[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 22 DE OUTUBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura » Exposicións e certames » Concurso de Rondallas
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Concurso de Rondallas
Bienal Internacional de Arte
Certame novos valores
Certame de bandas de música
Concursos zonais de bandas
Exposición da camelia
Festival Bandas
Festivais de Corais
Festival Habaneras
Ligazóns

CULTURA 

Deputación de Pontevedra

IV CONCURSO PROVINCIAL DE RONDALLAS DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Bases

Bases

O Presidente desta Deputación Provincial, mediante resolución presidencial núm. 15567 de data 11 de decembro de 2012, aprobou as seguintes bases:

Primeira.—A Deputación de Pontevedra, no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das rondallas da nosa provincia, convoca o IV Concurso Provincial de Rondallas Deputación de Pontevedra, que terá lugar o 30 de decembro de 2012 no Instituto feiral de Vigo (IFEVI).

Segunda.—Debido ó carácter de promoción deste concurso poderán optar a participar nel as rondallas da provincia que o desexen e que conten cun mínimo de corenta compoñentes e un máximo de cento vinte. O número máximo de rondallas participantes limítase a doce, e o número mínimo esixido pola Deputación para que se desenvolva o evento é de sete. O único criterio de selección será a orde de inscrición no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra. as solicitudes presentadas trasladaránselle ó comité organizador. as inscricións realizadas fóra do prazo estipulado nestas bases non se admitirán, independentemente da causa que o produza.

Terceira.—O prazo de inscrición será de cinco días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. as inscricións formularanse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada rondalla, segundo o modelo de instancia que se facilitará no rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depo.es, acompañada dunha certificación bancaria e da fotocopia compulsada do CIf ou NIf, segundo proceda, a cal se presentará no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra. a inscrición no concurso implica a completa aceptación das súas bases.

Cuarta.—O escenario e as instalacións nas que se desenvolva o concurso serán as mesmas para todas as rondallas participantes.

Quinta.— Os premios do concurso, para as agrupacións participantes, serán:

  • Primeiro Clasificado: 2.100 €
  • Segundo Clasificado:1.800 €
  • Terceiro Clasificado: 1.500 €

Establécese, a maiores, un premio para o mellor conxunto de abandeirados por un importe de catrocentos (400) euros que, baixo a dita denominación, se lle outorgará á rondalla premiada:

  • Mellor conxunto de abandeirados: 400 €

Os importes destes premios aplicaranse con cargo á aplicación orzamentaria 12/330.334.481.06. O resto das rondallas participantes percibirán a cantidade de mil trescentos (1.300) euros con cargo a dita aplicación e en concepto de participación. Todos os premios estarán suxeitos á normativa fiscal que proceda aplicar.

Sexta.— A orde de actuación no IFEVI das doce rondallas inscritas decidirase mediante un sorteo público, que se realizará na sede de Vigo da Deputación de Pontevedra.

Sétima.— O xurado do concurso cualificará entre 0 e 16 puntos cada unha das agrupacións, valorando os seguintes elementos:

  1. Criterios relacionados coa cultura tradicional e popular galega (valoración máxima 10 puntos):
    • Instrumentación musical tradicional: máximo 4 puntos
    • Repertorio musical: máximo 4 puntos
    • Vestimenta de todos os compoñentes da rondalla: máximo 2 puntos
  2. Outros criterios (valoración máxima 6 puntos):
    • Evolución e coreografía en pista: máximo 3 puntos
    • Instrumentación musical xeral: máximo 3 puntos

Oitava.— Cada rondalla disporá dun máximo de doce minutos para realizar as interpretacións que estime oportunas. O tempo dispoñible computarase desde o momento de entrada do primeiro membro da rondalla ata o momento da saída do derradeiro compoñente do escenario da actuación.

Novena.— Establécense as seguintes penalizacións por exceso de tempo:

  • 10 puntos, polo primeiro minuto ou fracción
  • 20 puntos, polo segundo minuto ou fracción
  • 30 puntos, polo terceiro minuto ou fracción

As agrupacións descualificarase inmediatamente nos seguintes casos:

  • Cando o exceso de tempo supere os tres minutos
  • Cando figuren na pista menos de 40 compoñentes

As rondallas presentaranse coa mesma formación inicial coa que realizan as actuacións ó longo do ano e os seus delegados daranlle, previa deliberación, a súa conformidade ó xurado. así mesmo, tamén lle proporán, previa votación entre eles, o premio ó Mellor Conxunto de abandeirados.

Décima.— Os himnos oficiais dos estados e das comunidades autónomas non se poderán incluír nos repertorios das rondallas participantes.

Décimo primeira.— O xurado do concurso estará composto polos seguintes membros:

  • Presidente: O presidente da Deputación de Pontevedra ou persoa en quen delegue.
  • Vogais:
    • Tres persoas relacionadas coa música, a danza, a etnografía, o folclore ou a cultura tradicio- nal galega, nomeadas pola Presidencia.
    • Unha persoa nomeada pola federación de Peñas Recreativas El Olivo.
    • Unha persoa nomeada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
  • Secretario: o titular da Deputación ou funcionario en quen delegue, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nestas bases

Correspóndelle ó xurado resolver as controversias que xurdan na interpretación das bases; o seu presidente dispón tamén de voto de calidade para resolver os posibles empates. En relación ás posibles causas de abstención dos membros do xurado estarase ó disposto no art. 28 da lei 30/92, de 26 de novembro.

Décimo segunda. —A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha destas bases. a decisión do xurado será inapelable.

Décimo terceira. —O comité organizador é o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do concurso e o que tomará as medidas oportunas para asegurar o correcto desenvolvemento deste. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace.

As decisións tomadas polo comité organizador na execución e no desenvolvemento destas bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveraas, en cada caso, de maneira irrevogable.

Décimo cuarta. —O comité organizador do IV Concurso Provincial de Rondallas Deputación de Pontevedra constituirase da seguinte maneira:

  • Presidente: o presidente da Deputación de Pontevedra ou persoa en quen delegue
  • Vogais:
    • Dous representantes da Deputación de Pontevedra
    • Un representante da agrupación de Centros Culturais de Vigo
  • Secretario: O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue.

Pontevedra, a 12 de decembro de 2012


Boletín Oficial da Provincia, data 14-12-2012, número 240, páxina 11, anuncio 2012011645.
INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/12/2012 14:31
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/