[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 16 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cidade Infantil Príncipe Felipe
Páxina Principal
Servizos
Cidade Infantil
Príncipe Felipe
Historia
Notas de identidade
Requisitos de acollemento residencial
Instalacións
Centro de Primeira Acollida
Centro infantil (maternais)
Centro Agarimo
Centro infanto-xuvenil
'Escola-Fogar'
Residencia Xuvenil
Centro de día
Escola infantil
Obxectivos e fins
Actividades
Campamento da Lanzada
Historia
Localización
Instalacións
Solicitudes
Taxas
Taxas

Páxina [1] 2
CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE 

Deputación de Pontevedra

campamentos A lanzada 2013

Bases | Solicitude. Folla 1 | Inscrición. Folla 2
Renuncia | Díptico
Modificación das bases

BASES

A Deputación de Pontevedra oferta, un ano máis, os campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada, que terán lugar nas seguintes datas:

  • Primeira quenda: 23 de xuño – 29 de xuño
  • Segunda quenda: 30 de xuño – 6 de xullo
  • Terceira quenda: 7 de xullo – 13 de xullo
  • Cuarta quenda: 14 de xullo – 20 de xullo
  • Quinta quenda: 21 de xullo – 27 de xullo
  • Sexta quenda: 28 de xullo – 3 de agosto
  • Sétima quenda: 4 de agosto – 10 de agosto
  • Oitava quenda: 11 de agosto – 17 de agosto
  • Novena quenda: 18 de agosto – 24 de agosto
  • Décima quenda: 25 de agosto – 31 de agosto
  • Undécima quenda: 1 de setembro – 7 de setembro

A derradeira quenda está pendente de confirmar debido a que non está aprobado o calendario escolar nin a data de comezo das clases.

SOLICITUDES

Participantes
Rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 2000 e 2005, ambos os dous incluídos.

Impresos
Solicitude e folla de inscrición.

Normas para cubrir os impresos
Na solicitude cubriranse os datos da unidade familiar, é dicir, os datos do pai, nai ou titor, co DNI, teléfono móbil (obrigatorio), enderezo e concello.

A continuación indicaranse os datos do neno ou nenos (irmáns) que queiran ir xuntos ó campamento, por orde de prioridade, da 1ª a 11ª quenda.

Se os irmáns queren ir en quendas separadas deberase cubrir unha solicitude por neno. Neste caso hai que ter en conta que os irmáns entrarían por separado no sorteo, pero non se pode asegurar que, de ser agraciados cunha praza, saian en quendas separadas.

As solicitudes asinaranas os pais ou titores dos nenos.

Os datos da solicitude verificaranse coa documentación presentada así como coa base de datos de asistentes do ano pasado. De existir faltas de veracidade, as ditas solicitudes quedarán excluídas do proceso.

Na folla de inscrición deben cubrirse os datos do neno, enfermidades, alerxias, etc. (unha folla por neno).

Lugar de presentación das solicitudes e da documentación
As solicitudes presentaranse nos concellos colaboradores, na Oficina de Información ó Cidadán, na Sede da Deputación en Vigo ou no Centro Príncipe Felipe (oficinas).

Os que presenten a súa solicitude a través do procedemento do portelo único dos concellos ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deberán remitir, unha vez rexistrada, unha copia por fax ó número 986 804 138.

Non se admitirán as solicitudes presentadas unicamente por fax.

Prazos

  • Presentación de solicitudes: do 1 de marzo ó 5 de abril.
  • Sorteo e publicación das listaxes de admitidos: do 29 de abril ó 3 de maio.
  • Comunicarase o resultado dos participantes seleccionados por SMS (desde o Concello ou a Deputación) ou por correo electrónico.
  • Prazo de presentación do pagamento: desde o día seguinte ó sorteo ata o 24 de maio.
  • Chamada ós participantes en lista de espera: do 3 ó 7 de xuño.

Prezo
O prezo será de 68 € por neno.

No prezo do campamento non se inclúen actividades nin excursións, que serán aboadas na presentación do campamento (no primeiro día da correspondente quenda).

ADXUDICACIÓNS

Cobertura das prazas
As prazas cubriranse mediante sorteo nas distintas quendas; asígnanse 100 prazas para nenos e outras 100 para nenas. De non existir cota suficiente para cubrilas farase a través de múltiplos de cinco, por exemplo: 90/110, 95/105…

Daráselles prioridade no sorteo ós participantes que non asistiron ó campamento na campaña de verán do ano pasado.

A cota por concellos, é dicir, as prazas asignadas a cada concello en proporción da súa poboación (datos obtidos do INE, censo do ano 2011), establécese de acordo co seguinte reparto:

Parámetros de poboación

Maior ou igual a (habitantes) Menor a (habitantes) Prazas
0 3.000 10
3.000 5.000 20
5.000 10.000 25
10.000 20.000 30
20.000 30.000 55
30.000 35.000 80
35.000 80.000 100
80.000 200.000 200
200.000 300

Reservaranse 30 prazas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, repartidas nas once quendas de campamentos. As prazas non cubertas entrarán no sorteo.

Lista de espera
As vacantes que se produzan por renuncia da praza ofreceránselles ós solicitantes que figuren nas listas de espera, tendo en conta que a baixa dun neno cubrirase con outro neno e a baixa dunha nena cubrirase con outra nena.

Teranse en conta os irmáns para a mesma quenda sempre e cando haxa vacantes suficientes; do contrario, chamaríase ó seguinte da lista.

Na lista de espera non se terá en conta a cota correspondente a cada Concello.

As renuncias non se incluirán na lista de espera.

Contactarase cos suplentes por teléfono ou SMS desde a Deputación.

Unha vez aceptada a praza presentarán o pagamento nun prazo de 48 horas. En caso contrario a praza seralle ofertada ó seguinte da lista de espera.

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

  • Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor
  • Fotocopia do DNI do solicitante; de non o ter, o libro de familia
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou do seguro médico privado
  • Certificado ou volante de empadroamento

DEVOLUCIÓN DE COTAS
Para ter dereito á devolución é necesario comunicar a renuncia á praza por escrito mediante un modelo normalizado, polo menos 20 días naturais antes do inicio da quenda (excepto por motivos médicos).

Aquelas solicitudes de devolución de cotas que non se presenten tal e como se reflicte anteriormente serán denegadas, independentemente da causa xustificativa que se alegue.

Motivos de devolución:

  • Enfermidade, accidente…, co correspondente xustificante médico
  • Admisión noutra actividade nas mesmas datas, xuntando o pagamento

INCORPORACIÓN ÓS CAMPAMENTOS
A incorporación ó campamento será por conta do interesado o día de inicio da quenda correspondente, entre as 10:00 e as 11:00 horas.

No suposto de que o participante abandone a actividade ou sexa expulsado será responsabilidade dos pais ou titores legais trasladalo de regreso ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados.

OBRIGAS DOS ADXUDICATARIOS

  1. Incorporarse ó campamento e regresar polos medios e nos prazos establecidos.
  2. Non abandonar a actividade sen o permiso do seu responsable. En todo caso, o abandono da actividade antes da súa finalización requirirá a presenza dos pais ou titores e será responsabilidade destes o traslado ó seu domicilio, así como os gastos ocasionados.
  3. Respectar as normas establecidas polos equipos de animación.
  4. A praza é intransferible.

SORTEO

  1. Cota por concellos. Prazas asignadas a cada concello en proporción da súa poboación (datos obtidos do INE, censo do ano 2011), tal e como se específica nas bases.
  2. 100 nenos / 100 nenas por quenda. De non existir cota suficiente para cubrilas farase a través de múltiplos de cinco.
  3. Trinta prazas reservadas para os nenos do Centro Príncipe Felipe, repartidas nas once quendas de campamentos.
  4. Preferencia no sorteo para aqueles participantes que non asistiron ó campamento na campaña de verán do ano pasado (2012).
  5. Cando os nenos obteñan praza (por primeira vez no campamento) e teñan irmáns, estes tamén obterán praza na mesma quenda, aínda que xa fosen o ano pasado.
  6. Sorteo por quendas.



Páxina Seguinte Páxina [1] 2

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/04/2013 09:20
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/