[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
SÁBADO, 20 DE XULLO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

bases de axudas económicas
ás embarcacións tradicionais 2004

anuncio

O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 26 de maio do ano 2004, adoptou, entre outros este acordo:
2.5059.— BASES DE AXUDAS ECONÓMICAS
ÁS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS 2004

1.— OBXECTO
Subvención de investimentos realizados para a recuperación patrimonial e a construcción de réplicas de embarcacións tradicionais para uso en actividades de promoción sociocultural, con base nos portos da provincia de Pontevedra, así como inversións de mantemento das embarcacións necesarias para o seu uso en actividades culturais.

Neste programa concederanse axudas económicas cun crédito inicial de SETENTA E DOUS MIL EUROS (72.000,00), con cargo á partida orzamentaria 04/711.711.779.02, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou órgano competente desta Excma. Deputación para a súa concesión, de acordo coas bases de execución do Orzamento, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, salvo casos de urxencia nos que poderá concederse dándolle conta despois á Comisión.

2.— TIPOS DE INVESTIMENTOS QUE PODERÁN ACCEDER A UNHA AXUDA

  1. Poderase subvencionar a recuperación e a construcción de réplicas de embarcacións tradicionais de pesca para o uso en actividades de promoción cultural. As ditas axudas son incompatibles co uso da embarcación para a pesca e a acuicultura, e con calquera das axudas incluídas no programa comunitario ou autonómico de construcción e modernización de embarcacións pesqueiras.
  2. Poderase solicitar axudas para todos aqueles accesorios e materiais de mantemento das embarcacións tradicionais que sexan de inversión e necesarios para o seu uso en actividades culturais (velas, remolques, reparacións da cuberta, obra morta, arboladura, etc. ...).
  3. As axudas económicas poderán acadar como máximo ata o 80% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós presupostos e ós proxectos presentados e cunha contía máxima de 6.000,00 Euros.

3.— BENEFICIARIOS

  1. Poderán solicitar as axudas as Confrarías de Pescadores e as entidades de carácter social e cultural sen fins de lucro, que teñan entre os seus obxectivos o desenvolvemento do patrimonio marítimo galego, e que acrediten a titularidade da embarcación para a que se solicita a axuda.

    Tódolos beneficiarios das axudas deberán ter o seu domicilio social e fiscal no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.

  2. As axudas corresponderán a investimentos realizados no presente exercicio económico de 2004, debendo estar xustificadas como data límite o 30 de abril do ano 2005.
  3. Os beneficiarios de axuda non poderán transferir a propiedade nin ceder as embarcacións nun prazo de cinco anos, agás autorización expresa desta Deputación.
  4. Para as axudas de proxectos de máis de un ano de duración ou polo seu elevado custo poderase efectuar por fases, efectuándose as solicitudes de axuda económica para as diferentes fases que comprenden o proxecto así como a xustificación das mesmas.

4.— PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de axudas axustaranse ó modelo que figura no anexo, debendo ser presentadas no Rexistro da Deputación de Pontevedra, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando a documentación seguinte:

  1. Memoria da actividade a desenvolver.
  2. Orzamento do investimento.
  3. Fotocopia compulsada dos estatutos da persoa xurídica ou sociedade.
  4. Certificación do órgano competente na que se especifique o acordo polo que se concede autorización para facer a solicitude ó asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia.
  5. Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal.
  6. Fotocopia compulsada do documento que acredite a inscrición no Rexistro de asociacións.
  7. Certificación bancaria na que conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda.
  8. Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin.
  9. Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación, ou acreditación da cesión dela.

A documentación sinalada nos apartados C, E, e F, non terá que ser presentada se xa obra na Deputación.

No Rexistro da Excma. Deputación poderán retirarse modelos de solicitude, declaración xurada de axudas económicas e non transferencia ou cesión da embarcación.

5.— VALORACIÓN DO PROXECTO

  1. Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes.
  2. Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, que deberá facerse mediante presentación de facturas orixinais ou fotocopias compulsadas, pagándose ata o 80% da inversión xustificada e como máximo a axuda concedida. Nesta mesma factura deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación. Os técnicos do Servicio Agrario informarán sobre a realidade do investimento.
  3. Estas axudas serán compatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración.

6.— PRAZO DE PRESENTACIÓN
Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes.

7.— RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

Pontevedra, 9 de xuño de 2004.
O SECRETARIO,
Rogelio Nicieza de la Cerra

Boletín Oficial da Provincia, data 17/06/04, número 115, páxina 8, anuncio 2004005326.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 17/06/2004 11:01
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/