[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
DOMINGO, 16 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE INVESTIGACIÓN PARA A MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

De conformidade coa proposta do Xefe do Servicio Agrario e en virtude das facultades que me confire o art. 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Excma. Deputación Provincial convoca unha bolsa de investigación para a Mixión Biolóxica de Galicia, consonte as seguintes:

B A S E S

1.— CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Os aspirantes deberán reuni-las seguintes condicións:

  1. Ser español.
  2. Estar en posesión do título de Licenciado, Enxeñeiro Superior ou Arquitecto Superior, ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias, por ter rematado os estudios correspondentes.

2.— OBXECTO E DOTACIÓN ECONÓMICA
Esta bolsa ten por obxecto realizar traballos de investigación científica na Misión Biolóxica de Galicia e figura cunha dotación económica de 841,41 €/mes por beneficiario, contía que se imputará á partida 03/711.711.481.02 do orzamento provincial

3.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria, dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia acompañarase a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitua.
  2. Documento acreditativo de estar en posesión do título de Licenciado, Enxeñeiro Superior ou Arquitecto Superior ou en condicións de obtelo na data en que finalice o prazo de presentación de instancias por ter rematado os estudios correspondentes.
  3. Certificado do expediente académico, currículum vitae, e documentación acreditativa do mesmo.
  4. Memoria anteproxecto do traballo de Investigación que se propón, xunto co visto e prace do Investigador Director do traballo.
  5. Méritos relacionados cos traballos de investigación que se van a desenvolver, debidamente xustificados.
  6. Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar se fora seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que disfrute da bolsa.

4.— COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos aportados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros:

  • Presidente: O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal, ou Deputado Provincial en quen delegue.
  • Vocais: Un Deputado Provincial, un representante da Misión Biolóxica de Galicia, un funcionario Técnico Superior pertencente á Deputación Provincial de Pontevedra.
  • Secretario: O da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue

Tódolos membros terán voz e voto.

A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de mais da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente.

5.— SELECCIÓN DO BOLSEIRO
A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados conforme ó seguinte baremo:

  1. Expediente do candidato ata un máximo de 7 puntos.
  2. Tesina ou Master, ata un máximo de 1 punto.
  3. Cursos relacionados co tema, ata un máximo de 0,5 puntos.
  4. Outros méritos do candidato ata un máximo de 0,5 puntos.
  5. CV del investigador ata un máximo de 1 punto.

6.— RESOLUCIÓN
A Comisión Seleccionadora proporá á Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas ós aspirantes que considere mais idóneos.

Dito acordo publicarase no Taboleiro de Edictos do Pazo Provincial.

7.— CONDICIÓNS XERAIS
Establécense as seguintes condicións xerais:

  1. As bolsas terán unha duración dun ano a contar dende a data na que o adxudicatario comezou o disfrute da mesma na Misión Biolóxica de Galicia.

    Poderán ser prorrogadas por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable da Misión Biolóxica de Galicia e da Memoria do labor desenvolta polo bolseiro, e acordo da Comisión de Goberno.

  2. As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última.
  3. Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a observa-lo horario de traballo e disciplina da Misión Biolóxica de Galicia e demais normas do Consello Superior de Investigacións Cientificas co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado.
  4. A aceptación e disfrute destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, nin co Consello Superior de Investigacións Científicas, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de ditos bolseiros ós expresados Organismos.
  5. A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación coa Memoria Anteproxecto de Traballo de Investigación. O fallo da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria.

8.— INTERPRETACIÓN DAS BASES
A Comisión quedará autorizada para resolve-las dúbidas que se lle presenten e toma-los acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso e o non previsto nas presentes Bases.

Pontevedra, 9 de marzo de 2004.



O PRESIDENTE,
Asdo. Rafael Louzán Abal





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 26/04/04, número 78, páxina 80, anuncio 2004003427.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 26/04/2004 07:00
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/