[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 22 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

PADROADO PROVINCIAL
DE TURISMO RÍAS BAIXAS

APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA REALIZACIÓN DE MATERIAL TURÍSTICO

A Xunta Rectora do Padroado Provincial de Turismo “Rías Baixas”, en sesión celebrada o pasado día 24 de marzo de 2004, adoptou entre outros o seguinte acordo:

2.— APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA REALIZACIÓN DE MATERIAL TURÍSTICO

Bases da convocatoria para a concesión de subvencións para a realización de material de propaganda e información turística para o ano 2004.

1.— OBXECTO DA CONVOCATORIA
A concesión polo Padroado Provincial de Turismo “Rías Baixas” de subvencións para a confección e/ou reedición actualizada de material gráfico de propaganda e información turística en forma exclusivamente de folletos, guías, mapas, separatas da Guía Provincial de Turismo, carteis ou posters, CD-Rom e páxinas Web de información turística, sen ningunha propaganda comercial, con cargo a un crédito destinado a tal fin por importe de 84.000,00 euros, da partida orzamentaria 04/875.751.462.02, aportada polo propio Padroado.

No suposto que pola Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia se efectuara algunha aportación en posible Convenio a subscribi-lo seu importe incrementará o crédito mencionado no parágrafo anterior.

2.— BENEFICIARIOS DA SUBVENCIÓN
Serán os Concellos, ou agrupacións de polo menos tres Concellos e Mancomunidades da Provincia de Pontevedra, os Centros de Iniciativas Turísticas e as demais entidades relacionadas co Turismo sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT).

3.— CONDICIÓNS

  1. Non será subvencionada a realización de material que non sexa obxecto específico desta convocatoria, quedando por tanto excluídos os seguintes obxectos:
    • Libros de Historia dos Concellos.
    • Programas de festas e libros de programas de festas.
    • Bolígrafos, chisqueiros, adhesivos, camisetas, e outras prendas de vestir, paraugas, cinceiros, material de oficina, pins e calquera tipo de material propagandístico que non presente información sobre os destinos ou recursos turísticos a publicar.
    • Promoción e propaganda de empresas privadas (si de asociacións de empresas sen ánimo de lucro).
  2. No material realizado non poderán figurar referencias a establecementos turísticos, hoteis, restaurantes, cámping, bares e/ou calquera outra empresa que non estea debidamente legalizada.
  3. No material a realizar deberá utilizarse a toponimia oficial. No caso de empregarse a lingua galega deberá empregarse o galego normativo.
  4. Non se subvencionará material de promoción turística que conteña erros importantes ou información non actualizada. Non se subvencionará material con contidos que non sexan estrictamente de promoción turística.
  5. No caso de dúbida decidirase a adecuación do material á subvención por parte da Xunta Rectora do Padroado Provincial de Turismo en Sesión Ordinaria.

4.— CONTÍA DA SUBVENCIÓN
A subvención a outorgar non poderá supera-las seguintes porcentaxes do presuposto presentado polas entidades:

  • 50% para os Concellos declarados Concellos Turísticos Galegos polo Consello da Xunta de Galicia,
  • 40% para as Mancomunidades, Sociedades de Desenvolvemento Comarcal e entidades sen ánimo de lucro.
  • 30% para os Concellos non declarados Concellos Turísticos Galegos, e resto de Entidades da cláusula 2ª.

A subvención nunca poderá excede-los 5.000 euros por entidade.

Non se subvencionarán proxectos que presenten diferencias superiores ó 25% entre o presupostado e o certificado.

5.— SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
As solicitudes efectuaranse por medio de petición dirixida ó Presidente do Padroado Provincial de Turismo “Rías Baixas”, acompañada do presuposto do custo da inversión prevista, xunto con memoria explicativa das accións a levar a cabo, sendo inescusable a aportación de fotocopia cotexada do NIF da entidade solicitante e do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas no seu caso.

Para as Entidades sen ánimo de lucro esixirase que houbese asinado ou asinase o Convenio de Colaboración co Padroado Provincial de Turismo Rías Baixas.

Non se subvencionará material turístico distinto ó solicitado.

6.— PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes rematará ó día 30 de abril do ano en curso.

7.— CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN
Resérvase a concesión da subvención ós criterios expostos nestas Bases e á valoración que sobre a calidade do material a realizar estime a Xunta Rectora do Padroado. Os solicitantes que desexen garanti-la obtención da subvención poderán remitir ó Padroado unha maqueta ou bocetiño do material a publicar para recibi-lo visto e prace, previo a súa edición.

O Padroado comunicará ós beneficiarios o importe da subvención concedida á maior brevidade posible.

8.— PAGO DA SUBVENCIÓN
O importe da subvención farase efectivo unha vez xustificada a inversión efectuada unicamente para o material solicitado mediante remisión ó Padroado de copia da factura correspondente ou fotocopia cotexada da mesma, así como de tres exemplares do material de que se trate, indicando nome da entidade bancaria e número completo da conta á cal poderá transferirse a subvención e certificado do Secretario da entidade beneficiaria.

9.— PRAZO PARA REALIZACIÓN DO OBXECTO DA SUBVENCIÓN
A xustificación da inversión efectuarase inescusablemente antes do día 30 de setembro vindeiro, pasado o cal sen efectualo considerarase perdida a subvención concedida, sen dereito a ningunha reclamación.

10.— CONDICIÓN PARTICULAR
No material a subvencionar figurarán inescusablemente os logotipos do Padroado Provincial de Turismo “Rías Baixas”, da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, evitándose todo tipo de publicidade comercial.

Procurarase aportar exemplares do material subvencionado ó Padroado, cando así se solicite ou se invite a aportalo para a súa difusión nas Feiras de Turismo en que participe.

No caso de non dispor de logotipos solicitaranse ó Padroado.

11.— HOMOXENEIZACIÓN DOS DESEÑOS
Tal como se acordou no I Foro Turístico das Rías Baixas e en varias reunións da Xunta Rectora do Padroado Provincial de Turismo Rías Baixas procederase no vindeiro exercicio a realizar unha homoxeneización do material turístico da provincia de Pontevedra. Polo tanto, este Padroado non subvencionará no ano 2005 material que non se adapte os deseños que a tal fin serán entregados polo Padroado antes do verán 2004.

12.— INFORMACIÓN
Nas oficinas do Padroado na Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra. Teléfono 986 84 26 90 ou fax 986 86 87 50.

O que lle traslado para o seu coñecemento, cumprimento e demais efectos.

Pontevedra, 1 de abril de 2004.—

O SECRETARIO-ADMINISTRADOR,
Rogelio Nicieza de la Cerra





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 12/04/04, número 68, páxina 15, anuncio 2004002872.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 13/04/2004 05:53
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/