[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 27 DE MAIO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cultura » Cultura
Páxina Principal
Servizos
Cultura
Subvencións
Plan Cultural
Plan Cultural 2013
Plan Cultural 2012
Plan Cultural 2011
Plan Cultural 2010
Plan Cultural 2009
Plan Cultural 2008
Plan Cultural 2007
Plan Cultural 2006
Plan Cultural 2005
Plan Cultural 2004
Colaboracións
Premios
Programas educativos-culturais para escolares
Exposicións e certames
Ligazóns

Páxina 1 [2] 3
CULTURA 

Plan Cultural 2004. Bases

  1. SOLICITANTES DAS ACTUACIÓNS
    As entidades solicitantes de grupos artísticos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectua-la súa actuación sen impedimento ningún. Débense poñer en contacto con eles para coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra.
     
  2. PRAZO DE SOLICITUDES
    As peticións para actuacións destes grupos solicitaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración, non concedéndose máis dun grupo por cada acto que vaia ter lugar. Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención na propaganda e publicidade oral e escrita que confeccionen do patrocinio no acto da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada.
     
  3. SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS
    A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios, ponderando as seguintes circunstancias:
    • Adecuación da actuación ó interese provincial: 40%.
    • Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver: 20%.
    • Número posible de beneficiarios do evento: 20%.
    • Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación: 20%.

     
  4. VIXENCIA
    O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2004, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 11/05/2004 14:41
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/