[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
LUNS, 24 DE XUÑO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

deputación de pontevedra

bases de axudas a entidades locais
para material de acceso praias a discapacitados

anuncio

A Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 11 de xuño de 2004, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
17.12198.- BASES DE AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS
PARA MATERIAL DE ACCESO PRAIAS A DISCAPACITADOS

De conformidade coa proposta do Servizo de Acción Social, acórdase por unanimidade aprobar as bases reguladoras de axudas a Entidades Locais para cesión en uso de material específico de praias que figuran en anexo aparte, para o que existe unha consignación de 36.000,00 euros na partida 04/313.323.623.01.

Ditas bases son como seguen:

BASES REGULADORAS DE AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS
PARA A CESIÓN EN USO DE MATERIAL ESPECÍFICO DAS PRAIAS

Esta Deputación coñecedora das dificultades das persoas discapacitadas para o acceso ás praias da nosa costa, e tendo en conta; a Lei Orgánica 1/81 do 6 de abril do Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 4.2 onde se lle atribúen ós poderes públicos de Galicia a promoción das condicións para que a liberdade e a igualdade dos individuos e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivos, removendo os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude; e a Lei Galega 8/97 de 20 de agosto de accesibilidade e supresión de barreiras na CC.AA. de Galicia que ten por obxecto AA promoción de axudas Técnicas para mellorar a calidade de vida das persoas con mobilidade reducida@ e AA desaparición das barreiras ou dos obstáculos físicos ou sensoriais, existentes@, desexa por en marcha un programa para equipamento específico das praias que consistirá na dotación dunha cadeira mariña-anfibia e de muletas anfibias que permitan a mobilidade no baño e o acceso á praia dos usuarios que as precisen.

BASES

1.- ORZAMENTO
A cantidade consignada para este fin na Partida 04/313-323-762.07 do orzamento ordinario da Deputación Provincial do presente ano ascende a 36.000,00 euros.

2.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
O obxecto desta convocatoria é a cesión en uso ós concellos costeiros da Provincia, dunha cadeira mariña-anfibia para facilitar o baño das persoas que están en cadeira de rodas, e/ou de muletas anfibias que permitan a mobilidade no baño e o acceso á praia dos usuarios que as precisen. O custe do material será subvencionado integramente pola Deputación.

Tamén ten por obxecto o estudio da rendibilidade social da cadeira mariña-anfibia e das muletas anfibias, para en anos sucesivos valorar a cesión de dito material ós concellos.

3.- DESTINATARIOS
Os Concellos costeiros da Provincia: Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Illa de Arousa, Marín, Moaña, Nigrán, Oia, Poio, Redondela, O Rosal, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, que carezan dos servizos que se especifican na base anterior.

4.- REQUISITOS
Os Concellos interesados en beneficiarse do uso do material deberán:

  1. Aceptar as Bases da presente convocatoria.
  2. Responsabilizarse do material e do seu mantemento durante o período de cesión.
  3. Ter unha praia que reúna os seguintes requisitos:
    • Ser unha praia totalmente accesible para persoas discapacitadas ou co compromiso municipal de acometer as obras necesarias para selo.
    • Ter servizo de Protección Civil ou algún outro que poida facerse cargo do control e correcto uso do material polos usuarios, e de cubrir o protocolo para valorar o uso e rendibilidade social do material.

Na cesión do material priorizaranse aquelas praias que teñan bandeira azul ou sexan candidatas a obtela.

Tales requisitos deberán certificarse ou xustificarse coa debida documentación.

5.- FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes asinadas polo Alcalde do Concello solicitante, dirixiránselle ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra achegando unha Certificación do Acordo do Pleno, Xunta de Goberno ou Decreto da Alcaldía, no que se faga constar expresamente:

  • Aceptación do material cedido pola Deputación.
  • Compromiso de que o Concello responsabilizarase do mantemento do material durante a cesión.
  • Nome da praia á que se destinará o material.
  • E que a praia reúne os requisitos establecidos na base Cuarta.

A presentación de solicitudes implica a aceptación das Bases da Convocatoria.

6.- PERÍODO DA CESIÓN
A duración da cesión en uso, do material propiedade da Deputación, poderá estenderse ós meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Unha vez finalizado o período de cesión a Deputación recollerá o material.

7.- DO MATERIAL
Ó rematar o período estival o material será recollido pola Deputación. No caso de deterioro por uso indebido o concello farase cargo da reparación do mesmo.

8.- PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a partires do día seguinte ó da súa publicación no BOP.

9.- RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES

  1. A instrucción e o procedemento para a concesión do material realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrucción ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno, previo informe da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller.
  2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses dende a publicación da convocatoria, podendo ampliarse por tres meses máis, se as circunstancias o aconsellan e non se causa prexuízo a terceiros, segundo dispón o artigo 49 da Lei 30/92 de 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Contra a Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse Recurso de Reposición no prazo dun mes perante a Xunta de Goberno, ou Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado correspondente de Pontevedra, segundo dispón os artigos 116 e 117 da Lei 30/92 de 26 de novembro e artigo 46 da Lei 29/98 de 13 de xullo do Contencioso-Administrativo. Transcorrido o prazo citado sen notificarse a resolución da solicitude entenderase desestimada por silencio administrativo.

Pontevedra, 11 de xuño de 2004.
O PRESIDENTE,
Rafael Louzán Abal
O SECRETARIO,
Rogelio Nicieza de la Cerra

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 17/06/2004 18:34
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/