[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 18 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA

CONVOCATORIA DE QUINCE BOLSAS DE ESTUDIOS PARA O ANO 2004

B A S E S

1.— As bolsas convocadas están dotadas con 601,01 € cada unha e poderán optar a elas os que reúnan calquera destas condicións:

  1. Ser natural da provincia de Pontevedra.
  2. Residir actualmente na provincia de Pontevedra, levando cinco anos de residencia en calquera dos seus Municipios.

2.— Os aspirantes presentarán no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial, solicitude dirixida ó Ilmo. Sr. Presidente, durante o prazo de quince días naturais seguintes á inserción desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, acompañada dos seguintes documentos:

  1. Certificación de nacemento para os nacidos na provincia de Pontevedra ou de residencia mínima de cinco anos en calquera dos seus Municipios, expedida pola Alcaldía correspondente.
  2. Certificación de cualificacións obtidas nos últimos estudios, tanto dos efectuados na propia Escola de Canteiros como en calquera outro Centro de Ensinanza.
  3. Fotocopia da última declaración da Renda da unidade familiar ou certificación de haberes dos pais expedida polo Centro ou empresa en que presten servicios se non fixese declaración da Renda, que poderá substituírse por declaración xurada se traballan por conta propia e non efectuaron declaración da Renda.
  4. Fotocopia do Libro de Familia para acredita-lo número de membros que a compoñen.

3.— Co fin de discerni-los méritos dos aspirantes e propor á Corporación os que resulten seleccionados, constituirase un Tribunal integrado polos seguintes membros:

  • Presidente
    - O titular da Deputación ou Deputado no que delegue.
  • Vocais
    - O Deputado Presidente da Comisión de Cultura;
    - un representante da Delegación Provincial da Consellería de Cultura,
    - o Director da Escola de Canteiros e o Xefe do Servicio de Cultura.
  • Secretario
    - O titular da Corporación ou funcionario no que delegue.

4.— Rematado o prazo de presentación de solicitudes, reunirase o Tribunal e á vista dos méritos e medios económicos dos solicitantes, formulará proposta á Corporación dos que consideren acreedores ás bolsas por orde de preferencia.

5.— Unha vez rematado cada curso, os bolseiros presentarán na Sección de Cultura da Deputación, certificación académica das cualificacións obtidas.

6.— As bolsas prorrogaranse anualmente ata o remate do ciclo de estudios ós que aproben o curso completo nas convocatorias de xuño e setembro.

7.— A interpretación e aplicación das presentes Bases queda reservada ó Tribunal, quen resolverá igualmente aqueles extremos non previstos nas mesmas.

Pontevedra, 3 de maio de 2004.



O PRESIDENTE EXECUTIVO O SECRETARIO DA ESCOLA





Publicado no Boletín Oficial da Provincia o 06/05/04, número 86, páxina 13, anuncio 2004003803.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 06/05/2004 12:13
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/