Ley da función Pública de Galicia, tendo en conta a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios.

TERCEIRA.—REQUISITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS.

  • 3.1. Para ser admitido/a neste proceso selectivo os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata o seu nomeamento:
    1. Ter a nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
    2. Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
    3. Estar en posesión da titulación académica que se detalla a continuación segundo o posto ofertado:
      • Para o posto de profesor de (Clínica Médica) Enfermería Clínica III: licenciado ou doutor en Medicina e Ciruxía.
      • Para o posto de profesor de Enfermería Materno Infantil, Diplomado universitario de En- fermería, licenciado ou doutor en Medicina e Ciruxía.
      • Para o posto de profesor de farmacoloxía e Dietética, licenciado en farmacia ou medicina. No caso de títulos obtidos no estranxeiro, deberá achegar credencial que acredite a súa homologación ou o seu recoñecemento para o exercicio como profesor de universidade.
    4. Ter a condición de funcionario público en praza pertencente o grupo A, estar exercendo actualmente unha actividade profesional remunerada e ter unha experiencia de al menos dous anos nos cinco últimos anteriores.
    5. Ter aboadas as taxas por dereitos de exame dentro do prazo de presentación de solicitudes.
    6. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos. O aspirante cuxa nacionalidade non sexa a española deberá acreditar non estaren inhabilitados ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
    7. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes ó posto convocado.

CUARTA.—SOLICITUDES.

  • 4.1. As solicitudes para participar neste proceso selectivo axustaranse ao modelo que figura como anexo II desta convocatoria e dirixiranse ao Ilmo. Sr. Presidente da Escola de Enferméria no prazo de DEZ DÍAS NATURAIS, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  • 4.2. A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas. As solicitudes no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.
  • 4.3. Será requisito necesario para participar neste proceso selectivo aboar, dentro do prazo de presentación de instancias, a cantidade de 35,00 € en concepto de dereitos de exame e os gastos de tramitación que, no seu caso, determine a entidade bancaria, que poderán satisfacerse directamente na Tesourería da Deputación, ou ben mediante xiro postal, telegráfico ou transferencia bancaria dirixida á conta de novagaliciabanco nº 2080 5401 57 3110106612; de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería provincial o solicitante fará constar na súa instancia a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo. En ningún caso a simple presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporán a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.
    Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio aos aspirantes excluidos, sempre que cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.
  • 4.4. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:
    1. fotocopia do documento nacional de identidade; os/as aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade.
    2. fotocopia do título académico esixido.
    3. Xustificante de pagamento das taxas de exame dentro do prazo de presentación de instancias.
      Estarán exentas de pagamento as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre que acompañando a súa solicitude presenten os certificados que a acrediten.
    4. Acreditación de ter a condición de funcionario público en praza pertencente o grupo A, de estar exercendo actualmente unha actividade profesional remunerada e ter unha experiencia de al menos dous anos nos cinco últimos anteriores a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes, mediante certificado da Administración na que preste servizos.
    5. Curriculum vitae detallado conforme o modelo que figura como anexo III.
    6. Copia da certificación académica na que consten as cualificacións obtidas no estudios universitarios e a data das mesmas
    7. Xutificantes de todos os méritos alegados
  • 4.5. Os erros de feito que se puidesen advertir, poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado. Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1. para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, excepto causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo servizo de Recursos Humanos.

QUINTA.—ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

  • 5.1. finalizado o prazo de presentación de solicitudes o presidente da Escola ditará resolución aprobando a relación provisional de aspirantes admitidoss e excluídos, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro de anuncios da Escola de Enfermería e da Deputación Provincial, o que servirá de notificación aos interesados para todos os efectos.
  • 5.2. Contra a devandita resolución os interesados poderán presentar reclamacións ante o presidente, no prazo de CINCO DÍAS HÁBILES contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Resoltas as devanditas reclamacións publicarase nos mesmos lugares a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

SEXTA.—TRIBUNAL DE SELECCIÓN.

  • 6.1. Os membros do tribunal cualificador serán designados polo presidente segundo o disposto no art. 4, parágrafos e) e f) do Real decreto 896/91, do 7 de xuño, así como artigo 60 da citada Lei 7/2007, do 12 de abril, tendo en conta á paridade entre homes e mulleres. O tribunal cualificador estará integrado por cinco membros titulares e cinco suplentes, sendo a súa composición a seguinte: presidente, secretario e tres vogais. A pertenza a este órgano será sempre a título individual, no podendo ostentarse en representación nin por conta de ninguén.
  • 6.2. A composición do tribunal axustarase os principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, que deberán posuír titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ó posto convocado. Non poderán formar parte do tribunal as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual.
  • 6.3. O tribunal poderá dispoñer a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen voto, cando a natureza ou as circunstancias así o aconselle, limitándose os mencionados asesores a prestaren a súa colaboración nas súas especialidades técnicas.
  • 6.4. A Presidencia, antes de que teña lugar a entrevista e xuntamente coa lista de admitidos, publicará no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da escola e da corporación a resolución pola que se nomean os membros titulares e suplentes do tribunal cualificador.
  • 6.5. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, comunicándolle ó presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
  • 6.6. O tribunal cualificador deberá constituírse na data que designe o presidente, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada tribunal, titulares ou suplentes. Na sesión constitutiva do tribunal adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.
  • 6.7. A partir da sesión de constitución do tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes, e axustará as súas actuacións en todo momento ó disposto na Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria. En caso de ausencia do presidente titular e do presidente suplente actuará no seu lugar o vocal designado en primeira orde.
  • 6.8. Os membros do tribunal e os seus asesores que asistan ás sesións percibirán as axudas de custo pola súa asistencia segundo a contía legalmente establecida.

SÉTIMA.—VALORACIÓN DE MÉRITOS

  • 7.1 O tribunal comprobará e cualificará os méritos alegados polos aspirantes, que deberán xustificarse fidedignamente con documentos orixinais ou unha copia autenticada acreditativa daqueles, de acordo co BAREMO que figura no ANEXO I, e que recolle as seguintes puntuacións:
    • Experiencia investigadora, ata un máximo de 5 puntos
    • Experiencia docente, ata un máximo de 5 puntos
    • Experiencia profesional, ata un máximo de 15 puntos
    • Outros méritos, ata un máximo de 5 puntos
  • 7.2. O tribunal non valorará os méritos que sendo alegados polos/as aspirantes no curriculum vitae non estean debidamente xustificados e sempre referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

OITAVA.—ENTREVISTA

  • 8.1. A entrevista persoal consistirá na exposición oral do seu curriculum vitae e proxecto docente adecuado ao perfil do posto, que será valorada de 0 a 20 puntos.

NOVENA.—DESENVOLVEMENTO DO PROCESO SELECTIVO

  • 9.1. A data e mais a hora na que deberá constituírse o tribunal para valorar os méritos, así como o día e a hora en que terá lugar a entrevista será determinado polo presidente mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de admitidos e a composición do tribunal, que se publicará mediante anuncio no taboleiro de anuncios da Deputación e da Escola de Enfermería, polo menos con TRES DÍAS HÁBILES antelación.
  • 9.2. O curriculum vitae deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo III.
  • 9.3. Os aspirantes convocaranse para a realización da entrevista nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito os que non comparezan, salvo os casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal.

DÉCIMA.—PROPOSTA, PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS E NOMEAMENTO.

  • 10.1. Sumadas as puntuacións totais do baremo de méritos e da entrevista, o tribunal fará pública a proposta de nomeamento a favor do candidato que obtivo a maior puntuación total final, que será publicada no taboleiro de anuncios da Deputación e da Escola de Enfermería, a fin de que os posibles interesados podan formular alegacións ante o tribunal no prazo de TRES DÍAS HÁBILES contados a partires do seguinte á dita publicación.
    O tempo transcorrido entre a publicación da convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder de catro meses
  • 10.2. O tribunal non poderá en ningún caso aprobar nin declarar que superou este proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de postos convocados. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido anteriormente será nula de pleno dereito.
  • 10.3. No suposto de empate nas puntuacións totais finais de dous ou máis aspirantes, este resolverase tendo en conta a maior puntuación obtida no apartado de experiencia profesional e, se isto non fose suficiente, pola puntuación obtida no apartados de experiencia docente. De persistir o empate este resolverase por sorteo.
  • 10.4. Asi mesmo, o tribunal poderá propor a non provisión do posto xustificando esta decisión. Este acordo publicarase no centro e servirá de notificación aos interesados para todos os efectos.
  • 10.5. Os candidatos propostos para a provisión dos postos deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos da Deputación no prazo de dez días naturais seguintes ao de finalizar a actuación do tribunal, os seguintes documentos:
    1. Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos. en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.
      Os/as concursantes que non ostenten a nacionalidade española deberán acreditar non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).
    2. Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que lle incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a profesor/a da escola.
    3. Declaración de non estar afectado de incompatibilidade.
  • 10.6. O presidente efectuará o nomeamento dos candidatos propostos polo tribunal seleccionador, unha vez que acrediten en prazo a documentación requirida; de non facelo, o presidente procederá, se é o caso, ao nomeamento do seguinte candidato na orde proposta.
  • 10.7. A duración do nomeamento establécese para o primeiro cuatrimestre do curso académico 2012/2013.
  • 10.8. A xornada laboral será a tempo parcial segundo o número de horas lectivas e de titorias establecidas na guía didáctica.
  • 10.9. Como retribución percibirán unha gratificación de 579,41 €/mes.

DÉCIMO PRIMEIRA.—DEVOLUCIÓN E DOCUMENTACIÓN

A documentación presentada ao concurso deberá ser retirada polos interesados unha vez transcorrido o prazo de tres meses, a contar desde a publicación da resolución do concurso no taboleiro de anuncios, sempre e cando non se presentase ningún recurso contra dita resolución. Transcorrido un mes despois de dito prazo, procederáse á destrucción da documentación que non fose retirada.

DÉCIMO SEGUNDA.—NORMA DERRADEIRA.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición ante o presidente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 11 de noviembre de 2012
O PRESIDENTE
O SECRETARIO

Boletín Oficial da Provincia, data 19-11-2012, número 222, páxina 29, anuncio 2012010762.

Páxina Seguinte Páxina [1] 2 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 04/03/2013 10:31
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/