[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MÉRCORES, 26 DE FEBREIRO DE 2020
   Está en » depontevedra.es » Webs temáticas » O Pazo de Lourizán
Páxina 1 [2] 3 4 5 6
O PAZO DE LOURIZÁN 




[Prema (click) para ampliar a imaxe]

LOCALIZACIÓN

Achegándose pola estrada N-550, que vai de Pontevedra a Marín, no lugar de Erbalonga, na parroquia de San Andrés de Lourizán, atópase o pazo do mesmo nome. Desde o alto do predio case esquecendo a paisaxe máis próxima, divísase ó lonxe o porto de Combarro, en Poio, e a illa de Tambo. Máis preto, paralela á autovía discorre unha das Rías Baixas, a de Pontevedra. O panorama que se contempla desde o pazo pouco ten que ver co de finais de século XIX, a praia de entón é hoxe o camiño que une a capital provincial coa vila marinense, as fábricas e as casas son testemuñas dos novos tempos, mais ó entrar en Lourizán o reloxo semella detido e quen o visita recupera na memoria os anos e espacios perdidos.

[Prema (click) para ampliar a imaxe]

A illa de Tambo desde o alto
do miradoiro de Raxó, no concello de Poio




Fotografía: Anxo Rial / ArteXphoto

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3 4 5 6

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/04/2004 07:11
Copyright © 2002-2020, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/