[Deputación Provincial de Pontevedra / Diputación Provincial de Pontevedra]
XOVES, 19 DE SETEMBRO DE 2019
   Está en » depontevedra.es » Deputación de Pontevedra » Servizos » Cidade Infantil Príncipe Felipe
Páxina Principal
Servizos
Cidade Infantil
Príncipe Felipe
Historia
Notas de identidade
Requisitos de acollemento residencial
Instalacións
Centro de Primeira Acollida
Centro infantil (maternais)
Centro Agarimo
Centro infanto-xuvenil
'Escola-Fogar'
Residencia Xuvenil
Centro de día
Escola infantil
Obxectivos e fins
Actividades
Campamento da Lanzada
Historia
Localización
Instalacións
Solicitudes
Taxas
Taxas

Páxina 1 [2] 3
CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE 

Centro de Primeira Acollida. Funcións

A súa finalidade básica e fundamental, recurso de recepción en situacións de urxencia e en calquera parte de Galicia.

Recibir os menores durante as 24 horas do día, podendo atender todos os aspectos necesarios para a súa protección, nun primeiro momento. Isto, sen previo aviso e sen necesidades burocráticas á hora do ingreso.

A estanza, limitada no tempo, non ha de ser superior a 20 días. Habitualmente darase cobertura a esa situación crítica que pasan, tanto o menor coma a familia, cando teñen que estar separados, á vez que se decide o seu futuro inmediato.

Observación, diagnóstico e elaboración de propostas do plan de actuación alternativas. Realizaranse o correspondente estudo, valoración e prognóstico da súa situación socio-familiar e persoal, así como as intervencións necesarias para propoñermos a alternativa máis adecuada e persoal: reinserción familiar, acollemento coa familia extensa ou substituta, ingreso nun centro residencial ou unidade familiar, ou repartición se se determina que non era un menor.

Ó tratarse dun servizo conxuntural e temporal está articulado cos diferentes centros sociais de asistencia primaria e cos equipos e servizos especializados de infancia e adolescencia, que colaboran na recollida de toda a información que este equipo necesite para o coñecemento da realidade socio-familiar do menor, obxecto e suxeito de protección.

Páxina Seguinte Páxina 1 [2] 3

INICIO | VOLVER ARRIBA Última modificación 22/10/2004 06:18
Copyright © 2002-2019, Deputación de Pontevedra | Aviso Legal | Protección de datos | Política de cookies
Pazo Deputación Provincial. Avda. Montero Ríos, s/n. - 36071 Pontevedra ES
Teléfono: +34 986 804100 - Fax: +34 986 804124
http://www.depo.gal/