[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 25 DE ABRIL DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

bases de axuda á
pesca costeira artesanal 2004

anuncio

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 4 de xuño de 2004, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
3.12167.— BASES DE AXUDA Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2004

1.— OBXECTO
Subvención de investimentos realizados para a mellora de embarcacións de ata 7 m. de eslora entre perpendiculares (Epp), dedicadas á pesca artesanal e de baixura, con base nos portos da provincia de Pontevedra.

Neste programa concederánse axudas económicas cun crédito inicial de SESENTA MIL (60.000,00) EUROS, con cargo á partida presupostaria 04/711-711-779.02, quedando facultado o Ilmo. Sr. Presidente ou Órgano competente desta Excma. Deputación para a súa concesión, de acordo cas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños, salvo casos de urxencia nos que poderá concederse dándolle conta despois á Comisión.

2.— TIPOS DE INVESTIMENTOS
que poderán acceder a unha axuda

  1. Poderase subvenciona-los equipamentos que supoñan unhas evidentes melloras tecnolóxicas, así como de seguridade, nas que nunca se incluirán reparacións, nin material usado.
  2. As axudas económicas poderán alcanzar como máximo ata o 40% dos investimentos para os que se solicitan, valorándose en base ós presupostos presentados, aplicando os topes seguintes:
    1. Equipamento:
      — Halador ata 1.000.- euros
      — Sonda ata 600.- euros
      — VHF ata 300.- euros
      — Radar ata 700.- euros
      — GPS ata 500.- euros
    2. Outros equipamentos:
      — Valoraranse as axudas en base ós presupostos presentados.

3.- BENEFICIARIOS

  1. Poderán solicita-las axudas os mariñeiros profesionais e persoas xurídicas, con domicilio social e fiscal na provincia de Pontevedra, que acrediten a titularidade da embarcación para a que se solicita a axuda.
  2. As embarcacións deberán estar inscritas no Censo da Flota Pesqueira Operativa. As embarcacións deberán estar inscritas no Censo da Flota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. As axudas corresponderán a investimentos realizados no presente exercicio económico de 2004, debendo estar xustificadas como data límite o 30 de abril do ano 2005.
  4. O límite máximo dos investimentos sobre os que se aplicarán as axudas será de TRES MIL (3.000,00 )EUROS.
  5. Os beneficiarios de axuda non poderán transferi-la propiedade das embarcacións nun prazo de cinco anos, agás autorización expresa desta Deputación.
  6. Para acceder ás axudas deberán xustificarse unhas vendas mínimas, que se establecen no exercicio do 2003 na cantidade de SEIS MIL (6.000,00) EUROS, mediante certificación expedida por unha vendeduría oficial.

4. - PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de axudas deberán dirixirse ó Ilmo. Sr. Presidente, achegando a documentación seguinte:

  1. Presuposto do investimento.
  2. Copia compulsada do Permiso de Explotación.
  3. Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin.
  4. Fotocopia compulsada do DNI.
  5. Certificación expedida por unha vendeduria legal das vendas realizadas durante o exercicio do 2003.
  6. Declaración de compromiso de non transferi-la propiedade da embarcación, no caso de resultar beneficiario destas axudas.
  7. Fotocopias compulsadas da Folla de Asento e Folla de Características do Rol.
  8. Xustificación suficiente de ser propietario ou armador da embarcación.
  9. Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social, se procede, e perante a AEAT. Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social, se procede, e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas.
  10. Certificación dos datos bancarios.

5.— VALORACIÓN DO PROXECTO

  1. Os proxectos serán valorados polo Órgano competente da Deputación unha vez vistos os informes correspondentes.
  2. Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, éstas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación do investimento, que deberá facerse mediante presentación de facturas orixinaís pagándose ó 40% da inversión xustificada e como máximo a axuda concedida. Nesta mesma factura deberá figura-lo aceptado, conforme e recibido, asinado polo beneficiario coa data do día no que se presente dita xustificación. Os Técnicos do Servicio Agrario, informarán sobre a realidade do investimento.
  3. Estas axudas serán incompatibles con outras que cos mesmos obxectivos estableza a Administración.
  4. Non se poderán conceder estas axudas ós solicitantes que percibiran axudas polo mesmo concepto nos últimos cinco anos.

6.— PRAZO DE PRESENTACIÓN
Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presenta-las solicitudes correspondentes.

7.— RESPONSABILIDADES
O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable, poderá dar lugar a esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

Pontevedra, 8 de xuño de 2004.
O SECRETARIO,
Rogelio Nicieza de la Cerra


modificacións

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 25 de xuño de 2004, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
2.12222.— MODIFICACIÓN DAS BASES DE AXUDA Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2004

Visto o informe da bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños. Visto así mesmo, o informe de D. Andrés Hermida Trastoy, Director Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, acerca das “Bases de Axuda á Pesca Costeira Artesanal 2004”, acórdase por unanimidade modificar as “Bases de Axuda á Pesca Costeira Artesanal 2004”, da seguinte forma:

  • Punto 3.2.—Onde dicía “As embarcacións deberán estar inscritas no Censo da Flota Pesqueira Operativa”, debe dicir “As embarcacións deberán estar inscritas no Censo da Flota Pesqueira Operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia”.
  • Punto 4.1.I).—Onde dicía “Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social, se procede, e perante a AEAT”, debe dicir “Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social, se procede, e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas”.
  • E engadirase o punto 5.4 co seguinte texto “Non se poderán conceder estas axudas ós solicitantes que percibiran axudas polo mesmo concepto nos últimos cinco anos”.

Pontevedra, 1 de xullo de 2004.
O SECRETARIO,
Rogelio Nicieza de la Cerra

Boletín Oficial da Provincia, data 17/06/04, número 115, páxina 10, anuncio 2004005326.
Modificacións BOP, data 09/07/04, número 131, páxina 7, anuncio 2004006091.

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 09/07/2004 08:50
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/