[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
MARTES, 20 DE AGOSTO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Taboleiro de anuncios » Subvencións, axudas, bolsas...
Páxina Principal
Taboleiro de anuncios
Boletín Oficial da Provincia
Emprego Público
Subvencións, axudas, bolsas...
Perfil do contratante
Cursos
Extractos do Pleno
Extractos da
Xunta de Goberno
Decretos Presidenciais
Notas de Prensa
Axenda

Páxina 1 2 [3]
SUBVENCIÓNS, AXUDAS, BOLSAS... 

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA


UNHA BECA DE INVESTIGACIÓN PARA A MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

ADXUDICACIÓN

9.12209.- ADXUDICACIÓN DUNHA BECA DE INVESTIGACIÓN PARA A MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA

De conformidade coa proposta da Comisión seleccionadora dunha beca de investigación para a Misión Biolóxica de Galicia, aprobada por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 16 de abril de 2004, acórdase por unanimidade adxudicar esta beca a Dona Sol Ángel Zamuz Castro, por importe de 841,40 euros/mes, con efectos de 1 de xullo de 2004 e polo período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable da Misión Biolóxica de Galicia e memoria do labor desenvolto polo becario, así como acordo da Xunta de Goberno.

Ditas cantidades imputaranse á partida 04/711.711.481.01 do orzamento provincial.

A aceptación e disfrute desta beca non establece relación laboral nin funcionarial coa Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito becario ó citado organismo.

Pontevedra, 18 de xuño do ano 2004

Páxina 1 2 [3]

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 23/06/2004 12:55
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/